Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

domingo, 29 de septiembre de 2019

Resultados e clasificacións xuvenís, vete e afeccionados:

   Traballada e sufrida vitoria da SCD Malpica no "Platas Reinoso" de Baio (por obras no pinguel), ante un Ponteceso SD, que saía ao campo de "lider", e, a fe, que o demostrou , sobre todo na segunda parte, pechando á SCD Malpica na súa área, para este, manter a vantaxe da primeira parte coa que se retirou ao tempo de lecer. (0-2).
   Os malpicáns que acabaron os 96 min. que durou o partido con nove futbolistas, por expulsións de Michi e Migueliño, tremaron dos, até ese momento "líderes" cunha ordenada defensa e un porteiro que fixo o partido da súa vida (Ángel Lamas), verdadeiro heróe do encontro.
   Aliñación da SCD Malpica:  
   Ángel, J. Fuentes, Kevin, (Belar, m. 46), Juan Abelenda,(Laik,m. 46), Cristian Villar; Migueliño, Andy, Alberto H.(Costi, m. 75), Michi, Aitor, Pace, (Brais Ceán, m. 89).
   Goleadores: 
   0-1, m. 22: a mellor xogada do partido, pase de Michi sobre Alberto H., centro raso dende a banda e remate de Andy a rede. 0-2, m. 30: saque de falta de Aitor, pegado ao banderín e testarazo impecable de Michi. 1-2, m. 69: saque de falta suave de Martín Puente, que ninguén acerta a rematar nin despejar a entra na portería de Ángel.
  Ambiente: Preto de 125 seareiros nas bancadas.




 
   Segunda xornada da 1ª Galicia xuvenil, e, primeira vitoria dos xuvenis da SCD Malpica, fronte a un combativo Sp.Zas.
  Os rapaces adestrados por Adrián Martínez (Gurita)impuxeron a súa maior envergadura e a veces vo xogo,sobre todo na segunda parte, na que foron superiores.
  Asistencia: Uns 6o seareiros nas bancadas.
  Á SCD Malpica formou así: 
  Iker; David Abelenda, Villa, Juan Abelenda,Souto, Orgueira, Cristian Varela, Renzo, Álex, (Iván Vidal,m.89), Costi, Nichi, (Martín Villar,m.72).
  Goleadores: 1-0, m. 56, trallazo de Costi de falta dende 40 m. 2-0,m.74: Costi. 2-1,m.80: Brais Espasandín.
  
Rexurden os veteranos da SCD Malpica, goleando sen piedade aos veteranos da ASD. San Ramón (4-1), na terceira xornada de liga.
Coas incorporacións de Richard e Nacho, os malpicáns volveron a senda da vitoria.
Aliñación:  Suso; Chaves, Luís Naya, Suso Zas, Leo; Pedro, Carlos, Nacho, Palermo, Richard, Arcay.
Tamén xogaron: Alb. Carballo, Nando Couto, Abel e Douri.
Goleadores: 1-0, m. 3: Palermo. 2-0, m. 23: Richard. 2-1, m. 49: Rubén Rguez.. 3-1, m. 51: Nacho. 4-1, m. 90: Palermo.

RESULTADOS E CLASIFICACIÓNS DA XORNADA:





 AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!