Abertura da da "Liga da Costa" da Tempada 2019/2020, na "Pedra Queimada" cunha traballada vitoria da SCD Malpica sobre unha combativa SD Castriz.
Partido con saída en tromba dos malpicáns con catro ocasións seguidas sobre a portería visitante nos primeiros minutos; na primeira errou o remate Andy, na segunda e terceira, o Sr. colexiado non viu dous claros derribos sobre Aitor e Andy e por último na cuarta, J. Fuentes erra o remate de cabeza a medio metro da raia de gol.
Pero é aquí, que a partir de minuto 33 que foi cando á SD Castriz se quedou con dez, por xusta dobre amarela do defensor Alberto Mata, que comezou a relaxación dos malpicáns, entrando durante o resto do partido nunha dinámica de patadón, con balóns longos até a posición de Michi Castro, que aguantou firme todas as tarascadas dos defensores vistantes, os cales intentaban o xogo directo con lanzamentos bombeados buscaban afanosamente o empate, e, a punto estivo de chegar nunha xogada aillada do seu futbolista mais destacado Pablo Gonzalez, que, despois dunha bonita xogada lanzou ao poste de Damián.
Aliñación da SCD Malpica: Ángel; (Damián,m.46), J. Fuentes, Kevin, (Belar,m.70), Juan Abelenda, Cristian Villar, Migueliño, Roberto, (Alberto H. m. 46), Michi Castro, Aitor, (Dimitri, m. 82), Pache, (Brais Cean, m. 70).
Aliñación da SCD Malpica: Ángel; (Damián,m.46), J. Fuentes, Kevin, (Belar,m.70), Juan Abelenda, Cristian Villar, Migueliño, Roberto, (Alberto H. m. 46), Michi Castro, Aitor, (Dimitri, m. 82), Pache, (Brais Cean, m. 70).
Resultado: SCD MALPICA 1 - 0 SD CASTRIZ.
Goleadores: 1-0, m. 31: Aitor, cun tiro cruzado dende o borde da área.
Árbitro: Sr. Óscar Santos. Ambiente: 105 Seareiros.
Outros resultados da xornada e clasificacións:
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!