Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

viernes, 7 de febrero de 2020

Axenda de partidos da SCD Malpica para fin de semana:


  Correspóndelle á SCD Malpica, recibir na "Pedra Queimada" o vindeiro domingo, ao Lira CF. Conxunto que ocupa na actualidade o posto 12º na competición ligueira desta tempada con 21 puntos, tras 6 partidos gañados, 3 empatados e 11 perdidos, materializou 28 goles e encaixou 44. Á realidade é que esta a facer unha tempada bastante irregular, caendo no seu campo a xornada pasada ante o Buño.
BREVE HISTORIA:
   O Lira C.F., foi fundado para participar na "Liga da Costa", na tempada 1979/80, leva por tanto disputadas 40 tempadas, repartidas así: 8 en Primeira, 23 en Segunda e 9 en Terceira.
   TÍTULOS: Dúas ligas, (T.80/81 e 94/95) e Unha "copa da costa", (T. 95/96).
   Pola súa banda o "mister"da SCD Malpica poderá recuperar para este partido aos sancionados Aitor e Jairo, tras cumplir á súas respectivas sancións, aínda que, por igual motivo, non poderá contar con Xaco, expulsado en Esteiro nin cos mancados, Michi, Alb. Hombre e Marcos Núñez.
   Así as cousas o "mister", sen menospreciar a ningún rival, cre honestamente que agora se lle presenta para o seu equipo un calendario asequible fronte a rivais en teoría mais débiles ca os dous partidos anteriores, e, por elo, pensa que neste primeiro, a celebrar fronte ao Lira CF, pode ser o inicio dunha boa racha de vitorias para escalar postos na táboa, asío os esperan tamén os afeccionados malpicáns.
VETERANOS:
   Rende visita ao campo Municipal de Laracha, o equipo dos Veteranos da SCD Malpica, lugar onde o SP. Bértoa de Veteranos disputará o seu partido fronte aos malpicáns o vindeiro domingo.
   Os Veteranos da SCD Malpica, trala vitoria ante o Buño o pasado domingo, quere continuar pola senda dos triunfos para intentar achegarse ao 4º posto que da dereito a promoción de ascenso.
Horarios, campos e árbitros dos partidos: 

2ª Galicia - Grupo II – (Liga da Costa) 2ª volta – Xornada 21ª :

Campo             :           “Pedra Queimada”                    (Malpica, 100 x 60, herba artificial)                   
Equipos           :           SCD MALPICA   LIRA C.F
Data e hora     :           Domingo: 09-02-20, 16:30 horas   
Árbitro             :          Sr. Iván Ferreiro Santos, (2ª Galicia, colexio C. da Morte)
                                   - - - - - - - - - - - - - -

1ª Galicia de Fútbol Veterano “Costa da Morte” 2ª volta – Xornada 18ª :

Campo             :           “Municipal de A Laracha”          (A Laracha, 102 x 61, herba artificial)
Equipos           :           SPORTING BÉRTOA – VETERANOS SCD MALPICA
Datas e hora    :           Domingo: 09-02-20, 12:00 horas.-
Árbitro             :           Sr. Luís E. Pérez Fernández, (Colexio da Coruña)
                                       - - - - - - - - - - - - - - -

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!