Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

domingo, 8 de octubre de 2017

Marcadores e clasificacións "liga da costa" Afeccionados e Cadetes:


    Triste derrota dos Afeccionados da SCD Malpica no campo de "O Pinguel" de Ponteceso.
   A derrota comeza a preocupar nos mandatarios do conxunto malpicán que,a pesar de estar inmersos en atopar un dianteiro que resolva a sequía goleadora que atravesa o clube, (xa se conseguiu un porteiro que fixo mellorar ao conxunto) mentres non se atopa as xornadas van pasando e cada vez queda menos para saír da zona preocupante.

   Mención a parte merecen os Cadetes, pois Esmoris logrou reunir un grupo de 16 rapaces, mesturado con infantís, que lles esta inculcando un nivel moi competitivo, así, hoxe no seu debut, despois de cinco tempadas sen participar, conseguiu un meritorio empate ante un rival (SD Coristanco), moito mais experimentado.

   A continuación publícanse os resultados e clasificacións das dúas cateogrías nas que participa a SCD Malpica:
 AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!