Tras unha serie de discrepancias surdidas entre as directivas dalgúns dos clubes do Concello de Malpica, os cales non respetaron os pactos acordados entre eles e o propio Concello malpicán, para fomentar o deporte base do fútbol; á SCD Malpica, representante titular da Vila e tamén do campo de fútbol "Pedra Queimada"; esta tempada vese avocada a competir só en categoría de afeccionados, moi a pesar da Xunta Directiva.
Ata o momento, á SCD Malpica, conta con novo adestrador e con dezaoito futbolistas, dos cales repiten varios da tempada pasada, caso de Manteca, Dani Casal, Gonzálo, Juan Fuentes, Jordan, Nacho, Martín, Ángel Lamas, etc..Son novas altas: Toni (Mazaricos), Alberto Hombre, Áitor Vila...
Oportunamente se informará da plantilla completa, pois faltan por confirmar algúnha incorporación.
PARTIDOS AMIGABLES PROGRAMADOS DE PREPARACIÓN PARA TEMPADA:
Sábado, 11-08-18, 19:00 horas, Campo Municipal de Vimianzo: SD Soneira-SCD Malpica.
Venres, 17-08-18, 20:30 horas, Campo, Gorgullos-Tordoia: Tordoia CF-SCD Malpica.
Sábado, 25-08-18, 18:30 horas, Campo "Pedra Queimada" SCD Malpica-Sin confirmar.
Domingo, 02-09-18, 18,30 horas, Campo "Pedra Queimada": SCD Malpica-Camariñas.
A competición da "Liga da Costa", comezará o domingo: 16-09-18.
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!