“LI”
Edición da “Copa da Costa” afeccionados, Cuartos de Final (Volta):
Campo : “Pedra Queimada” (100 x 60) (Malpica)
Equipos : SCD MALPICA – UC CEE
Data e hora : Domingo: 08-06-14, 19:00 horas
Árbitro : : Sr. Acuña Piñeiro.(1ª Aut.- A Coruña).
Asistentes : Sres. Taboada Dafonte e Patricio Blanco. (3ª División e 2ª Aut. A Coruña)
Demostrou o UC Cee, ser un equipo difícil de bater, por algo ten o san “alcume”
do “REI DAS COPAS”. Por elo,
presentase moi complicado para á SCD Malpica poder dobregar ao conxunto ceense.
O equipo da SCD Malpica, moi canso a
estas alturas da tempada, logo de terminar a pasada o 29 de xuño, coa final
contra o X.S.C., continuar cunha pretempada cos trofeos do Silva (A Coruña) o At.
Arteixo, (Arteixo) e “Copa da Deputación” , todos eles no mes de Xullo (contou tan
só con 20 días descanso), empalmando 34 xornadas de liga e pasando xa dúas
eliminatorias de “copa”. É moi normal que os futbolistas teñan as pernas e a
cabeza moi afectadas pola competición. Pese a elo, unha vez que están dentro
dos cuartos de final, queren facer un último esforzo para chegar polo menos as
semifinais.
Non vai ser doado, pois aos motivos anteriormente citados, os malpicáns, segundo
me comentan oficiosamente, vai contar para o partido de volta con moitas baixas:
por lesión, sanción e traballo, tendo moi complicado David Baña, formar un
equipo competitivo, tendo ao parecer que botar man de varios xuvenís.
Así as cousas, o UC Cee, que tan só contará coa baixa do sancionado Nico,
fórmano unha mestura de futbolistas novos e veteranos, prevalecendo mais destes
últimos, forxados xa en mil batallas e moito menos cansos ca os malpicáns. O
partido promete interesante estando a eliminatoria ao 50%.
Na ida o resultado foi:
01-06-14: UC CEE 1-1
SCD MALPICA (Goles:
0-1, m. 19: Juan Carlos. 1-1, m. 87: José Carlos).
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!