Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

domingo, 29 de junio de 2014

Resultados da xornada do fútbol costeiro:



FINAL DA “COPA DA COSTA”

Resultado:           XALLAS DE SANTA COMBA  1 -  4  CF DUMBRÍA
Xallas S.C.:          David; Rubén Forján, ©, Cristian, (Alberto, 85), Héctor, Rubio, Mata, (Toño, 67), César, Jesús, Richi, Darío, (Marcos, 79), Arnejo.
CF Dumbría:        Julián; (Couto, 90), Oscarín, (David Carreira, 85), Jóse, Aarón Fdez. Jota, Aarón López, ©, Adrián Makay, (Pablo Muíño, 67), Rivi, Doro, Jesús, (Luisito, 67),  Adrián Nieto, (Dani Casal, 46).
Árbitro:                 Sr. Domínguez Manteiga. (1ª Aut. A Coruña). Actuación correcta. Expulsou aos xalleiros, Jesús e Mata, con vermella directa, ao último no banco despois de ser substituído, m. 61 e 75, por supostos insultos a súa persoa. Os locais, reclamáronlle insistentemente un suposto gol, alegando que o “coiro” traspasara a liña de meta, pero o asistente desa banda moi ben colocado mandou seguir o xogo.
Asistentes:          Sres. Patricio Blanco e Vázquez Veiras. (2ª Aut. A Coruña). Estiveron ben.
4º Árbitro:            Sr. Méndez Castro. Desapercibido.              
Goleadores:        0-1, m. 4: Adrián Nieto, a centro de Doro. 1-1, m. 20: Arnejo, de cabeza a centro de Rubén. 1-2, m. 40: Aarón Fernández, a centro de Doro, tras un erro monumental do porteiro David. 1-3, m. 78: Pablo Muíño, remacha baixo paus un saque de curruncho de Doro, tras tocar tamén de cabeza Aarón Fernández. 1-4, m. 87: Doro, redondeou a súa excelente actuación cun tiro a media altura dende a media lúa.
Ambiente:            Un milleiro de seareiros na “Fontenla” nunha tarde soleada con 20º. Non houbo mancados de consideración.
Comentario:        A verdade é dende o punto de vista deste informador, que  esta final da “copa da costa” non pasará a historia polo bo fútbol practicado. Houbo si, coma en todos os partidos destas características, lances puntuais que definiron o marcador final, tales como a expulsión do xalleiro Jesús, que estaba a ser o mellor futbolista do seu equipo, un posible gol pantasma (?) a favor do X.S.C., pero que o asistente moi ben colocado na xogada estimou, creo que acertadamente que o “coiro” non entrou, e algunha que outra xogada protestada polos futbolistas locais, pero que significaba mais a impotencia ante un CF Dumbría superior, que erros arbitrais.
En definitiva, resultado xusto de un CF Dumbría que, ao longo dos 95 m. resultou ser un equipo mais compacto, cun porteiro moi completo, unha defensa expeditiva, un centro do campo regular (quizais esta tarde a liña mais frouxa do equipo)  e,  unha dianteira cun veterano Doro, que demostrou o por que, do premio de mellor futbolista da costa desta tempada, agasallado na III Gala do deporte da Costa.



















Final "Copa da Costa" Veteranos, disputada no campo de "Xaviña" (Buño), organizada pola UD Cerqueda:

CF DUMBRÍA   1 - 0   RACING DE ERBECEDO. (Tras prórroga)

Fase final de ascenso a "Liga Galega" (última eliminatoria):

E.D. VAL DO ULLA  0 - 0  CF DUMBRÍA.-


AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

sábado, 28 de junio de 2014

Noticias da SCD Malpica:



= A SCD MALPICA (O MAIS NOMINADO) E ÓSCAR SUÁREZ, PREMIADO NA “III GALA DO FÚTBOL DA COSTA” =


        A SCD MALPICA,  OBTUVO PREMIOS NA III GALA DO FÚTBOL DA COSTA, FROITO DA GRAN TEMPADA REALIZADA NA PRIMEIRA AUTONÓMICA GRUPO II, CUN MERITORIO 4º POSTO ACADADO.
        
O CONXUNTO MALPICÁN, QUE FOI NOMINADO COMO FINALISTA POR EQUIPOS, (O PREMIO RECAÍU NO CORME CF) TAMÉN LOGROU COLOCAR COMO NOMINADOS NO ONCE IDEAL AOS FUTBOLISTAS:

POMBO (porteiro), ADRIÁN, DAVID CASTRO E MANU CASAL (defensas), JUAN CARLOS (centrocampista) E ÓSCAR SUÁREZ, (dianteiro).

ESTE ÚLTIMO, ADEMAIS DE CONSEGUIR O GALARDÓN (premio), COMO MÁXIMO GOLEADOR, TAMÉN FOI PREMIADO COMO DIANTEIRO CENTRO DO “ONCE IDEAL”.

        TAMÉN FOI NOMINADO O ADESTRADOR MALPICÁN, DAVID BAÑA RAMÍREZ, (Premio que lle foi outorgado ao adestrador Manu Roque do Outes CF).

            EN FIN QUE, SALVO O CORME, QUE ACAPAROU A MAIORÍA DE PREMIOS, EN SEGUNDO LUGAR COMO MAIS NOMINADO, FOI Á SCD MALPICA.-

         TODO UN ÉXITO. NORABOA! A DIRECTIVOS, CORPO TÉCNICO E FUTBOLISTAS.



 


                          ÓSCAR SUÁREZ:      O PREMIADO.-
 Os nominados:
 1.-Manu casal
 2.-David Castro
 3.-Equipo SCD Malpica
 4.-Pombo
 5.-Adrián
 6.-David Baña
 7.-Juan Carlos.
                                             








AGORA E SEMPE COA SCD MALPICA!

jueves, 26 de junio de 2014

Final da "copa da costa":

 NOTICIAS DO FÚTBOL COSTEIRO:

Tras algúnha polémica surdida debido a falta de acordo de ambos clubes coa FGF. Definitivamente, a Final da "Copa da Costa" correspondente a tempada 2013 / 14, disputarase na campo de "FONTENLA" de Santa Comba, o vindeiro domingo día 29-06-14, ás 18:00 horas.
Así se lle fixo saber esta mañá por parte da FGF, aso equipos contendentes.

Os equipos clasificados para dita Final, como todos afeccionados coñecen son: 

XALLAS DE SANTA COMBA (Que actuará como local, debido a maior antiguedade) 
CF DUMBRÍA.-

AGORA E SEMPRE CA SCD MALPICA!

domingo, 22 de junio de 2014

Resultados, "Copa Costa" e resto de equipos "costeiros":

Na "copa da costa", xa temos finalistas, son, o CF Dumbría e o Xallas de Santa Comba, este último, por terceiro ano conxecutivo (ainda que 1 como Xallas CF). Isto alivialles algo a pena do descenso a 1ª Aut. G.2º, trala eliminación do Pontevedra ante o Puertollano. A ambos parabéns.

Noraboa! á SD Sofán, polo meritorio ascenso a 1ª Autonómica G. 2º, tras unha accidentada promoción ante o Sálvora CF e SD Val do Ulla.

O CF Dumbría xuvenil, avanza na clasificación de ascenso a "liga galega" tras a exhibición ante o Viveiro CF, só lle queda unha eliminatoria.

Por último, lamentar a eliminación do UC Cee infantil, ante o Raio Sadense, pero estamos seguros que o conxunto ceense, volverá a intentalo na vindeira tempada, dado a importancia que se lle da ao fútbol base na localidade.


AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!



domingo, 15 de junio de 2014

Marcadores da "copa da costa" e outros dos equipos costeiros:

Unha vez finalizada a competición da SCD Malpica e, mentres non se producen novidades informativas do clube, seguimos informando das competicións desta tempada dos equipos costeiros que aínda están en activo:

A "Copa da Costa", entrou en semifinais, de primeiro toman vantaxe os equipos de Preferente.

Continúa a promoción de ascenso a 1ª Autonómica por parte da SD Sofán, que esta tarde dou un paso adiante nas súas aspiracións vencendo ao Salvora CF.

En xuvenís, Fase Final de ascenso a Liga Galega, meritoria vitoria do CF Dumbría en Viveir, 0-1.

Paso atrás do U.C Cee en infantís, ao perder na casa coa Raio Sadense por 0-3.

 

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!


miércoles, 11 de junio de 2014

Noticia de últisima hora e goleadores da SCD Malpica:



= ÓSCAR SUÁREZ, NOVO ADESTRADOR DA SCD MALPICA =

        O ata de agora futbolista da SCD Malpica, máximo goleador do equipo e da primeira autonómica con 25 goles, (22 liga 3 copa) o carballés, Óscar Suárez Serrano, (16-06-74) é dende esta tarde – noite, o novo adestrador da SCD MALPICA, para a tempada 2014 / 15.
Así llo confirmaron a este blogue, fontes fidedignas da Xunta Directiva malpicán.

        Óscar Suárez, como así se lle coñece futbolisticamente, (cumprirá 40 anos o luns día 16). Esta en posesión de título de Adestrador Nacional  Nivel III, máxima titulación para adestrar en toda clase de equipos en territorio español.  

        Óscar como futbolista, estivo ligado a diversos equipos da “costa” en Primeira e Segunda Autonómica, tamén defendeu as cores noutras zonas e categorías, como o Atl Arteixo, Bergantiños FC, etc.  

        Como adestrador, estivo entre outros, San Lourenzo de Verdillo, C.C.D. Cerceda, (2º con Nando), categorías base do Bergantiños FC, etc.

        Agora, a punto de cumprir os 40 anos e, aínda que se atopa nun momento de forma espléndido, tal como demostrou na tempada que acaba de finalizar, quere deixar o fútbol activo e continuar a súa carreira como adestrador. O conxunto malpicán é unha boa pedra de toque para demostrar as súas dotes de técnico e conseguir coa maior parte dos seus excompañeiros do Malpica, os éxitos acadados como futbolista.

        Dada a súa valía deportiva demostrada ao longo de mais de vinte anos de competición, nin o clube nin os socios e afeccionados da SCD Malpica, dubidan da súa capacidade.



AGORA E SEMPE COA SCD MALPICA!

domingo, 8 de junio de 2014

Crónica da SCD Malpica e resultados dos partidos da xornada:




“LI” edición da “Copa da Costa” Cuartos de Final - Volta:
Resultado:         SCD MALPICA   2–2   U C CEE    
SCD MALPICA:   Abraham; Adrián, Manu Casal, Andrés, © (Almeida (x) m.87), Mario Casal, Fernando Varela, Petís, (x), Ismael, Óscar Suárez, Martín Maradona, Eloy, (x), (Cheo, m . 62).
U C CEE:              Parroto; Fiúza, © Jorgito, Jacobo, Berto, Angeliño, Andrés, (Javier, 46), Josiño, Cristian, José Carlos, Penedo, (Esteban, 72, (x).
Árbitro:            Sr. Acuña Piñeiro.- (1ª Aut.- A Coruña). 1ª parte desapercibido. Na 2ª, non viu ou non quixo ver dúas xogadas que puideron marcar o partido. (M. 56), derrubo de Fiúza a Petís dentro da área e (m. 64), blocaxe do “coiro” por parte do porteiro Parroto medio metro fora da área.
Asistentes:       Sres. Taboada Dafonte e Patricio Blanco.- (3ª División e 2ª Aut.- A Coruña). Regulares.           
Goleadores:     1-0, m. 34: Fernando Varela, intercepta na liña de tres cuartos un pase dun contrario, avanza uns metros e manda entre liñas sobre Martín Maradona, este penetra na área e tira cruzado sobre a saída de Parroto, que rexeita o “coiro” nunha gran intervención, Óscar Suárez, que seguía a xogada remacha ao fondo das mallas. 1-1, m. 42:  xogada entre Penedo e Cristian pola banda esquerda cun centro deste último sobre José Carlos, que se atopa desmarcado na media lúa o cal empalma un tiro seco a media altura que Abraham, só se entera cando esta dentro da portería. 1-2, m. 54: Javier, resolve cun remate a media volta dende o punto de penalti, un medido centro de Cristian. 2-2, m. 90+2: Mario Casal dende campo propio, executa un falta, bombeando o “coiro” sobre á área visitante, onde Óscar Suárez, elevándose por encima da defensa, remata impecablemente de cabeza fora do alcance do notable porteiro Parroto.          
Ambiente e incidencias:  Cen seareiros nas bancadas. Escasa concorrencia de público en campo malpicán a pesar de tratarse duns cuartos de final da “copa da costa” e facer o equipo unha gran tempada. Tarde soleada con 19º. Tiveron que retirarse mancados por cuestións musculares, os visitantes, Andrés e Penedo (m.44 e 72) e o local Andrés, m. 87. Expulsado con dobre amarela m. 88 o malpicán Adrián, por protestar unha decisión desacertada do árbitro.
Xogadas perigosas SCD Malpica:  M. 5: pase de F. Varela sobre Petís este cede a Manu Casal que intenta unha vaselina a que Parroto, atalla acertadamente. M. 32: sorpresivo empalme do xuvenil Eloy, que sae a ras do poste esquerdo de Parroto. M. 50: falta lanzada por Manu Casal, dende uns 40 metros, escorado a banda dereita, o “coiro”  tras botar diante da portería ía entrar na meta, pero milagrosamente Parroto, saca unha man e desvía a saque de curruncho; botado este con moito efecto            por F. Varela, da no poste esquerdo e sae rexeitado. M. 56: xogada individual do xuvenil Petís, pola banda esquerda, burla a entrada de Fiúza e, cando se ía cara portería e derrubado polo defensor, o sr. colexiado, en lugar de sinalar a pena máxima, sanciona con falta e tarxeta ao malpicán. M. 64: nun perigoso ataque da dianteira malpicán, o porteiro Parroto sae ata a media lúa a facerse co “coiro”, de novo o colexiado non sanciona a infracción. M. 75: saque de curruncho que lanza Manu Casal, testarazo de Cheo, a boca  xerro, gran parada de Parroto. M. 81: internada de Cheo, pola dereita cun medido centro sobre a testa de Óscar Suárez, que sae lambendo o poste, cando se cantaba o gol. M. 86: Martín Maradona, plántase só ante Parroto, tras un pase de Ismael, o porteiro visitante desbarata a vaselina do dianteiro.
Xogadas perigosas do UC Cee:  M. 13: tiro raso de Cristian, pegado ao poste dereito, ao que chega coa punta dos dedos o porteiro Abraham, enviando a saque de curruncho. M. 17: internada do visitante Andrés, pola banda dereita, centra medido a cabeza de Cristian cuxo remate váiselle alto. M. 38: pase en profundidade de José Carlos, sobre Andrés, este queda só ante Abraham, que rexeita con gran brillantez o remate a boca xerro do dianteiro. M. 47: empalme de Josiño en carreira dende 30 m. que sae fora por moi pouco. M. 66: dobre intervención colosal de Abraham, primeiro aos pes de Josiño e logo unha vaselina de Cristian.
Comentario:     Tras unha primeira parte moi relaxada da SCD Malpica, na que permitiu o dominio e as ocasións dun sempre perigoso e copeiro UC Cee, o conxunto malpicán, cansado da longa tempada e con moitas baixas na tarde de hoxe, reaccionou na segunda parte co marcador en contra, e, aínda que logrou embotellar ao equipo ceense, tamén con varias baixas, non foi quen de bater a un formidable Parroto, o heroe da eliminatoria, con paradas inverosímiles.
Despide pois a SCD Malpica, a formidable tempada realizada, aínda que, é unha mágoa que non igualara ao menos a actuación na “copa” da campaña pasada. En canto ao U.C. Cee, parabéns polo seu pase a semifinais.
           


Capis: Andrés e Fiúza co trio arbitral.










FASE ASCENSO A LIGA GALEGA XUVENIL:
SDC Polvorín     2 - 2   CF Dumbría         (Ida: 0-0)
CD Boiro           2 - 0   SCRD Esteirana  (Ida: 2-2)
Clasificados para seguinte rolda:  CF Dumbría e CD Boiro

FASE ASCENSO A LIGA GALEGA CADETE:
CD Dorneda     6 - 5  Cabana SD      (Ida: 1-1)
Xallas S.C.        3 - 0  SRD Ánimas    (Ida: 1-0)
 Ascende a "Liga Galega" Xallas S.C. pasa a seguinte rolda: CD Dorneda.

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!