Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

miércoles, 29 de noviembre de 2017

Axenda de partidos da SCD Malpica para esta fin de semana:



2ª Autonómica Grupo II –1ª volta – Xornada 12ª:

Campo             :           “Pedra Queimada”          (Malpica 100 x 60, herba artificial)                  
Equipos           :           SCD MALPICA    SD CORISTANCO   
Data e hora     :           Domingo: 03-12-17, 16:00 horas.- 
Árbitro             :          Sr. José Manuel Liste Recarey, (Colexio A Coruña).
           
            1ª Autonómica Cadete – 1ª volta – Xornada 9ª:
Campo             :           “San Andrés”                (Zas 92 x 57, herba artificial)
Equipos           :           CD CONCELLO DE ZAS – SCD MALPICA
Data e hora     :           Domingo: 03-12-17, 12:00 horas
Árbitro             :           Sr. Daniel Martínez Freire, (Colexio da Costa da Morte)


AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

domingo, 26 de noviembre de 2017

Resultados da "Costa" de Cadetes e Afeccionados::


    Apoteósicas vitorias dos equipos da SCD Malpica na xornada de hoxe, por fín fixóse pleno, xa era hora, primeiro, os Cadetes pola mañá, doblegaron á SD Sofán, con goles de Raúl, 3 e Luisiño 1.

   Logo pola tarde, os Afeccionados, sacaron o tarro das esencias en Camariñas, logrando unha contundente vitoria po 1-4. Goles de: Eloy Cabeza, Ures, martín e Pablo.

   Así quedan as clasificacións trala xornada de hoxe:

  



AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

viernes, 24 de noviembre de 2017

Previas da xornada da SCD Malpica:


    Comeza o segundo tercio da liga (11ª xornada) e á SCD Malpica non consegue aliviar a súa situación na táboa, a pesares dos intentos da xunta directiva, fichando futbolistas para iniciar a escalada.
   Os homes de "Repi", coa nova fichaxe do centrocampista Omar Naya, visitan o vindeiro domingo a un perigoso Camariñas FC, que tampouco anda moi sobrado de puntos esta tempada. 
   Os datos da previa ao partido son os seguintes:

   Campo:        "Irmáns Patiño"  (Camariñas,  98 x 58).
   Data e hora: Domingo, 26-11-17, 16:15 horas.
   Árbitro:   Sr. Insua Lago, (Colexio da Coruña).

   Polo que respecta aos Cadetes de "Esmorís", tralo primeiro triunfo da pasada xornada en Camariñas, reciben á SD Sofán, equipo que esta a facer unha gran campaña, dándolle froitos ao excelente traballo que esta a facer a directiva sofanista. Os malpicáns, esperan continuar sumando para situarse na táboa nos postos templados que é a meta que se propoñen nesta primeira tempada.

   Campo:         "Pedra Queimada" (Malpica, 100 x 60).
   Data e hora:  Domingo, 26-11-17, 11:00 horas.
   Árbitro: Sr. David Vázquez Lema, (Colexio da C. da Morte)

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA! 

domingo, 19 de noviembre de 2017

Marcadores e clasificacións "liga da costa" :


     Xornada moi deficiente para o equipo de Afeccionados da SCD Malpica. Esta tarde na "Pedra Queimada" caeu derrotada ante á SCRD Esteirana por 1-4, goles de Eloy Cabeza, para os malpicáns e Adrián, p. porta e Roberto Pladur 2 (1 de penalti) para os de Esteiro.

   Non están a dar os resultados apetecibles para á SCD Malpica as fichaxes realizadas e o equipo acúsao o que fai que continúe co faroliño vermello, posto moi perigoso, cando vai desputado o primeiro tercio da liga.

  A de cal, déronna os Cadetes co seu excelente triunfo en Camariñas que lles fai abandoar o último posto da táboa (3-5),con goles de, Raúl 3, Luisiño e Rubi.!Noraboa!
   Resultados e clasificacións:

 AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

sábado, 18 de noviembre de 2017

Enfrontamentos da SCD Malpica, desta fin de semana:


     Tras dous partidos seguidos lonxe da "Pedra Queimada", o equipo de "REPI" correspóndelle recibir o vindeiro domingo á visita da SCRD Esteirana, conxunto, que vai 3º con 18 puntos na clasificación despois de nove xornadas, gañou 5 partidos, empatou 3 e tan só perdeu 1, marcou 20 goles e recibiu 12. Un rival complicado para que os malpicáns inicien dunha vez por todas a escalada.

   Campo:       "Pedra Queimada"   (Malpica,100 x 60)
   Data e hora: Domingo, 19-11-17, 16:15 horas
   Árbitro:     Sr. Iglesias Bazarrra (colexio da Coruña.

   Pola súa banda, os Cadetes de "Esmorís", teñen unha boa ocasión, para intentar escapar do faroliño vermello, e, o seu desprazamento a Camariñas para enfrontrase ao equipo camariñán, debe servirlle para conseguir a primeira vitoria da tempada, dado a irregularidade que están mostrando os de Camariñas.

    Campo:       "Irmás Patiño"    (Camariñas, 98 x 58)
    Data e hora: Domingo, 19-11-17, 11:00 horas.
    Árbitro:     Sr. Insua Lago   (colexio da Coruña)

    A continuación infórmase da composición da plantilla de Afeccionados da SCD Malpica, (a de Cadetes xa se comunicou con anterioridade):

Porteiros: Ángel, Anxo, Nacho, Brais Vázquez.
Defensas: JR. Carracedo, Manteca, Santi, Mauri,Joel Babakán, Jordan, Pablo, Cristian Villar.
Centrocampistas: Gustavo Andrés, Jony, Pablo, Eloy Cabeza, Gonzálo, Dani Casal, Cani, Alberto Hombre.
Dianteiros: Martín, Dariel, Pitu, Ures, Fabio.

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!           

domingo, 12 de noviembre de 2017

Resultados e clasificacións da "liga da costa" e Cadetes da "costa":

  
    Tarde aciaga para os equipos da SCD Malpica, nin os Afeccionados nin os Cadetes conseguiron sacar resultados positivos, ambos os dous foron derrotados, tamén é certo, que visitaban aos "lideres" Mazaricos e Outes. Os mais pequenos sufriron oito goles e os maiores sufriron un gol en cada tempo, o último, a falta de dous minutos para a finalización do partido, cando os malpicáns estaban colgados na portería local.

   Estes foron os marcadores de ambas as dúas categorías e as clasificacións:

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

viernes, 10 de noviembre de 2017

Previas da da xornada dos equipos da SCD Malpica:


      Novena xornada da "Liga da Costa" (2ª Autonómica Grupo 2º)a SCD Malpica (colísta 5 puntos) desprazase a Mazaricos a enfrontarse ao líder (22 puntos):

 Campo: "Peña do Ouro" (100 x 57).
 Data e hora:Domingo, 12-11-17, 16,15 horas.
 Árbitro, Sr. Aitor Maneiro Santos,(A Coruña)

    Os Cadetes de Esmorís,(Colistas 1 punto)  viaxan a Serra de Outes, equipo que tamén vai de "líder" con 12 puntos:
 Campo: "O Conchido" (100 x 63).
 Data e hora: Domingo, 12-11-17, 11:00 horas.
 Árbitro: Sr. Ferrol Muñiz, (Boiro).

  AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!    

domingo, 5 de noviembre de 2017

Actualidade da SCD Malpica.


    A pesar de comezar marcando, os Cadetes da SCD Malpica víronse superados en apenas  media hora de xogo, pola Escola Deportiva "Os Miudos" de Muros (1-3, o gol local foi conseguido por Raúl.
 Van mellorando e collendo ritmo de competición os rapaces malpicáns, que, a pesares de non lograr aínda ningunha vitoria, están collenzo confianza, para moi pronto comezar unha xeiras boa de resultados.

Istos foron os resultados da 5ª xornada e así esta a clasificación:


 Foto histórica da selección Sub-15 da "Costa", que participou o pasado día un de Novembro na primeira fase de seleccións comarcais.

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA! 











    Dúas xornadas sen perder leva á SCD Malpica, despois que á Directiva fixese unha renovación da plantilla coas incorporacións de Anxo (porteiro), Gonzálo, Dani Casal, Eloy Cabeza, Jordane Pitu, (este debutou hoxe) no campo de Xaviña.
     O partido foi un clásico de rivalidade local, non exento de bo fútbol, no que os dous equipos se empregaron cunha grande intensidade; as ocasións de gol foron escasas,onde as defensas se impuxeron sempre as dianteiras,aínda que o Buño SCD, acosou con mais insistencia a portería da SCD Malpica nos últimos 10 minutos, debído quizais ao mellor fondo físico, dado que, as novas fichases malpicáns, non están aínda ao ritmo de preparación que teñen os locais na actualidade pois algúns deles levan tempo sen competir.

    Marcadores da 8ª xornada e clasificación: 

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPIOCA!
 

viernes, 3 de noviembre de 2017

Prévias da xornada dos equipos da SCD Malpica


       Partido de rivalidade local dos afeccionados da SCD Malpica fronte ao Buño o vindeiro domingo, correspondente a 8ª xornada da "liga da costa":

    Campo: Xaviña (Buño):   99 x 60, herba sintética.
    Data e hora:  Domingo, 05-11-17, 17:00 horas.
    Equipos:   BUÑO SCD - SCD MALPICA
   Árbitro:   Sr. Marcos Ordoñez (colexiado de Preferente  Galicia, Comité da Coruña).

     Os Cadetes de "Esmorís", enfróntanse o vindeiro sábado á Escola Deportiva Os Miudos, de Muros, partido correspondente a 5ª xornada:

    Campo: "Pedra Queimada" (Malpica), 100 x 60 (sintético)
    Data e hora:   Sábado, 04-11-17, 16:15 horas.
    Equipos:  SCD Malpica - Escola Deportiva Os Miudos
   Árbitro:  Sr. Espasandín Romar,(colexio da costa da morte)

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!