Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

domingo, 1 de junio de 2014

Crónica do partido copeiro da SCD Malpica:



“LI” edición da “Copa da Costa” Cuartos de Final - Ida:
Resultado:         U C CEE    1–1   SCD MALPICA  
U C CEE:              Porrúa; Nico, Jorge, Jacobo, (Cristian, 46), Berto, Piquero, (Esteban, 60), Andrés, (Fiúza, 46), Angeliño, Diego Cespón, José Carlos, Penedo, (Josiño, 75).
SCD MALPICA:   Abraham; Mario Casal, Adrián, David Castro, Alemán, Andrés, (Ismael, 85), Fernando Varela, Juan Carlos, Abel, (Petís, 75, xuvenil), Eloy Cabeza, (Martín Maradona, 70), Óscar Suárez.    
Árbitro:            Sr. Álvaro Gil Soriano.- (1ª Aut.- A Coruña). Moi tarxeteiro. Debe moderar os impulsos.
Asistentes:       Sres. Taboada Dafonte e Vilariño Hidalgo. (3ª División e 2ª Aut.). Discretos.                 
Goleadores:     0-1, m. 19: Juan Carlos, faise co “coiro” na liña de tres cuartos e, dende uns 40 metros, lanza un fortísimo disparo que se cola pola escuadra. 1-1, m. 87: un centro longo de Fiúza sobre o punto de penalti, permítelle a José Carlos, cabecear o “coiro” con bastante certeza fora do alcance da gran estirada de Abraham.
Ambiente e incidencias:          Preto de 90 seareiros nas bancadas. Tarde soleada con forte vento do N.E. que desluciu o  intento de fútbol practicado. 20º de temperatura. Expulsados o local Nico (m. 55), por dobre amarela e o visitante Juan Carlos, (m. 60) con vermella directa. Non houbo mancados.        
Xogadas perigosas do UC Cee:           Na segunda parte co vento a favor, o UC Cee, creou un par de ocasións que desbaratou acertadamente o porteiro malpicán Abraham.         
Xogadas perigosas SCD Malpica:       A SCD Malpica, que tivo o vento a favor no primeiro tempo, a pesar do seu dominio territorial, só tivo unha xogada digna de mención, foi no m. 9, cando un centro de Mario Casal, rematouno moi ben dende a media lúa Abel, pero o “coiro” saíu lambendo o poste esquerdo da portería local.
Comentario:     Sacou un resultado positivo a SCD Malpica, nun campo complicado e, ante un equipo tremendamente “copeiro”, como é o UC Cee, por algo se lle coñece polo REI DE COPAS.
Non foi un partido moi vistoso, pero si moi competido que deixa a eliminatoria moi igualada para a volta en campo malpicán. 
           
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!


 Juan Carlos, protagonista do partido, marcou o gol malpicán e ademais foi expulsado.    



Ataque do UC Cee, sobre a porta de Abraham. 






 Saque d curruncho sobre a portería do UC Cee.-

Fotos cedidas por Wasi Calvo.-