Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

domingo, 27 de enero de 2019

Actualidade da SCD Malpica, resutados da "costa":


   Nun decepcionante partido, e, tras adiantarse no marcador, á SCD Malpica, déixase remontar por un moi peleón clube de fútbol Lira, nos últimos 20 minutos. (3-2).
   Os malpicáns atravesan por un delicado momento de resultados, que, ao non ser por que os seus rivais de abaixo da táboa tamén fallan, aínda permanecen sete puntos por enriba do descenso, pero a situación preocupa.

   Pola SCD Malpica xogaron: Eusebio; Mante, Belar, (Roberto, 85) Dimitri, Capelán, (Marcos, 63), Jorge, Migueliño, Laik, (Andy, 60), Jairo, Gonzalo, Aitor.

   Goleadores: 0-1, m. 8: Jairo. 1-1, m.56: Cristian Formoso. 2-1, m. 73: Cristian Caamaño. 3-1, m. 76: Cristian Caamaño. 3-2, m. 90: Marcos.

   Pola súa banda, á Asociación de Veteranos da SCD Malpica, logrou seguir coa súa boa racha de resultados, vencendo con autoridade ao clube de Veteranos Leiloio, no campo da "Feira Nova". (1-3), mantendo deste xeito un meritorio 4º posto na táboa,  

   Goleadores: 0-1, m. 25: Palermo. 0-2, m. 60: Palermo. 1-2, m. 84: Marcos Aurelio. 1-3, m. 90: Arcay.
 


AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!
   

sábado, 26 de enero de 2019

Previa da xornada da "Liga Costa" Afeccionados e Veteranos Malpica:


    Trala imprevista derrota na "Pedra Queimada" na xornada pasada; correspóndelle desprazarse á SCD Malpica, nesta, a Lira, a enfrontarse ao CF Lira, equipo que disputa os seus partidos no campo de "Lombáns" (Carnota).
  O Clube de Fútbol Lira, debutou na "liga da costa" na tempada 1979/80, figurando nela, coa actual, 40 tempadas, repartidas nas seguintes categorías: 8 na Primeira, 23 na Segunda e 9 na Terceira. Durante estes perídos, acadou 2 títulos da "liga da costa" (2ª Rexional, T. 1980/81, 1994/95)e 1 da "copa da costa" (1ª Rexional, 1995/96).
  Despois de recuperar a 2ª Autonómica,(2017/18) tras 7 tempadas na 3ª,esta tempada non esta a facer unha boa campaña, pois na actualidade marcha de penúltimo na táboa con: 13 puntos. Gañou 3 partidos, empatou 4 e perdeu 10, leva marcados 24 goles e encaixado 51.
  Ante estes irregulares resultados, os homes de Adrián Bardanca (Gurita), viaxan con certo optimismo para traer de volta os tres puntos para Malpica. Para este choque os malpicáns teñen as baixas de D. Casal e Juan Fuentes, por sanción.
  
  Os veteranos da A.V da SCD Malpica, viaxan a Leiloio a pelexar cos Veteranos de Leiloio no campo da "Feira Nova", o cal tras a boa racha que están atravesando, esperan traer un resultado postivo. 
       

2ª Galicia Grupo II – (Liga da Costa) 2ª volta – Xornada 18ª:

Campo            :         “Lombáns”    (Carnota, 98 x 57,70, herba artificial)                   
Equipos           :          LIRA CF     SCD MALPICA  
Data e hora     :           Domingo: 27-01-19, 16:30 horas.-  
Árbitro             :         Sr. Adrián Pérez Rellán, (1ª Galicia, Colexio A Coruña)

1ª Galicia de Fútbol Veterano “Costa da Morte” 2ª volta – Xornada 17ª:

Campo            :           “A Feira Nova” (Leiloio . Malpica, 90 x 45 herba natural)
Equipos          :           CLUBE VETERANOS LEILOIO    A.V. SCD MALPICA 
Datas e hora   :          Domingo: 27-01-19, 11:00 horas.-
Árbitro            :          Sr. Iván Ferreiro Santos, (3ª Galicia, Colexio da Costa da Morte)

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!


   

domingo, 20 de enero de 2019

Resultados e clasificacións, "Liga da Costa" e Veteranos Costa:


   Un gol en propia porta de Capelán aos cinco minutos do inicio, da unha inxusta vitoria á unha correosa e pegaxosa UD Cerqueda na "Pedra Queimada".
   Nun partido da escasas ocasións de gol, na que as dúas únicas e mais claras, tiveron nas botas dos futbolistas locais Jairo e Mante, extraordinariamente salvadas in extremis polo garda redes Diego Dourado, o conxunto da UD Cerqueda alzouse coa vitoria, agobiando, iso sí, cunha presión inaudita, na que non lle daban respiro aos futbolistas da SCD Malpica.
   Goles:  0-1, m. 5: Capelán en p. p. ao intentar rexeitar un centro de Cristian Méndez.

   SCD Malpica: Ángel; Mante, Andy, Capelán, J. Fuentes, Migueliño, (Dimitri, 79), Jairo, Aitor, (Marcos, 86), Brais Lado, Gonzalo, D. Casal.
  Excelente vitoria da Asociación de Veteranos da SCD Malpica ante un sempre perigoso equipo dos Veteranos do Fisterra, foi unha mágoa o tropezo ante o Mazaricos na xornada pasada, pero o erro dun penalti nos últimos intres, interrumpiu a racha dos malpicáns; a cal comeza de novo na xornada de hoxe.

Goleadores: 1-0, m. 10: Negro. 1-1, m. 15: Isma Romero. 2-1, m. 16: Palermo. 3-1, m. 39: Palermo de penalti. 4-1, m. 51: Palermo. 4-2, m. 66: Isma Romero.

O dianteiro Palermo, xa leva conseguido 22 goles no campionato.









 

















AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

jueves, 17 de enero de 2019

Partidos da SCD Malpica para esta semana:


   Partido de intensa rivalidade este vindeiro domingo 20-01-19 na "Pedra Queimada", coa visita ao campo malpicán da UD Cerqueda.
   Á U.D. Cerqueda, fundouse na tempada 1980/81, disputando de primeiro os seus partidos da competición da "costa" no campo "Os Petóns", campo moi recordado polas súas irregulares características (algo costento) e de reducidas dimensións: 94 x 45,90 m.
   Dende a tempada da súa fundación (1980/81) ata á 1985/86, na que causou baixa temporal, participou 5 tempadas na 2ª Rexional e 1 na 3ª Rexional, destacando na T 84/85, por acceder ás semifinais da "copa da costa".
   Antes de reiniciar a súa andadura de novo pola "liga da costa": T. 2005/06, participou só con equipo de xuvenís, nas tempadas 1991/92 á 1993/94 e do 2002/03 á 2008/09.
   En total á UD Cerqueda, leva competindo en afeccionados un total de 20 tempadas na "costa", (incluída a actual)  das cales, 9 son na 2ª categoría e 11 na 3ª, conseguindo o título da campión de liga nesta última categoría na tempada 2014/15.
   Na actualidade figura no posto 7º da táboa da 2ª Galicia, con 22 puntos de seis partidos gañados, catro empatados e seis perdidos, marcou 23 goles e encaixou 20.

   Ambos adestradores, Gurita e Periscal, así como ambas plantillas, esperan un partido moi competido, dada á igualdade da clasificación entre eles, só separados por un punto.

   Á Asociación de Veteranos da SCD Malpica, tralo tropezo da semana pasada en Mazaricos, espera retornar a senda da vitoria e, aínda que se enfronta a un rival serio, á SD Fisterra de Veteranos, espera saír airoso do envite.

Horarios, campos e árbitros da xornada


2ª Galicia Grupo II – (Liga da Costa) 2ª volta – Xornada 17ª:

Campo             :           “Pedra Queimada”    (Malpica, 100 x 60, herba artificial)            
Equipos           :           SCD MALPICA    U.D CERQUEDA
Data e hora     :           Domingo: 20-01-19, 16:00 horas.-  
Árbitro             :          Sr. David Castreje Ferrío, (1ª Galicia, Colexio A Coruña)

1ª Galicia de Fútbol Veterano “Costa da Morte” 2ª volta – Xornada 16ª:

Campo             :           “Pedra Queimada”        (Malpica, 100 x 60 herba artificial)
Equipos           :           A.V. SCD MALPICA     S.D. FISTERRA DE VETERANOS 
Datas e hora    :           Domingo: 20-01-19, 10:30 horas.-
Árbitro             :           Sr. Carlos Señarís Balsas, (2ª Galicia, Colexio da Costa da Morte)

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!




domingo, 13 de enero de 2019

Resultados e clasificacións da "Costa" e Veteranos:


   Mínimo pero suficente triunfo da SCD Malpica no dificil campo "Eleuteiro Balayo" ante un CD Muros, rival correoso que vendeu cara a súa derrota a base de fútbol directo, ante o reposado e combinativo xogo dos futbolistas malpicáns.
  Con esta vitoria, (e xa van catro consecutivas sen perder) os malpicáns escapan momentaneamente dos postos baixos da táboa e acomódanse nunha excelente 8ª posición.
   Pola SCD Malpica formaron: Ángel Lamas; Mane, Andy, (Belar, 85), Dimitri, (Jorge, 58), Juan Fuentes, Capelán, Aitor, Roberto, (Migueliño, 55), Dani Casal, Gonzalo, Marcos, 82), Jairo. 
   Gol: 1.0, m. 50: Dani Casal, de espléndida falta directa á escuadra. 
   Á Asociación de Veteranos da SCD Malpica, a punto de dar a campanada ante o "lider" Mazaricos CF.
   Os malpicáns, que erraron un penalti nos últimos intres do partido, tras unha excelente intervención do porteiro local a tiro de Palermo, fixeron sufrir ao "lider" até o último momento. (4-3).

   Goleadores: 1-0, m. 22: José M. Alvite. 1-1, m. 24: Palermo. 2-1, m. 36: Ramón F. 3-1, m. 62: Lavandeira. 4-1, m. 77: Ramón F. 4-2, m. 79: Negro. 4-3, m. 80: Palermo.

  Resultados e clasificacións:

Os futbolistas da SCD Malpica, dedicaron a vitoria ao seu compañeiro BRAIS LADO, polo pasamento da súa nai no día de onte, e que non se puido desprazar a Muros polo lutuoso trance.
TODA FAMILIA DA SCD MALPICA, ACOMPAÑA NO SENTIMENTO AO GOLEADOR MALPICÁN.














 AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

sábado, 12 de enero de 2019

Partidos da SCD Malpica, para o fin de semana:


   Logo da parada do Nadal, regresa á competición da "Liga da Costa" (2ª Galicia) e 1ª Galicia de Veteranos, comezando en ambas as dúas a Segunda volta do campionato.
 A SCD Malpica, coas novas fichaxes de Jairo e Capelán, desprázase neste primeiro envite da 2ª volta a Muros, para enfrontarse ao C.D. Muros, conxunto que trocou o seu nome para volver a competir,despois da BAIXA, acontecida na Tempada 2013/14, co nome de Muros SD.
  Os malpicáns coas súas novas incorporacións, viaxan coa esperanza de regresar cos tres puntos, para comezar a segunda volta intentando mirar para o alto da táboa.
   
  Como Muros SD, este clube fou fundado na Tempada 1979/80 causando Baixa temporal na Tempada 2002/03. 
  Volveu a causar Alta na 2006/07 até á 2013/14.
  Con este nome, participou na "liga da costa" en 32 Tempadas, co seguinte desglose: 10 en Primeira, 16 en Segunda e 6 en Terceira.
  Temén participou con este nome (Muros SD "B", durante 8 Tempadas, 4 en Segunda e 4 en Terceira: dende 1981/82 ao 1985/86 e da 2008/09 á 2010/11.
  Finalmente, e, como CD Muros, causou alta na Tempada 2017/18, na Terceira Galicia, ascendendo a Segunda coma Subcampión de Liga e figurando actualmente, logo do ascenso, na Segunda...
  Como resumo destacar que, competiu 34 Tempadas e 8 como Muros "B",
tal como mais enriba se indica.
  Ao remate da Primeira Volta e tras 15 partidos, o CD Muros, figura no 13º posto con 14 puntos, con 3 partidos gañados, 5 empatados e 7 perdidos, marcou 22 goles, encaixando 32.

  Polo que atañe aos Veteranos da A.V. SCD Malpica, tras unha extraordinaria reacción de catro partidos consecutivos sen perder, achegáronse por méritos propios ao 4º posto da táboa e, nesta difícil saída a Mazaricos van coa ilusión de volver cos tres puntos.
  
 Horarios, campos e árbitros da xornada para os malpicáns:


2ª Galicia Grupo II – (Liga da Costa) 2ª volta – Xornada 16ª:

Campo            :           “Eleuterio Balayo”    (Muros, 94 x 53 herba artificial)                
Equipos           :           CD MUROS   SCD MALPICA   
Data e hora     :           Domingo: 13-01-19, 16:00 horas.-  
Árbitro             :          Sr. Marcos Martínez Lareo, (Colexio Santiago)

1ª Galicia de Fútbol Veterano “Costa da Morte” 2ª volta – Xornada 15ª:

Campo            :           “A Picota”         (Mazaricos, 90 x 50,50 herba artificial)
Equipos           :           MAZARICOS CF    A.V. SCD MALPICA 
Datas e hora    :           Domingo: 13-01-19, 11:00 horas.-
Árbitro            :           Sr. Pablo Rama Cotelo, (Preferente Galicia, Colexio A Coruña)

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!