Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

domingo, 29 de septiembre de 2019

Resultados e clasificacións xuvenís, vete e afeccionados:

   Traballada e sufrida vitoria da SCD Malpica no "Platas Reinoso" de Baio (por obras no pinguel), ante un Ponteceso SD, que saía ao campo de "lider", e, a fe, que o demostrou , sobre todo na segunda parte, pechando á SCD Malpica na súa área, para este, manter a vantaxe da primeira parte coa que se retirou ao tempo de lecer. (0-2).
   Os malpicáns que acabaron os 96 min. que durou o partido con nove futbolistas, por expulsións de Michi e Migueliño, tremaron dos, até ese momento "líderes" cunha ordenada defensa e un porteiro que fixo o partido da súa vida (Ángel Lamas), verdadeiro heróe do encontro.
   Aliñación da SCD Malpica:  
   Ángel, J. Fuentes, Kevin, (Belar, m. 46), Juan Abelenda,(Laik,m. 46), Cristian Villar; Migueliño, Andy, Alberto H.(Costi, m. 75), Michi, Aitor, Pace, (Brais Ceán, m. 89).
   Goleadores: 
   0-1, m. 22: a mellor xogada do partido, pase de Michi sobre Alberto H., centro raso dende a banda e remate de Andy a rede. 0-2, m. 30: saque de falta de Aitor, pegado ao banderín e testarazo impecable de Michi. 1-2, m. 69: saque de falta suave de Martín Puente, que ninguén acerta a rematar nin despejar a entra na portería de Ángel.
  Ambiente: Preto de 125 seareiros nas bancadas.




 
   Segunda xornada da 1ª Galicia xuvenil, e, primeira vitoria dos xuvenis da SCD Malpica, fronte a un combativo Sp.Zas.
  Os rapaces adestrados por Adrián Martínez (Gurita)impuxeron a súa maior envergadura e a veces vo xogo,sobre todo na segunda parte, na que foron superiores.
  Asistencia: Uns 6o seareiros nas bancadas.
  Á SCD Malpica formou así: 
  Iker; David Abelenda, Villa, Juan Abelenda,Souto, Orgueira, Cristian Varela, Renzo, Álex, (Iván Vidal,m.89), Costi, Nichi, (Martín Villar,m.72).
  Goleadores: 1-0, m. 56, trallazo de Costi de falta dende 40 m. 2-0,m.74: Costi. 2-1,m.80: Brais Espasandín.
  
Rexurden os veteranos da SCD Malpica, goleando sen piedade aos veteranos da ASD. San Ramón (4-1), na terceira xornada de liga.
Coas incorporacións de Richard e Nacho, os malpicáns volveron a senda da vitoria.
Aliñación:  Suso; Chaves, Luís Naya, Suso Zas, Leo; Pedro, Carlos, Nacho, Palermo, Richard, Arcay.
Tamén xogaron: Alb. Carballo, Nando Couto, Abel e Douri.
Goleadores: 1-0, m. 3: Palermo. 2-0, m. 23: Richard. 2-1, m. 49: Rubén Rguez.. 3-1, m. 51: Nacho. 4-1, m. 90: Palermo.

RESULTADOS E CLASIFICACIÓNS DA XORNADA:





 AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

viernes, 27 de septiembre de 2019

Axenda de partidos da SCD Malpica para esta fin de semana:


   Trala derrota na "Pedra Queimada" ante o UC Cee o pasado domingo, que deixou algo tocado aos afeccionados, plantel e adestrador malpicáns, asi como aos membros da xunta directiva, retómase a competición, cun desprazamento a Baio, lugar onde o Ponteceso SD, elixiu, mentres dúren ás obras no seu estadio.
  O partido fronte ao equipo pontecesán, actual "lider"con nove puntos, (3 de 3) presentase moi difícil para o conxunto de Adrián Martínez (Gurita) adestrador, que coñece ás debilidades do rival, xa que foi durante un par de tempadas técnico ao servicio daquela entidade.
   Así as cousas, técnico e futbolistas malpicáns, acudirán a cita moi ilusionados para tratar de aguarlle a festa ao "lider" e regresar cos tres puntos no casilleiro.
   
   A cita para os xuvenís, volve a ser na "Pedra Queimada", aínda que desta vez como conxunto local (o pasado sábado foi coma visitante ante o Sp. Seaia), o rival será o SP. Zas, os rapaces, que tamén adestra Adrián Martínez (Gurita), queren conseguir a súa primeira vitoria.

   Pola súa banda á SCD Malpica de Veteranos, recibe á ACD S. Ramón, co fin de, tras dúas xornadas sen puntuar, conseguir o primeiro triunfo, tras os dous novos  reforzos fichados esta semana de Richard e Nacho (que volven logo de dúas tempadas.
    Partidos, campos, horarios, árbitros da xornada:

2ª Galicia - Grupo II – (Liga da Costa) 1ª volta – Xornada 4ª :

Campo            :           “Platas Reinoso”         (Baio, 103 x 65, herba artificial)                   
Equipos           :           PONTECESO SD      SCD MALPICA  
Data e hora     :           Domingo: 29-09-19, 18,00 horas   
Árbitro             :          Sr. Iván Ferreiro Santos, (2ª Galicia, Colexio C. da Morte)
                                   - - - - - - - - - - - - - -
1ª Autonómica Xuvenil – Grupo 2º -Costa- – 1ª volta – Xornada 2ª:
Campo            :           “Pedra Queimada”        (Malpica, 100 x 60, herba artificial)      
Equipos           :           SCD MALPICA  - SP. ZAS
Data e hora     :           Sábado: 28-09-19,  17:00 horas         
Árbitro            :           Sr. Daniel Martínez Ferreiro.- (2ª Galicia, Colexio C. da Morte).
                                    - - - - - - - - - - - - - -

1ª Galicia de Fútbol Veterano “Costa da Morte” 1ª volta – Xornada 3ª :

Campo            :           “Pedra Queimada”        (Malpica, 100 x 60, herba artificial)
Equipos           :           VETERANOS SCD MALPICA   ACD S. RAMÓN VETERANOS
Datas e hora    :           Domingo: 29-09-19, 10:30 horas.-
Árbitro            :           Sr. Iván Ferreiro Santos, (2ª Galicia, Colexio da C. Morte))
                                       - - - - - - - - - - - - - -

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

sábado, 21 de septiembre de 2019

Resultados e clasificacións xuvenís, veteranos e Liga CostaT-19-20:

 
   Mal comezo dos xuvenís da SCD Malpica, que, tras catro anos sen competir, saltaron ao campo da "Pedra Queimada" moi pouco conxuntados, pois a selección de futbolistas levouse a cabo moi precipitadamente e casi non dou tempo a facer adestramentos.
   Pola súa banda o rival, o SP. Seaia, presentouse practicamente cun equipo que veñen traballando dende hai tres tempadas, dende infantís, e xa se coñecen e xogan case de memoria, o resultado xa o di todo 7-1.

   Formación da SCD Malpica: Iker; Nichi,(Villar, m. 56), Villa, Juan Abelenda, (Iván Vidal, m. 67), Souto, Renzo, Cristian Varela, Ramos, Costi, David Abelenda, Álex.

    Goleadores: 1-0, m. 3: Luís. 2-0, m. 22: Luís. 3-0, m. 33: Raúl. 4-0, m. 39: Cristian. 5-0, m. 42: Cristian. 6-0, m. 47: Luís (p). 6-1, m. 76: Álex. 7-1, m. 82: Luís.


    Ambiente: Preto de 200 seareiros na "Pedra Queimada".

  Os Veteranos da SCD Malpica, caeron derrotados pola mínima ante o D. Carballo, pero xa mello0raron moito respeto a súa primeira actuación a semana anterior:
Aliñación: Suso; Chaves, Pedro, Luís Naya, Alb. Seaia, Arcay, Alb. Barizo, Palermo, Leo, Javi, Suso ,Zas.
Tamén xogaron: Abel, Carlos, Washi, Nando Couto e Douri.
 Gol: 1-0, m. 22: Jesús García.
LIGA DA COSTA:
 Sorprendente derrota da SCD Malpica ante o UC Cee, na "Pedra Queimada" logo de tirar pola borda unha vantaxe de dous goles (3-1) coa que se chegou ao tempo de "lecer".
  Na segunda parte os ceenses aproveitáronse da descomposición do equipo malpicán ocasionada polos trocos, desaxustes tácticos e sobre todo da relaxación dos seus futbolistas, que viron, como un UC Cee en exporádicos contraataques, marchaba cos tres puntos, ante o estupor dos seguidores locais, "ver para crer".

   Resultado: SCD Malpica 3 - 4  UC Cee.
 
Aliñación da SCD Malpica: Damián; J. Fuentes, Belar, (Laik, 70), J. Abelenda, Cristian V., Migueliño, Kevin, (Andy, 55), Alberto H., (Brais Ceán, 53), Michi Castro, Aitor, Pache, (David A., 55).

   Goleadores: 0-1, m. 14: J. Fuentes, p.p. 1-1, m. 30: Aitor. 2-1, m. 35: Aitor. 3-1, m. 39: J. Fuentes. 3-2, m. 53: Adrián. 3-3, m. 76: Ezequiel. 3-4, m. 86: Rubén.

   Ambiente: Uns 125 seareiros nas bancadas. 






AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA! 

viernes, 20 de septiembre de 2019

Partidos da SCD Malpica, para o fin de semana:


         Terceira xornada de competición da "liga da costa" da T. 2019/2020,e, segunda para á SCD Malpica, ao aprazarse o seu partido fronte ao Muxía CF da xornada anterior.
   Visita a "Pedra Queimada" un historico, o U.C. Cee, aínda que ultimamente esté atravesando un mal momento de resultados, pero que, pola súa experiencia deportiva sempre soe ser un rival moi complicado.
    Ben deberán andar co máximo cuidado os futbolistas malpicáns de Adrián Bardanca (Gurita), e non confiarse en demasía dos ceenses, para poder conseguir a segunda vitoria da tempada e con elo aspirar a meterse nos postos altos da táboa.
   Pola súa banda, e, como novidade importante para as cores da SCD Malpica, que ademais levará a ledicia aos seguidores malpicáns, será o retorno, despois de catro tempadas,do equipo xuvenil que se enfrontará o sábado tamén na "Pedra Queimada" ao tamén novel equipo xuvenil do Sp.,Seaia, que participa igualmente por primeira vez no campionato.
    Por último, os veteranos da SCD Malpica, con algúnha nova fichaxe, tral debacle da 1ª xornada (0-7), visitan en Sofán, ao D. Carballo, co ánimo de desquitarse do nefasto resultado da 1ª xornada.
   Así as cousas, estes serán os horarios, campos e árbitros dos partidos do vindeiro sábado e domingo dos equipos malpicáns:

2ª Galicia - Grupo II – (Liga da Costa) 1ª volta – Xornada 3ª :

Campo            :           “Pedra Queimada”         (Malpica, 100 x 60, herba artificial)                 
Equipos           :           SCD MALPICA    UC CEE
Data e hora     :           Domingo: 22-09-19, 18,00 horas   
Árbitro             :          Sr. David Cancela García, (2ª Galicia, Colexio C. da Morte)
                                   - - - - - - - - - - - - - -
1ª Autonómica Xuvenil – Grupo 2º -Costa- – 1ª volta – Xornada 1ª:
Campo            :           “Pedra Queimada”        (Malpica, 100 x 60, herba artificial)      
Equipos           :           SP. SEAIA - SCD MALPICA  
Data e hora     :           Sábado: 21-09-19,  17:00 horas         
Árbitro            :           Sr. Manuel Espasandín Romar.- (2ª Galicia, Colexio C. da Morte).
                                    - - - - - - - - - - - - - -

1ª Galicia de Fútbol Veterano “Costa da Morte” 1ª volta – Xornada 2ª :

Campo            :           “O Carral”                    (Sofán, 94 x 55, herba artificial)
Equipos           :           D. CARBALLO    VETERANOS SCD MALPICA   
Datas e hora    :           Domingo: 22-09-19, 10:30 horas.-
Árbitro            :           Sr. Carlos Señarís Balsas, (2ª Galicia, Colexio da C. Morte))
                                       - - - - - - - - - - - - - -

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!


 
   
   

domingo, 15 de septiembre de 2019

Liga da Costa-Resultados e clasificacións-2ª xornada:



   Segunda xornada da "Liga da Costa", cun partido aprazado pola festa da "Barca de Muxía" que mais abaixo se reflexa, nela, detéctase que "TRES" equipos se manteñen imbatidos, tanto o Ponteceso SD e Corme CF, ao menos pola faceta goleadora destacan sobre o terceiro imbatido á SD S. Lourenzo, o cal tamén, aínda con menos goles, fixo pleno nos dous partidos. Os demais de momento, van un pouco mais nivelados.
   
   Polo que respecta aos Veteranos da SCD Malpica, mal debut para eles na presente tempada, pois ante un novel equipo fisterrán, sucumbiron na "Pedra Queimada" cunha tremenda goleada.

   
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

viernes, 13 de septiembre de 2019

SCD Malpica, Xuvenís Amigable:


   Na tarde noite de hoxe, retornou o equipo xuvenil ao campo da "Pedra Queimada", despois de catro tempadas sen competir.
   E fixo o seu retorno, enfrontándose, nun amigable de preparación para o vindeiro comezo da liga da presente tempada, á SDC Sofán.
   Resultado:  SCD Malpica 1 - 3  SDC Sofán.
   O marcador foi así: 0-1, m. 17. 0-2,  m. 28. 0-3, m. 35. 1-3, m. 56.O gol malpicán foi obra de Álex Orgueiro.
   Os tempos foron de 30 minutos cada un, por mor do forte vento do nordeste que impedía o control do "coiro".
   A pesar da derrota, o técnico malpicán Adrián Bardanca "Gurita", non quedou insatisfeito de como xogaron os seus pupilos, ao tratarse do primeiro partido que disputan e loxicamente, falta conxunción. 
   Asistiron uns 80 seareiros.

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

jueves, 12 de septiembre de 2019

Amigable da SCD Malpica de xuvenís:


   Tras catro tempadas sen participar nas categorías de xuvenís,volve a competición en dita categoria á SCD Malpica e vaino facer na tempada 2019/2020, tempada que comeza o vindeiro 21-09-19, antes, é como preparación, ten programados algúns partidos de adestramento, vaixo a dirección técnica do "míster"Adrián Bardanca (Gurita), que levará tamén aos afeccionados.
  O primeiro partido de preparación será d.m. este venres día 13-09-19 ás 20,00 horas no campo de "Pedra Queimada" ante á SDC Sofán.
  A directiva convida a todos os socios e seguidores do clube, a que acúdan ao campo a disfrutar deste equipo xuvenil que, despois de catro tempadas retorna a competición.

  Na segunda xornada da "Liga da Costa" o partido entre o Muxía CF e á SCD Malpica, aprazouse a petición do conxunto muxián por mor das festas da Barca.
  O que si se disputará, será a primeira xornada da liga de veteranos na que os veteranos da SCD Malpica se enfrontarán a o Arasolis FC, novo equipo fisterrán esta tempada.


2ª Galicia Grupo II – (Liga da Costa) 1ª volta – Xornada 2ª :

Campo            :           “Arliña”         (Muxía, 100 x 55, herba artificial)            
Equipos           :           MUXÍA CF   SCD MALPICA  
Data e hora     :           Domingo: Partido aprazado, polas Festas da Barca de Muxía.   
Árbitro             :          Sr. ,

1ª Galicia de Fútbol Veterano “Costa da Morte” 1ª volta – Xornada 1ª :

Campo            :           “Pedra Queimada”        (Malpica, 100 x 60, herba artificial)
Equipos           :           V. SCD MALPICA –  ARASOLIS F.C. 
Datas e hora    :           Domingo:15-09-19, 10:30 horas.-
Árbitro            :           Sr. Óscar Rei Sánchez, ()

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!