Nun decepcionante partido, e, tras adiantarse no marcador, á SCD Malpica, déixase remontar por un moi peleón clube de fútbol Lira, nos últimos 20 minutos. (3-2).
Os malpicáns atravesan por un delicado momento de resultados, que, ao non ser por que os seus rivais de abaixo da táboa tamén fallan, aínda permanecen sete puntos por enriba do descenso, pero a situación preocupa.
Pola SCD Malpica xogaron: Eusebio; Mante, Belar, (Roberto, 85) Dimitri, Capelán, (Marcos, 63), Jorge, Migueliño, Laik, (Andy, 60), Jairo, Gonzalo, Aitor.
Goleadores: 0-1, m. 8: Jairo. 1-1, m.56: Cristian Formoso. 2-1, m. 73: Cristian Caamaño. 3-1, m. 76: Cristian Caamaño. 3-2, m. 90: Marcos.
Pola súa banda, á Asociación de Veteranos da SCD Malpica, logrou seguir coa súa boa racha de resultados, vencendo con autoridade ao clube de Veteranos Leiloio, no campo da "Feira Nova". (1-3), mantendo deste xeito un meritorio 4º posto na táboa,
Goleadores: 0-1, m. 25: Palermo. 0-2, m. 60: Palermo. 1-2, m. 84: Marcos Aurelio. 1-3, m. 90: Arcay.
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!