Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

sábado, 18 de noviembre de 2017

Enfrontamentos da SCD Malpica, desta fin de semana:


     Tras dous partidos seguidos lonxe da "Pedra Queimada", o equipo de "REPI" correspóndelle recibir o vindeiro domingo á visita da SCRD Esteirana, conxunto, que vai 3º con 18 puntos na clasificación despois de nove xornadas, gañou 5 partidos, empatou 3 e tan só perdeu 1, marcou 20 goles e recibiu 12. Un rival complicado para que os malpicáns inicien dunha vez por todas a escalada.

   Campo:       "Pedra Queimada"   (Malpica,100 x 60)
   Data e hora: Domingo, 19-11-17, 16:15 horas
   Árbitro:     Sr. Iglesias Bazarrra (colexio da Coruña.

   Pola súa banda, os Cadetes de "Esmorís", teñen unha boa ocasión, para intentar escapar do faroliño vermello, e, o seu desprazamento a Camariñas para enfrontrase ao equipo camariñán, debe servirlle para conseguir a primeira vitoria da tempada, dado a irregularidade que están mostrando os de Camariñas.

    Campo:       "Irmás Patiño"    (Camariñas, 98 x 58)
    Data e hora: Domingo, 19-11-17, 11:00 horas.
    Árbitro:     Sr. Insua Lago   (colexio da Coruña)

    A continuación infórmase da composición da plantilla de Afeccionados da SCD Malpica, (a de Cadetes xa se comunicou con anterioridade):

Porteiros: Ángel, Anxo, Nacho, Brais Vázquez.
Defensas: JR. Carracedo, Manteca, Santi, Mauri,Joel Babakán, Jordan, Pablo, Cristian Villar.
Centrocampistas: Gustavo Andrés, Jony, Pablo, Eloy Cabeza, Gonzálo, Dani Casal, Cani, Alberto Hombre.
Dianteiros: Martín, Dariel, Pitu, Ures, Fabio.

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!