Axenda de partidos da SCD Malpica para a fin de semana:
PREVIA AFECCIONADOS:
Partido matinal da SCD Malpica (Muros 12:00 horas),
imposto polo equipo muradán.
Unha hora bastante anormal para disputa dun partido de
afeccionados, pero os malpicáns acuden con gañas,
teñen a baixa de Migueliño por sanción, pero recuperan
a Xaco.
O CD Muros, (antes Muros SD), foi fundado na Tempada 1979/80, causando Baixa
temporal na T. 2002/03. Causando Alta de novo na T. 2006/2007 e volvendo a causa
Baixa temporal na T. 2013/14.
Xa coma CD Muros, causou alta de novo na T. 2017/18, na que continúa...
Leva competindo 34 tempadas repartidas en: 10 en 1ª, 17 en 2ª e 7 en 3ª, neste
tempo conseguiu dous títulos de liga: T. 90/91 2ª e 06/07 3ª.
Marcha na actualidade no 9º posto da táboa con 27 puntos, os mesmos ca á SCD Malpica.
Partido moi incerto no resultado, pero que os malpicáns esperan romper a racha de derrotas.
VETERANOS:
Pola súa banda os Veteranos da SCD Malpica, reciben na "Pedra Queimada"
ao Sp. Bértoa de Veteranos, ao que esperan vencer para ir aproximándose a
ese 4º posto que da dereito á promoción de ascenso á División de Honra.
Campos, horarios e árbitros da xornada:
2ª Galicia - Grupo II – (Liga da Costa) 2ª volta – Xornada 22ª :
Campo : “Eleuterio Balayo” (Muros,
96 x 55, herba artificial)
Equipos : C.D. MUROS – SCD MALPICA
Data e
hora : Domingo: 16-02-20, 12:00 horas
Árbitro : Sr. Pedro Mirazo Insua, (2ª Galicia, colexio Santiago)
-
- - - - - - - - - - - - -
1ª Galicia de Fútbol Veterano “Costa da Morte” 2ª volta – Xornada 19ª :
Campo : “Pedra Queimada” (Malpica,
100 x 60, herba artificial)
Equipos : VETERANOS
SCD MALPICA – CLUB VETERANOS DE LEILOIO
Datas e
hora : Domingo:
16-02-20, 10:30 horas.-
Árbitro : Sr. Bruno Méndez Castro, (3ª División, Colexio da Coruña)
- - - - - - - - - - - - - - -