Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

sábado, 7 de octubre de 2017

Actualidade da SCD Malpica:


       Á actualidade da SCD Malpica, pasa esta semana polo comezo da liga de Cadetes, competición na que os malpicáns non competían dende hai cinco tempadas, con cretamente dende á 2011/12, sendo a sétima participación ao longo da súa historia nesta categoría.
    Baixo ás órdes de "Esmoris" con título de ADESTRADOR UEFA 1., compoñen a plantilla, os seguintes futbolistas:

1.-Serxio Eiroa (Infantil). 2.-Hugo Álvarez. 3.- Joel Morales. 4.- Rubén Veres. 5.- Hugo García. 6.- Adrián Moscoso. 7.- Luís Ml. Ferreiro. 8.- Raúl Reigía. 9.- Pablo Pérez. 10.- Diego Suárez. 11.- Diego Varela. 12.- Adrián Verdes. 13.- X. Antón Rodríguez. 14.-Santiago Quiroga (Infantil). 15.- Mario Pose. 16.- Anxo Pose (Infantil).
      Con este plantel, casi todos de primeiro ano , o "mister", quere facer unha meritoria campaña, loxicamente sen aspiracións a conseguir títulos, pero sobre todo a que os rapaces se formen e compitan deportivamente.
      O primeiro rival será a SD Coristanco, mañá domingo día 08-10-17, ás 11:00 horas, no campo de "Pedra Queimada" (100 x 60) de Malpica.

      Por outra banda, o equipo de afeccionados que dirixe o adestrador "REPI", disputará a cuarta xornada da "liga da costa", desprazándose ao campo de "O Pinguel" de Ponteceso (95,30 x 58,20).
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!