Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

viernes, 13 de septiembre de 2019

SCD Malpica, Xuvenís Amigable:


   Na tarde noite de hoxe, retornou o equipo xuvenil ao campo da "Pedra Queimada", despois de catro tempadas sen competir.
   E fixo o seu retorno, enfrontándose, nun amigable de preparación para o vindeiro comezo da liga da presente tempada, á SDC Sofán.
   Resultado:  SCD Malpica 1 - 3  SDC Sofán.
   O marcador foi así: 0-1, m. 17. 0-2,  m. 28. 0-3, m. 35. 1-3, m. 56.O gol malpicán foi obra de Álex Orgueiro.
   Os tempos foron de 30 minutos cada un, por mor do forte vento do nordeste que impedía o control do "coiro".
   A pesar da derrota, o técnico malpicán Adrián Bardanca "Gurita", non quedou insatisfeito de como xogaron os seus pupilos, ao tratarse do primeiro partido que disputan e loxicamente, falta conxunción. 
   Asistiron uns 80 seareiros.

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!