= ÓSCAR
SUÁREZ, NOVO ADESTRADOR DA SCD MALPICA =
O ata de agora futbolista da
SCD Malpica, máximo goleador do equipo e da primeira autonómica con 25 goles, (22 liga 3 copa) o carballés, Óscar Suárez Serrano,
(16-06-74) é dende esta tarde – noite, o novo adestrador da SCD MALPICA, para a
tempada 2014 / 15.
Así llo confirmaron a este blogue, fontes fidedignas da
Xunta Directiva malpicán.
Óscar Suárez, como así se lle
coñece futbolisticamente, (cumprirá 40 anos o luns día 16). Esta en posesión de
título de Adestrador Nacional Nivel III,
máxima titulación para adestrar en toda clase de equipos en territorio español.
Óscar como futbolista, estivo
ligado a diversos equipos da “costa” en Primeira e Segunda Autonómica, tamén defendeu
as cores noutras zonas e categorías, como o Atl Arteixo, Bergantiños FC, etc.
Como adestrador, estivo entre
outros, San Lourenzo de Verdillo, C.C.D. Cerceda, (2º con Nando), categorías
base do Bergantiños FC, etc.
Agora, a punto de cumprir os
40 anos e, aínda que se atopa nun momento de forma espléndido, tal como
demostrou na tempada que acaba de finalizar, quere deixar o fútbol activo e
continuar a súa carreira como adestrador. O conxunto malpicán é unha boa pedra
de toque para demostrar as súas dotes de técnico e conseguir coa maior parte
dos seus excompañeiros do Malpica, os éxitos acadados como futbolista.
Dada a súa valía deportiva
demostrada ao longo de mais de vinte anos de competición, nin o clube nin os socios
e afeccionados da SCD Malpica, dubidan da súa capacidade.
AGORA E SEMPE COA SCD MALPICA!