“LI” edición da “Copa da Costa” Cuartos de Final - Volta:
Resultado: SCD MALPICA 2–2 U C CEE
SCD MALPICA: Abraham; Adrián, Manu Casal, Andrés, © (Almeida (x) m.87), Mario Casal, Fernando
Varela, Petís, (x), Ismael, Óscar Suárez, Martín Maradona, Eloy, (x), (Cheo, m . 62).
U C CEE: Parroto; Fiúza, © Jorgito, Jacobo, Berto, Angeliño, Andrés, (Javier, 46), Josiño,
Cristian, José Carlos, Penedo, (Esteban, 72, (x).
Árbitro: Sr. Acuña Piñeiro.- (1ª Aut.- A Coruña). 1ª parte desapercibido. Na 2ª, non viu ou non quixo ver dúas
xogadas que puideron marcar o partido. (M. 56), derrubo de Fiúza a Petís dentro
da área e (m. 64), blocaxe do “coiro” por parte do porteiro Parroto medio metro
fora da área.
Asistentes: Sres. Taboada Dafonte e Patricio Blanco.- (3ª División e 2ª Aut.- A Coruña).
Regulares.
Xogadas perigosas SCD Malpica: M. 5:
pase de F. Varela sobre Petís este cede a Manu Casal que
intenta unha vaselina a que Parroto, atalla acertadamente. M. 32: sorpresivo empalme do xuvenil Eloy, que sae a ras do poste
esquerdo de Parroto. M. 50: falta
lanzada por Manu Casal, dende uns 40 metros, escorado a banda dereita, o “coiro”
tras botar diante da portería ía entrar
na meta, pero milagrosamente Parroto, saca unha man e desvía a saque de
curruncho; botado este con moito efecto por F. Varela, da no poste
esquerdo e sae rexeitado. M. 56: xogada
individual do xuvenil Petís, pola banda esquerda, burla a entrada de Fiúza e,
cando se ía cara portería e derrubado polo defensor, o sr. colexiado, en lugar
de sinalar a pena máxima, sanciona con falta e tarxeta ao malpicán. M. 64: nun perigoso ataque da dianteira
malpicán, o porteiro Parroto sae ata a media lúa a facerse co “coiro”, de novo
o colexiado non sanciona a infracción. M.
75: saque de curruncho que lanza Manu Casal, testarazo de Cheo, a boca xerro, gran
parada de Parroto. M. 81: internada
de Cheo, pola dereita cun medido centro sobre a testa de Óscar Suárez, que sae
lambendo o poste, cando se cantaba o gol. M.
86: Martín Maradona, plántase só ante Parroto, tras un pase de Ismael, o
porteiro visitante desbarata a vaselina do dianteiro.
Xogadas perigosas do UC Cee: M. 13: tiro raso de Cristian, pegado ao poste dereito, ao que chega coa punta dos
dedos o porteiro Abraham, enviando a saque de curruncho. M. 17: internada do visitante Andrés, pola banda dereita, centra
medido a cabeza de Cristian cuxo remate váiselle alto. M. 38: pase en profundidade de José Carlos, sobre Andrés, este
queda só ante Abraham, que rexeita con gran brillantez o remate a boca xerro do
dianteiro. M. 47: empalme de Josiño
en carreira dende 30 m. que sae fora por moi pouco. M. 66: dobre intervención colosal de Abraham, primeiro aos pes de
Josiño e logo unha vaselina de Cristian.
Despide pois a SCD Malpica, a formidable tempada realizada, aínda que, é
unha mágoa que non igualara ao menos a actuación na “copa” da campaña pasada.
En canto ao U.C. Cee, parabéns polo seu pase a semifinais.
Capis: Andrés e Fiúza co trio arbitral.
FASE ASCENSO A LIGA GALEGA XUVENIL:
SDC Polvorín 2 - 2 CF Dumbría (Ida: 0-0)
CD Boiro 2 - 0 SCRD Esteirana (Ida: 2-2)
Clasificados para seguinte rolda: CF Dumbría e CD Boiro
FASE ASCENSO A LIGA GALEGA CADETE:
CD Dorneda 6 - 5 Cabana SD (Ida: 1-1)
Xallas S.C. 3 - 0 SRD Ánimas (Ida: 1-0)
Ascende a "Liga Galega" Xallas S.C. pasa a seguinte rolda: CD Dorneda.
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!