= ADEUS A
DAVID BAÑA =
O notable adestrador da SCD Malpica, David Baña Ramírez,
(David Baña) cesará no conxunto malpicán ao final da presente campaña, así llo
informou a Xunta Directiva en reunión amigable mantida cos responsables do
clube en días pasados.
David Baña, tamén o puxo en coñecemento do autor deste
Blogue, para que saia divulgado a través das redes sociais, e por se hai algún clube
interesado en contratar os seus servizos para tempadas vindeiras, o adestrador atópase
aberto a recibir ofertas.
David Baña, chegou a SCD Malpica, a mediados da tempada 2011 / 12, (26-11-11) en substitución
de Manuel Agílda, co equipo na parte baixa da táboa, dende a súa chegada foi
escalando peldaños ata conseguir un meritorio 5º posto, que lle dou a opción de
disputar a promoción de ascenso a Primeira Autonómica (tras renuncia do CF Corme 3º clasificado). A promoción,
disputárona os equipos do Lamela CF, SD Brión e SCD Malpica, ascendendo
posteriormente o Lamela CF e os malpicáns, tras cambio do Club do Mar de Caión ao
grupo 1º.
Na tempada 2012 / 13, na Primeira Autonómica, logrou
clasificar á SCD Malpica, nun honroso 7º
posto, con 48 puntos, resultado de: 13 partidos gañados, 9 empatados e 12
perdidos, con 56 goles a favor e 54 en contra. Logrando ademais o subcampionato
da “copa da costa” ante o Xallas da S. Comba (0-1).
Igualmente na Primeira Autonómica, na 2013 /
14, a SCD Malpica, quedou nun sobresaínte 4º posto, loitando ata o penúltimo partido polo subcampionato,
sumou 65 puntos, gañou 18 partidos, empatou 11 e perdeu 5, (record de partidos perdidos nunha tempada ao longo da historia pola
SCD Malpica) marcou 62 goles e tan só encaixou 36.
Con anterioridade David Baña, adestrou aos equipos base
do Oseiro, Atl. Arteixo, Victoria xuvenil
na Liga Galega e SD Sofán, 2ª Autonómica.
A Directiva da SCD Malpica, agradécelle os
servizos prestados ao longo destas dúas tempadas e media, ao mesmo tempo que
lle desexa os éxitos que como adestrador e persoa se merece, agradecemento que
se fai extensivo por parte do autor deste Blogue.
Non obstante, ambos (Directiva, Adestrador e Autor do Blogue), desexamos
que antes de irse, consiga clasificar ao equipo para segunda final consecutiva
da “COPA DA COSTA”.
Moita sorte Baña.-
AGORA E SEMPE COA SCD MALPICA!