Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

jueves, 30 de agosto de 2018

Actualidade da SCD Malpica:


=CUARTO AMIGABLE DA TEMPADA=

   Tralos tres últimos amigables disputados pola SCD Malpica, que se saldaron con un empate e dúas derrotas, (2-2 ante Soneira, 3-1 en Tordoia e 2-3 en Malpica fronte ao Buño) o conxunto malpicán continúa a súa preparación de pretempada, con vistas ao inicio da liga que comezará o 16-09-18.

   Para este cuarto partido, á SCD Malpica recibirá na "Pedra Queimada" ao Camariñas FC, equipo punteiro da "liga da costa" durante moitas tempadas, aínda que esta campaña terá que disputala na Terceira Autonómica, por primeira vez na súa longa historia de 41 tempadas.

   SCD MALPICA - CAMARIÑAS FC
   DOMINGO: 02-09-18 -  18:00 HORAS.

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!  

sábado, 25 de agosto de 2018

Actualidade da SCD Malpica:


    Un tiro á cepa do poste en falta directa lanzada por Dani Casal e a expulsión de Manteca ao protestar a falta que ocasionou o segundo gol do Buño SCD, culpables da segunda derrota da SCD Malpica no terceiro amigable da tempada. 

     Campo: "Pedra Queimada" (Malpica).
     Resultado: SCD Malpica 2 - 3 Buño SCD.
     Goleadores: 1-0, m. 18: Brais Ceán. 1-1, m. 50: Borja Gándara. 2-1, m. 65: Manteca de cabeza. 2-2, m. 72: Antelo, de falta. 2-3, m. 80: Antelo. 

     Aliñación da SCD Malpica: Toni; Manteca, Berlarmino, Juan Fuentes, Laik; Migueliño, Alberto Hombre, Aitor, Dani Casal; Brais Ceán, Pedro. 
     Tamén xogaron: Ángel Lamas, Jorge, Loureiro, Fabio e Dimitri.

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!
 

miércoles, 22 de agosto de 2018

Actualidade da SCD Malpica:

   
TERCEIRO PARTIDO AMIGABLE DA TEMPADA:




     Á SCD Malpica e o Buño SCD, disputarán na "Pedra Queimada" hoxe venres día 24-08-18, ás 20:45 horas, un amigable, en proba da boa vecindade reinante entre ambos os dous clubes.

    Ambolos dous equipos, darán a coñecer neste partido, ás fichaxes realizadas para á presente tempada e no que presentan varias novidades. 

    Arbitrará un colexiado federado para evitar que, en caso de producirse algunha lexión, esté cuberta pola Mutualidade de futbolistas españois.

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

sábado, 18 de agosto de 2018

Actualidade da SCD Malpica:


SEGUNDO AMIGABLE DA TEMPADA:

  Á SCD Malpica, disputou na noite de hoxe en Tordoia (equipo da 1ª Autonómica), o segundo partido da pretempada, no campo "Gorgullos", fronte á SD Tordoia.

 Á directiva malpicán, adquiríra un compromiso co adestrador do conxunto de Tordoia para ir a disputar un amigable ao seu campo, pero non contaba que a última hora tivera as baixas de Gonzalo Vilariño e Brais Lado, ademais no descanso, por motivos particulares, tiveron que abandoar o equipo Dani Casal e Juan Fuentes, en total catro puntais, tendo que aliñar de dianteiro o segundo porteiro, Ángel Lamas, por falta de efectivos.

 Resultado: SD. TORDOIA  3 - 1  SCD MALPICA

 Goleadores:  0-1, min. 37: Dani Casal. 1-1, min. 75: Gonzálo. 2-1, min. 83: Rubén Fariña. 3-1, min. 88: Rubén Fariña.

 O encontro como pode apreciarse nos minutos que se moveu o marcador, foi moi nivelado ata os último cuarto de hora, onde, as baixas indicadas no equipo da SCD Malpica mermaron o seu potencial.

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

lunes, 13 de agosto de 2018

Actualidade da SCD Malpica:


  TROFEO "FESTAS DO MAR":

   Xa hai cartel para o trofeo "Festas do Mar" de Malpica. 

  Tralas xestións realizadas polo Presidente malpicán e a súa xunta directiva, e, tras contactar con diversos clubes, os cales por diversos motivos de axenda non dispuñan de data libre, ao final ás xestións fructificaron e será o BUÑO SCD, o que, xunto coa SCD MALPICA, disputen o preciado "trofeo" o vindeiro día 24 de Agosto (venres), ás 20:00 horas, no campo de "Pedra Qeimada".

  Con anterioridade, este venres día 17-08-18, á SCD Malpica, desprázase a localidade de Tordoia a enfrontarse, tamén nun trofeo das "festas", á SD TORDOIA, ás 21:00 horas, equipo este encadrado na 1ª Galicia.

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA! 

domingo, 12 de agosto de 2018

Actualidade da SCD Malpica:


PRIMEIRO AMIGABLE DA TEMPADA:


     Con vistas a preparación da nova Tempada 2018/2019, á SCD Malpica, foi convidado pola SD Soneira de Vimianzo, localidade que se atopa en festas, para celebrar o primeiro partido amigable.
    Encontro clásico de pretempada, aínda que resultou entretido con algunha xogada de mérito por ambos conxuntos.
     O equipo local moito mais rodado (pois ben de participar na copa Deputación da Coruña, ante Fisterra e Boiro), mostrouse mais conxuntado, non obstante á SCD Malpica baixo ás odes do novo adestrador "Gurita", desenvolveuse con bastante soltura, a pesar da xuventude coa que conta nas súas ringleiras (con ata tres futbolistas en idade xuvenil).   

     O partido celebrouse no campo Municipal de Vimianzo, baixo a dirección do colexiado coruñés Sr. Insua Lago, que invalidou un gol a cada equipo, por fora de xogo.

     O resultado final foi:  SD SONEIRA  2  -  2   SCD MALPICA.

     Goleadores:  1-0, min. 17: Basti. 1-1, min. 36: Brais Lado. 2-1, min. 39: Basti. 2-2, min. 46: o xuvenil Martín.

      O conxunto malpicán formou co seguinte equipo inicial:

      Toni; Brais Cean, Manteca, Juan Fuentes, Jorge, Gonzalo, Alberto Hombre, Pedro, Brais Lado, Dani Casal, Martín.
Tamén xogaron: Ángel, Dimitri, Andy, Fabio, Loureiro, Aitor.
 


AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA

jueves, 9 de agosto de 2018

Actualidade da SCD Malpica:


  Tras unha serie de discrepancias surdidas entre as directivas dalgúns dos clubes do Concello de Malpica, os cales non respetaron os pactos acordados entre eles e o propio Concello malpicán, para fomentar o deporte base do fútbol; á SCD Malpica, representante titular da Vila e tamén do campo de fútbol "Pedra Queimada"; esta tempada vese avocada a competir só en categoría de afeccionados, moi a pesar da Xunta Directiva.

  Ata o momento, á SCD Malpica, conta con novo adestrador e con dezaoito futbolistas, dos cales repiten varios da tempada pasada, caso de Manteca, Dani Casal, Gonzálo, Juan Fuentes, Jordan, Nacho, Martín, Ángel Lamas, etc..Son novas altas: Toni (Mazaricos), Alberto Hombre, Áitor Vila...

 Oportunamente se informará da plantilla completa, pois faltan por confirmar algúnha incorporación.

  PARTIDOS AMIGABLES PROGRAMADOS DE PREPARACIÓN PARA TEMPADA:
  
   Sábado, 11-08-18, 19:00 horas, Campo Municipal de Vimianzo: SD Soneira-SCD Malpica.

   Venres,  17-08-18, 20:30 horas, Campo, Gorgullos-Tordoia:  Tordoia CF-SCD Malpica. 

   Sábado, 25-08-18, 18:30 horas, Campo "Pedra Queimada"   SCD Malpica-Sin confirmar.

   Domingo, 02-09-18, 18,30 horas, Campo "Pedra Queimada": SCD Malpica-Camariñas.

   A competición da "Liga da Costa", comezará o domingo: 16-09-18.

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!