Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

sábado, 12 de enero de 2019

Partidos da SCD Malpica, para o fin de semana:


   Logo da parada do Nadal, regresa á competición da "Liga da Costa" (2ª Galicia) e 1ª Galicia de Veteranos, comezando en ambas as dúas a Segunda volta do campionato.
 A SCD Malpica, coas novas fichaxes de Jairo e Capelán, desprázase neste primeiro envite da 2ª volta a Muros, para enfrontarse ao C.D. Muros, conxunto que trocou o seu nome para volver a competir,despois da BAIXA, acontecida na Tempada 2013/14, co nome de Muros SD.
  Os malpicáns coas súas novas incorporacións, viaxan coa esperanza de regresar cos tres puntos, para comezar a segunda volta intentando mirar para o alto da táboa.
   
  Como Muros SD, este clube fou fundado na Tempada 1979/80 causando Baixa temporal na Tempada 2002/03. 
  Volveu a causar Alta na 2006/07 até á 2013/14.
  Con este nome, participou na "liga da costa" en 32 Tempadas, co seguinte desglose: 10 en Primeira, 16 en Segunda e 6 en Terceira.
  Temén participou con este nome (Muros SD "B", durante 8 Tempadas, 4 en Segunda e 4 en Terceira: dende 1981/82 ao 1985/86 e da 2008/09 á 2010/11.
  Finalmente, e, como CD Muros, causou alta na Tempada 2017/18, na Terceira Galicia, ascendendo a Segunda coma Subcampión de Liga e figurando actualmente, logo do ascenso, na Segunda...
  Como resumo destacar que, competiu 34 Tempadas e 8 como Muros "B",
tal como mais enriba se indica.
  Ao remate da Primeira Volta e tras 15 partidos, o CD Muros, figura no 13º posto con 14 puntos, con 3 partidos gañados, 5 empatados e 7 perdidos, marcou 22 goles, encaixando 32.

  Polo que atañe aos Veteranos da A.V. SCD Malpica, tras unha extraordinaria reacción de catro partidos consecutivos sen perder, achegáronse por méritos propios ao 4º posto da táboa e, nesta difícil saída a Mazaricos van coa ilusión de volver cos tres puntos.
  
 Horarios, campos e árbitros da xornada para os malpicáns:


2ª Galicia Grupo II – (Liga da Costa) 2ª volta – Xornada 16ª:

Campo            :           “Eleuterio Balayo”    (Muros, 94 x 53 herba artificial)                
Equipos           :           CD MUROS   SCD MALPICA   
Data e hora     :           Domingo: 13-01-19, 16:00 horas.-  
Árbitro             :          Sr. Marcos Martínez Lareo, (Colexio Santiago)

1ª Galicia de Fútbol Veterano “Costa da Morte” 2ª volta – Xornada 15ª:

Campo            :           “A Picota”         (Mazaricos, 90 x 50,50 herba artificial)
Equipos           :           MAZARICOS CF    A.V. SCD MALPICA 
Datas e hora    :           Domingo: 13-01-19, 11:00 horas.-
Árbitro            :           Sr. Pablo Rama Cotelo, (Preferente Galicia, Colexio A Coruña)

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!