Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

domingo, 29 de octubre de 2017

Ligas da Costa, Afeccionados e Cadetes:

 
     Sétima xornada da "Liga da Costa" e cuarta de Cadetes tamén da "costa". Unha de cal e outra de area para á SCD Malpica, que, logrou por fín a primeira vitoria en Afeccionados e continúa sen gañar en Cadetes.

   Resolviu ben o equipo dos maiores, o cal, coas novas fichaxes causou un extraordinaria sensación, así, con Eloi Cabeza, Dani Casal, Gonzalo Vilariño e Jordan, déronlle un troco radical ao equipo e iso que, o Lira CF, non dou ningunha facilidade, pois cun equipo cheo de figuras, dará moito que falar ao longo da tempada.

    Os goles foron marcados por Dani Casal, 2 e o xuvenil Martín.
     Polos Cadetes, marcou o gol da honra, Luisiño.
     Achéganse os marcadores e clasificación da xornada en ambas categorías:



      AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!
     

viernes, 27 de octubre de 2017

Actualidade da SCD Malpica, vindeiros partidos:

     
     O vindeiro domingo día 29-10-17, celébrase a sétima xornada da "Liga da Costa" (2ª Aut. Grupo 2º) e a cuarta de Primeira Categoría Cadetes (Grupo 2º-Costa).

    Os partidos a disputar pola SCD Malpica, son os que a continuación se detallan:

     Cadetes:
     Campo "As Redondas" (Cabana), 91 x 58.
     Data e hora: Domingo, 29-10-17, 12:00 horas.
     Equipos, Cabana SD - SCD Malpica.

     Afeccionados:
     Campo, "Pedra Queimada" (Malpica), 100 x 60.
     Data e hora: Domingo, 29-10-17, 17:00 horas.
     Equipos,  SCD Malpica - Lira CF

     Para este partido, o adestrador "Repi", poderá contar   coas altas de seis novos futbolistas: 
     Eloy Cabeza, Dani Casal, Anxo Pallas, Gonzalo Vilariño, Jordan Abelenda e Diego Alonso.

     A directiva da SCD Malpica, solicita o apoio de todos os socios e afeccionados, pidindo que acudan ao campo a animar, trala loita que esta a levar a cabo para conseguir que o clube non se arrastre pola "Liga da Costa" e consiga sair dos postos de descenso, para elo, xestionou esta semana a incorporación dos seis futbolistas citados.  
 AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!
 

domingo, 22 de octubre de 2017

Resultados de Cadetes e Afeccionados da costa:


   Xornada negativa para os dous equipos malpicáns nesta última xornada, os "Cadetes" caeron na "Pedra Queimada" ante o UC Cee, aínda que o seu "mister" Esmorís, quedou bastante satisfeito do xogo desplegado, na que, co paso das xornadas van entrando favrablemente na competición.

  En canto aos Afeccionados, hoxe, coa falta de varios efectivos por enfermidade "a can flaco todas son pulgas", sucumbiron ante un mais efectivo CD Baíñas.

  A continuación publícanse os resultados e calsificacións da "Costa" onde participa á SCD Malpica:




AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

sábado, 21 de octubre de 2017

Partidos da SCD Malpica, deste fin de semana:


   Sábado, 21-10-17, campo de "Pedra Queimada" (100 x 60), 16,15 horas:  
   
   Cadetes: SCD Malpica - UC Cee
  
   Domingo, 22-10-17, campo "Municipal de Vimianzo" (98 x 59), 17:00 horas:

    AFeccionados:  C.D. Baíñas - SCD Malpica.-

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!
 

domingo, 15 de octubre de 2017

5ª xornada da "Liga da Costa" e 2ª de Cadetes::


     Esta mañá os Cadetes da SCD Malpica, nada puideron facer no campo Xosé Luís Vara de Esteiro, ante a maior experiencia da SCRD Esteirana. Os rapaces malpicáns, lograron adiantarse no marcador por medio de Luís Manuel (Luisito) chegando ao descanso con esta vitoria mínima, na continuación os locais moito mais experimentados e con mais trocos no banco, remontaron.
    En canto aos Afeccionados, por fin conseguíuse puntuar a costa do SP. Zas, tras cinco xornadas, nun  partido moi competido pero carente de fútbol, os dous equipos no fondo da táboa clasificatoria demostraron o mal momento que atravesan. Hai que lamentar por parte malpicán os golpes fortuitos que sufriron o medio centro Gustavo Olmedo e o porteiro Nacho, tendo ambos que ser substituidos (min. 25 e 67), aínda que a peor parte levouna o porteiro, que, a falta dunha exploración, podería ter danado fortemente un ombro.
Así quedaron os marcadores desta xornada e ás táboas clasificatorias:

 








  AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

jueves, 12 de octubre de 2017

SCD Malpica: Partidos para o fin de semana:


     A SCD Malpica, recibirá o vindeiro domingo na "Pedra Queimada" (100 x 60) 17:00 horas, a visita do Sp. Zas, equipo recén descendido da 1ª Autonómica que non esta a atravesar un moi bo momento de xogo, acadando nas catro xornadas disputadas unha soa vitoria, con 11 goles a favor e 10 en contra.

   Os malpicáns, fundido no último posto da clasificación, non pode deixar escapar mais puntos na "Pedra Queimada", pois senón soarán ás alarmas no plantél e na directiva. Espérase un reacción positiva.

     Pola súa banda, os rapaces cadetes de "Esmorís" viaxan a Esteiro, coa ilusión de facer un bo papel ante á SCRD Esteirana, no campo "Xoxé Luís Vara" (101 x 60), domingo:11:00 horas.

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA! 

domingo, 8 de octubre de 2017

Marcadores e clasificacións "liga da costa" Afeccionados e Cadetes:


    Triste derrota dos Afeccionados da SCD Malpica no campo de "O Pinguel" de Ponteceso.
   A derrota comeza a preocupar nos mandatarios do conxunto malpicán que,a pesar de estar inmersos en atopar un dianteiro que resolva a sequía goleadora que atravesa o clube, (xa se conseguiu un porteiro que fixo mellorar ao conxunto) mentres non se atopa as xornadas van pasando e cada vez queda menos para saír da zona preocupante.

   Mención a parte merecen os Cadetes, pois Esmoris logrou reunir un grupo de 16 rapaces, mesturado con infantís, que lles esta inculcando un nivel moi competitivo, así, hoxe no seu debut, despois de cinco tempadas sen participar, conseguiu un meritorio empate ante un rival (SD Coristanco), moito mais experimentado.

   A continuación publícanse os resultados e clasificacións das dúas cateogrías nas que participa a SCD Malpica:
 AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!   

sábado, 7 de octubre de 2017

Actualidade da SCD Malpica:


       Á actualidade da SCD Malpica, pasa esta semana polo comezo da liga de Cadetes, competición na que os malpicáns non competían dende hai cinco tempadas, con cretamente dende á 2011/12, sendo a sétima participación ao longo da súa historia nesta categoría.
    Baixo ás órdes de "Esmoris" con título de ADESTRADOR UEFA 1., compoñen a plantilla, os seguintes futbolistas:

1.-Serxio Eiroa (Infantil). 2.-Hugo Álvarez. 3.- Joel Morales. 4.- Rubén Veres. 5.- Hugo García. 6.- Adrián Moscoso. 7.- Luís Ml. Ferreiro. 8.- Raúl Reigía. 9.- Pablo Pérez. 10.- Diego Suárez. 11.- Diego Varela. 12.- Adrián Verdes. 13.- X. Antón Rodríguez. 14.-Santiago Quiroga (Infantil). 15.- Mario Pose. 16.- Anxo Pose (Infantil).
      Con este plantel, casi todos de primeiro ano , o "mister", quere facer unha meritoria campaña, loxicamente sen aspiracións a conseguir títulos, pero sobre todo a que os rapaces se formen e compitan deportivamente.
      O primeiro rival será a SD Coristanco, mañá domingo día 08-10-17, ás 11:00 horas, no campo de "Pedra Queimada" (100 x 60) de Malpica.

      Por outra banda, o equipo de afeccionados que dirixe o adestrador "REPI", disputará a cuarta xornada da "liga da costa", desprazándose ao campo de "O Pinguel" de Ponteceso (95,30 x 58,20).
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!
 

domingo, 1 de octubre de 2017

Marcadores da Xornada dos equipos da SCD Malpica:

   
     Partido amigable de Cadetes no campo "O Pinguel"
 Resultado: Ponteceso SD 2 - 0  SCD Malpica.-
     
    Os goles da victoria local, foron conseguidos na segunda parte.
    Grata impresión causaron os rapaces da SCD Malpica, aos que lle foi anulado un gol válido e un claro penalti omitido polo árbitro, o adestrador de porteiros local Eusebio.

    Polo que respecta ao equipo de afeccionados, terceira derrota da liga ante o Outes CF, 1-4, en partido disputado esta mañá na "Pedra Queimada".
    O gol local foi conseguido por Souleymane.
     


AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!