Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

domingo, 5 de noviembre de 2017

Actualidade da SCD Malpica.


    A pesar de comezar marcando, os Cadetes da SCD Malpica víronse superados en apenas  media hora de xogo, pola Escola Deportiva "Os Miudos" de Muros (1-3, o gol local foi conseguido por Raúl.
 Van mellorando e collendo ritmo de competición os rapaces malpicáns, que, a pesares de non lograr aínda ningunha vitoria, están collenzo confianza, para moi pronto comezar unha xeiras boa de resultados.

Istos foron os resultados da 5ª xornada e así esta a clasificación:


 Foto histórica da selección Sub-15 da "Costa", que participou o pasado día un de Novembro na primeira fase de seleccións comarcais.

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA! 











    Dúas xornadas sen perder leva á SCD Malpica, despois que á Directiva fixese unha renovación da plantilla coas incorporacións de Anxo (porteiro), Gonzálo, Dani Casal, Eloy Cabeza, Jordane Pitu, (este debutou hoxe) no campo de Xaviña.
     O partido foi un clásico de rivalidade local, non exento de bo fútbol, no que os dous equipos se empregaron cunha grande intensidade; as ocasións de gol foron escasas,onde as defensas se impuxeron sempre as dianteiras,aínda que o Buño SCD, acosou con mais insistencia a portería da SCD Malpica nos últimos 10 minutos, debído quizais ao mellor fondo físico, dado que, as novas fichases malpicáns, non están aínda ao ritmo de preparación que teñen os locais na actualidade pois algúns deles levan tempo sen competir.

    Marcadores da 8ª xornada e clasificación: 

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPIOCA!