Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

jueves, 17 de enero de 2019

Partidos da SCD Malpica para esta semana:


   Partido de intensa rivalidade este vindeiro domingo 20-01-19 na "Pedra Queimada", coa visita ao campo malpicán da UD Cerqueda.
   Á U.D. Cerqueda, fundouse na tempada 1980/81, disputando de primeiro os seus partidos da competición da "costa" no campo "Os Petóns", campo moi recordado polas súas irregulares características (algo costento) e de reducidas dimensións: 94 x 45,90 m.
   Dende a tempada da súa fundación (1980/81) ata á 1985/86, na que causou baixa temporal, participou 5 tempadas na 2ª Rexional e 1 na 3ª Rexional, destacando na T 84/85, por acceder ás semifinais da "copa da costa".
   Antes de reiniciar a súa andadura de novo pola "liga da costa": T. 2005/06, participou só con equipo de xuvenís, nas tempadas 1991/92 á 1993/94 e do 2002/03 á 2008/09.
   En total á UD Cerqueda, leva competindo en afeccionados un total de 20 tempadas na "costa", (incluída a actual)  das cales, 9 son na 2ª categoría e 11 na 3ª, conseguindo o título da campión de liga nesta última categoría na tempada 2014/15.
   Na actualidade figura no posto 7º da táboa da 2ª Galicia, con 22 puntos de seis partidos gañados, catro empatados e seis perdidos, marcou 23 goles e encaixou 20.

   Ambos adestradores, Gurita e Periscal, así como ambas plantillas, esperan un partido moi competido, dada á igualdade da clasificación entre eles, só separados por un punto.

   Á Asociación de Veteranos da SCD Malpica, tralo tropezo da semana pasada en Mazaricos, espera retornar a senda da vitoria e, aínda que se enfronta a un rival serio, á SD Fisterra de Veteranos, espera saír airoso do envite.

Horarios, campos e árbitros da xornada


2ª Galicia Grupo II – (Liga da Costa) 2ª volta – Xornada 17ª:

Campo             :           “Pedra Queimada”    (Malpica, 100 x 60, herba artificial)            
Equipos           :           SCD MALPICA    U.D CERQUEDA
Data e hora     :           Domingo: 20-01-19, 16:00 horas.-  
Árbitro             :          Sr. David Castreje Ferrío, (1ª Galicia, Colexio A Coruña)

1ª Galicia de Fútbol Veterano “Costa da Morte” 2ª volta – Xornada 16ª:

Campo             :           “Pedra Queimada”        (Malpica, 100 x 60 herba artificial)
Equipos           :           A.V. SCD MALPICA     S.D. FISTERRA DE VETERANOS 
Datas e hora    :           Domingo: 20-01-19, 10:30 horas.-
Árbitro             :           Sr. Carlos Señarís Balsas, (2ª Galicia, Colexio da Costa da Morte)

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!