Esta mañá os Cadetes da SCD Malpica, nada puideron facer no campo Xosé Luís Vara de Esteiro, ante a maior experiencia da SCRD Esteirana. Os rapaces malpicáns, lograron adiantarse no marcador por medio de Luís Manuel (Luisito) chegando ao descanso con esta vitoria mínima, na continuación os locais moito mais experimentados e con mais trocos no banco, remontaron.
En canto aos Afeccionados, por fin conseguíuse puntuar a costa do SP. Zas, tras cinco xornadas, nun partido moi competido pero carente de fútbol, os dous equipos no fondo da táboa clasificatoria demostraron o mal momento que atravesan. Hai que lamentar por parte malpicán os golpes fortuitos que sufriron o medio centro Gustavo Olmedo e o porteiro Nacho, tendo ambos que ser substituidos (min. 25 e 67), aínda que a peor parte levouna o porteiro, que, a falta dunha exploración, podería ter danado fortemente un ombro.
Así quedaron os marcadores desta xornada e ás táboas clasificatorias:
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!