AFECCIONADOS "COSTA":
Nun encontro de rivalidade local, moi descafeinado, debído á actual mala clasificación do conxunto oleiro, a SCD Malpica venceu ao Buño SCD, por dous goles a cero.

Pola SCD Malpica xogaron: ÁNGEL LAMAS; MANTE, CEIDE, DIMITRI, LAIK; MIGUELIÑO, ALBERTO ESMORIS, (KEVIN, 76), AITOR, JAIRO, XACO, (LUCIO, 51), ADRIÁN, (BRAIS CEÁN, 85).

Incidencias: Tarde moi fría con escasos seareiros nas bancadas, tan só uns 60. A directiva da SCD Malpica, obsequiou a todos afeccionados que acudiron ao partido, cun libro da historia do clube, dos autores: Héctor Pose e Luís Porto.
Tarxetas aos malpicáns: Recibiron tarxetas: Laik, dobre amarela e polo tanto expulsado no min. 29, deixando aos malpicáns con 10. Migueliño, amarela min. 29.
VETERANOS-"COSTA"
SORPRESIVA E AGRADABLE VITORIA DOS VETERANOS DA SCD MALPICA NO CAMPO DO "CAIRO" FRONTE AOS VETERANOS DO CORME CF, ACTUAL SEGUNDO CLASIFICADO DA LIGA, (0-3).
OS MALPICÁNS, QUE FIXERON UN GRAN PARTIDO, FOMENTARON A VITORIA NO PRIMEIRO TEMPO E REMACHARONA NA SEGUNDA PARTE.
ALIÑACIÓN DOS MALPICÁNS: SUSO; ALBERTO SEAIA, ALBERTO BARIZO, ALBERTO CARBALLO, NANDO COUTO; MÚTIO, ARCAY, SUSO ZAS, PALERMO, NACHO, RICHARD.
TAMÉN XOGARON: CHAVES, LUIS NAYA, LEO, ABEL, FDO. COUTO.
GOLEADORES: 0-1, M. 19: PALERMO. 0-2, M. 47: NACHO. 0-3, M. 85: NACHO.
Resultados e clasificacións da xornada 20ª:
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!
XUVENIS "COSTA":
Vinteava xornada de liga da 1ª Autonómica xuvenil disputada na tarde de hoxe, na que se deron os resultados que a continuación se detallan coa clasificación que que tamén se relaciona:
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!