Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

sábado, 29 de febrero de 2020

Fútbol da "Costa", resultados e clasificación da xornada:


   AFECCIONADOS:

   Á SCD Malpica, volveu a dar a de area na "Pedra Queimada" ao caer derrotado estrepitosamente ante ante un correoso Cabana SD, que se levou os tres puntos merecidamente grazas á ilusión e a intensidade, da que carece nestes intres o conxunto malpicán.
  Formación da SCD Malpica: Ángel Lamas; (Damián, 58), Juan Fuentes, Ceide, Dimitri, (Lucio, 28), Belar; Migueliño, Mante, Alb. Esmoris, Alb. Hombre, (Kevin, 62), Jairo, Adrián, (Aitor, 46).
  Goleadores: 0-1,m. 12: Pablo, de remate no segundo pau. 0-2, m. 43: Cachadiña, de falta lateral directa. 0-3, m. 48: Iván Castro, de remate de cabeza libre de marca. 1-3, m. 60: Mante, cabezazo despois dun saque de curruncho. 2-3, m. 74: Aitor, a centro de Jairo. 2-4, m. 81: Sergio Ferreiro, anticipándose a defensa local tras un saque de falta lonxana.
 Incidencias e tarxetas locais: Tarde gris con moita chuvia, 11º . Uns 75 seareiros nas bancadas, a maior parte de Cabana.
Tarxetas a Juan Fuentes (A), Lucio (A), Jairo, (DA) e expulsado.
Resultados e clasificacións despois da 24ª xornada:

VETERANOS:


   Os Veteranos da SCD Malpica, seguen, nesta segunda parte da liga, a ruta para alcanzar uns dos catro primeiros postos que dan dereito a disputar o ascenso á División de Honra.
 Hoxe no campo de "Xaviña" conseguiu a sétima imbatibilidade das oito xornadas que se levan xogado nesta segunda volta, vencendo ao Xornes FC (1-2).
  Xogaron polo Malpica: Nacho; Alb. Seaia, Alb. Barizo. Suso Zas, Nando Couto; Mútio, Arcay, Marco, Palermo, Alb. Carballo, Richard. 
  Goleadores: 0-1, m. 1: Palermo. 0-2, m. 61: Palermo. 1-2, m. 67: Joaquín.
Resultados e clasificacións logo da 21ª xornada:
 


XUVENÍS:
  Disputáronse na mañá de hoxe os partidos da 22ª xornada da Primeira Autonómica Xuvenil da "Costa", os resultados acadados na xornada son os que a continuación se detallan na táboa que mais abaixo se publíca, así como a clasificación actualizada:

"LVII EDICIÓN DA COPA DA COSTA" 

   Tamén esta mañá, celebrouse na Vila de Muros, o sorteo da LVII edición da "Copa da Costa", coa presenza do Presidente da RFGF, e a maioría dos directivos dos equipos "costeiros", Igualmente, tamén se procedeu ao sorteo da "Copa da Costa" feminino.
  A competición comezará o 01-05-20, cunha eliminatoria previa e finalizará coa grande final o 21-06-20.
  A previa disputarána os equipos de Cabana SD-CSD Sofán (01-05-20) e o CF Porteño-SD Laxe, o 03-05-20.
  Polo que respecta á SCD Malpica, comezará a súa participación nos dezaseisavos de final o 10-05-20, enfrontándose ao Ponteceso SD no campo do "Pinguel". Esta data podería ser trocada, se o Ponteceso SD, esta inmerso nalgunha promoción.-
  Todos os encontros, até aos Oitavos de Final inclusive, serán a partido único.

 AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

viernes, 28 de febrero de 2020

Axenda de partidos da SCD Malpica, para esta fin de semana:


   Segundo partido consecutivo da SCD Malpica na "Pedra Queimada", este domingo visítanos o Cabana SD.

   Un rival, que anda merodeando polos últimos postos da táboa clasificatoria, que, si ben nos últimos partidos tivo un lixeira melloría, anda loitando co CD Baiñas para escapar de posibles arrastres que poden surdir da 1ª Galicia.
  
   O Cabana SD, foi fundado na Tempada 1981/82 causando baixa temporal, na Tempada 2003/04, estivo unha tempada sen competir dándose de novo de alta na Tempada 2005/2006, na que continúa. Leva 37 Tempadas competindo, repartidas entre: Seis en 1ª, dezasete en 2ª e catorce en 3ª.
   
   Ao longo das 37 tempadas, conseguiu 3 Ligas (T. 85/86, 89/90 e 2002/03 e 1 Copa da Costa T. 2002/03.

    Pola súa banda os homes de Adrián Bardanca (Gurita), agora convertido en adestrador-xogador, necesitan imperiosamente a vitoria para alcanzar o antes posible os 35 puntos para non verse con apuros ao remate da ligaa.

Campos, horarios e árbitros dos partidos para o domingo:

2ª Galicia - Grupo II – (Liga da Costa) 2ª volta – Xornada 24ª :

Campo            :           “Pedra Queimada”        (Malpica,100 x 60, herba artificial)                   
Equipos           :           SCD MALPICA    CABANA SD
Data e hora     :           Domingo: 01-03-20, 17:00 horas   
Árbitro             :          Sr. Bruno Méndez Castro, ( 3ª División, Colexio da Coruña)
                                   - - - - - - - - - - - - - -

1ª Galicia de Fútbol Veterano “Costa da Morte” 2ª volta – Xornada 21ª :

Campo            :           “Xaviña”                       (Buño, 99 x 60, herba artificial)
Equipos          :           XORNES FC   VETERANOS SCD MALPICA 
Data e hora     :           Domingo: 01-03-20, 11:00 horas                                                               
Árbitro            :           Sr. Adrián Carlos Villar Fdez., ()
                                       - - - - - - - - - - - - - - -

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

miércoles, 26 de febrero de 2020

Resultados partidos aprazados de xuvenis da "costa"


   Na tarde de hoxe martes, disputáronse dous partidos aprazados no seu día por causas diversas, correspondentes a Primeira Autonómica Xuvenil, Grupo 2º, os resultados que se deron foron os seguintes:
    Xornada 18ª:   CSD Sofán  4 - 1  SCRD Esteirana
           Id.  20ª :   Camariñas FC  1 - 5  Outes CF

    Despois destes enfrontamentos, a clasificación queda da forma seguinte:

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

sábado, 22 de febrero de 2020

Resultados da "costa" Xuvenis, Veteranos e Afeccionados:

AFECCIONADOS "COSTA":
  Nun encontro de rivalidade local, moi descafeinado, debído á actual mala clasificación do conxunto oleiro, a SCD Malpica venceu ao Buño SCD, por dous goles a cero.
  Partido soso e falto de calidade entre dous equipos que xa non espertan ante os seus escasos afeccionados que os seguen a expectación que espertaban hai varias tempadas onde os partidos entre "pescos" e "oleiros" atraían nambos campos numerosos afeccionados. Ademais, os locais abusaron en demasía do xogo individual, "vicio" que veñen realizando nas últimas xornadas que provocan as derrotas.
  Pola SCD Malpica xogaron: ÁNGEL LAMAS;  MANTE, CEIDE, DIMITRI, LAIK; MIGUELIÑO, ALBERTO ESMORIS, (KEVIN, 76), AITOR, JAIRO, XACO, (LUCIO, 51), ADRIÁN, (BRAIS CEÁN, 85).
  Goleadores: 1-0, m. 23: dobre erro dos dous centrais oleiros, que permiten que o "coiro" lle chegue a Jairo esperando o erro de ambos, éste bombea por enriba da media saída de Brais, introducindo o "coiro" na portería. 2-0, m. 45: tremenda bolea de Xaco dende 35 metros batendo a Brais que se atopaba algo adiantado.
  Incidencias:  Tarde moi fría con escasos seareiros nas bancadas, tan só uns 60. A directiva da SCD Malpica, obsequiou a todos afeccionados que acudiron ao partido, cun libro da historia do clube, dos autores: Héctor Pose e Luís Porto.
  Tarxetas aos malpicáns: Recibiron tarxetas: Laik, dobre amarela e polo tanto expulsado no min. 29, deixando aos malpicáns con 10. Migueliño, amarela min. 29.
Resultados e clasificacións da xornada 23ª:


AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!
 

VETERANOS-"COSTA"

   SORPRESIVA E AGRADABLE VITORIA DOS VETERANOS DA SCD MALPICA NO CAMPO DO "CAIRO" FRONTE AOS VETERANOS DO CORME CF, ACTUAL SEGUNDO CLASIFICADO DA LIGA, (0-3).
   OS MALPICÁNS, QUE FIXERON UN GRAN PARTIDO, FOMENTARON A VITORIA NO PRIMEIRO TEMPO E REMACHARONA NA SEGUNDA PARTE.
   ALIÑACIÓN DOS MALPICÁNS: SUSO; ALBERTO SEAIA, ALBERTO BARIZO, ALBERTO CARBALLO, NANDO COUTO; MÚTIO, ARCAY, SUSO ZAS, PALERMO, NACHO, RICHARD.
   TAMÉN XOGARON: CHAVES, LUIS NAYA, LEO, ABEL, FDO. COUTO.
   GOLEADORES: 0-1, M. 19: PALERMO. 0-2, M. 47: NACHO. 0-3, M. 85: NACHO.

Resultados e clasificacións da xornada 20ª:  
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

XUVENIS "COSTA":

  Vinteava xornada de liga da 1ª Autonómica xuvenil disputada na tarde de hoxe, na que se deron os resultados que a continuación se detallan coa clasificación que que tamén se relaciona:


AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

jueves, 20 de febrero de 2020

Partidos da SCD Malpica desta fin de semana:


   Recibe a SCD Malpica este vindeiro domingo ao rival local, Buño SCD, equipo oleiro que gozou de extraordinarias batallas na "Liga da Costa" pero que na actualidade esta en horas moi baixas, até o punto de que se atopa fundido no último posto da táboa con moi poucas posibilidades de salvar a categoría, salvo unha milagre.
  O Buño SCD, foi fundado o 10.10.64 ao finalizar a  "Liga da Costa" (T. 63/64), pero os clubes fundadores, deixáronlle participar nes mesma tempada na "Copa".
  O clube oleiro dende a indicada fundación, sufriu varios movementos de alta e baixa que se sinalan a continuación:
  Alta: T. 63/64 - Baixa: T. 70/71 - Alta: 75/76 - Baixa : T. 87/88 - Alta: T. 92/93, na que continúa...
en total acredita 47 tempadas competindo, das cales: 38 son na 2ª categoría e 9 na 3ª.
  Ao longo destas tempadas, conseguiu 3 ligas (T. 68/69-78/79-09/10, e 2 copas da costa /T. 67/68-69/70.
  Actualmente e colista da táboa con 9 puntos dun partido gañado e 6 empatados.
  A SCD Malpica, que leva unha xeira negativa de catro partidos seguidos perdidos, dous deles en campo propio, cunha renda de 14 goles encaixados e só 4 marcados, cun descenso significativo na táboa, o que lle fai perigar o mantemento da categoría, ten este domingo a posible necesidade de resarcirse ante os seus afeccionados ante un rival que, noutro momento sería moi complicado, pero que nestes intres e, debído ao posto que este ocupa, de conseguir os tres puntos para fuxir cara enriba na táboa.
  Para elo o "mister" e agora tamén futbolista Adrián Bardanca, poderá contar entre outros, con Migueliño e Aitor, ausentes a pasada xornada.

VETERANOS: 
  Difícil compromiso teñen os veteranos da SCD Malpica o vindeiro domingo no "Cairo" ante o Corme CF, equipo que marcha no segundo posto da táboa; pero, tras cinco xornadas sen coñecer a derrota, os malpicáns se desprazan con moitas gañas de continuar coa racha para aproximarse ao cuarto posto que da dereito a disputar a promoción de ascenso.
  Campos, árbitros e horarios dos partidos:

Axenda de partidos da SCD Malpica para a fin de semana:

2ª Galicia - Grupo II – (Liga da Costa) 2ª volta – Xornada 23ª :

Campo            :           “Pedra Queimada”        (Malpica,100 x 60, herba artificial)                   
Equipos           :           SCD MALPICA    BUÑO SCD
Data e hora     :           Domingo: 23-02-20, 16:30 horas   
Árbitro             :          Sr. Pablo Rama Cotelo, (Preferente Galicia, Colexio da Coruña)
                                   - - - - - - - - - - - - - -

1ª Galicia de Fútbol Veterano “Costa da Morte” 2ª volta – Xornada 20ª :

Campo            :           “O Cairo”                      (Malpica, 96 x 55, herba artificial)
Equipos           :           CORME CF    VETERANOS SCD MALPICA  
Dataehora Domingo:23-02-20,12,00horas                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                         
Árbitro            :           Sr. David Castreje Ferrío, (1ª Galicia, Colexio da Coruña)
                                       - - - - - - - - - - - - - - -

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!


sábado, 15 de febrero de 2020

Resultados e clasificacións da última xornada da "Costa":

AFECCIONADOS:
  Segunda goleada sonsecutiva recibida pola SCD Malpica, esta vez, no "Eleuterio Balaio" de Muros, ante o conxunto local.
  Os malpicáns, que se adiantaron no marcador nada mais comezar o partido (m.3),volveron a reiterar o exceso de individualismo que existe nestes intres no equipo, o cal, se o adestrador non lle pon remedio e os futbolistas non o asumen, váilles ser difícil librarse dos postos de descenso, por que os de abaixo veñen lanzados, e, os Volantes de Baño e o Mazaricos,ameazan con posibles arrastres.
  Á SCD Malpica aliñou así: Damián; (Ángel Lamas,82),Dimitri,(Ceide,50), Andy, Lucio,(Brais Ceán,80),Laik;Juan Fuentes,Alb.Hombre,(Gurita,54),Alb.Esmoris,Xaco(Amarelle,80,Jairo
,Mante.
  Goleadores: 0-1,m.3:Mante.1-1,m.15:Iván Fdez.(P).2-1,m.24:Iván Caamaño.3-1,m.48:
Xavier Abeijón.4-1,m.70:Xavier Abeijón.
  Tarxetas aos malpicáns: Recibíron tarxetas (o 50% por protestar (?), M.10: Alb.Hombre.m.43:Jairo.m.62;J.Fuentes.M.83:Alb. Esmoris.

 VETERANOS:
  Nun gran partido de todos os futbolistas locais, os veteranos da SCD Malpica, doblegaron aos veciños de Leiloio por 3-0.
  A superioridade foi tal, que o partido non acabou en goleada de escándalo polos acertos do porteiro visitante e a falta d epuntería dos dianteiros locais.
Aliñación:Suso;LuísNaya,Alb.SeaiAlb.Barizo,Nando Couto;Mútio,SusoZas,Alb.Carballo,Palermo,
Nacho,Richard.
Goleadores: 1-0,m.22:Nacho.2-0,m.60.Mútio,3-0,m.60:Palermo.
Resultados e clasificación:




AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!







   
XUVENÍS:

   20ª XORNADA DA COMPETICIÓN DE XUVENÍS DA "COSTA GRUPO 2º, OS RESULTADOS E CLASIFICACIÓN DESTA ÚLTIMA XORNADA FORON OS QUE A CONTINUACIÓN SE DETALLAN:

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!