Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

viernes, 29 de abril de 2016

Axenda de partidos da SCD Malpica para esta fin de semana:



IV edición da 1ª Autonómica Grupo II –2ª volta - Xornada 33ª:

Campo             :           “O Carral”            (94 x 52, herba natural, Sofán)                       
Equipos           :           SD SOFÁN      SCD MALPICA   
Data e hora      :           Domingo: 01-05-16, 17:00 horas.-  
Árbitro             :          Sr. Antonio Fuentes Seoane.-(1ª Aut.-A Coruña).
Asistentes        :           Sres. Cedeira Méndez e Vázquez Lema.- (2ª Aut.-A Coruña).
            Penúltima xornada desta tempada da triste liga para as cores da SCD Malpica e para o pobo malpicán en xeral. O descenso de categoría despois de catro exitosas tempadas consecutivas na Primeira  Autonómica, (12/13, 13/14, 14/15 e 15/16) dan para moito que pensar, sobre todo para aqueles que se mostran e consideran orgullosos de ser de Malpica, pero polo visto esta tempada, só o son de “boquilla” non de corazón, así nos vai, non só no aspecto deportivo, senón tamén noutras facetas que se están deixando sentir na Vila, tales como as sociais, culturais e económicas, non hai mais ca votarlle unha ollada a Confraría, (proposta para un  ERE) ou as rúas da Vila durante toda á semana, non se parecen en nada ás dos anos 60 e 70, cando ducias de persoas se movían de enriba a baixo, agora isto só sucede un par de meses no estío.
            Pero ímonos centrar no partido do domingo no “Carral” fronte á SD Sofán, equipo, no que todos os malpicáns debemos mirarnos como espello, un conxunto humilde pero coidadoso, con varias categorías de fútbol base competindo, e, con moitos menos habitantes que Malpica, pero que, debido á gran labor dunha directiva que esta a facer un traballo encomiable está cun pe no segundo posto e acaricia a promoción de ascenso, mentres á SCD Malpica descende.
Á SD Sofán, alcanza os 63 puntos, produto de gañar 19 partidos, empatar 6 e perder 7. Marcou 64 goles e encaixou 33. O seu máximo goleador é: Raúl con 19, ségueno Javi Doldán con 15, J. Luís Fdez. con 8 e Iván Rei, con 7.
            A SCD Malpica, chega ao “Carral”  no penúltimo posto, (18 puntos) pero coa moral alta despois das catro últimas xornadas disputadas; despois de tres trocos de adestrador, o malpicán “Esmorís”, (este si é profeta na súa terra) logroulle inculcar ao grupo a intensidade e o espírito de combatividade, que lle faltaba, é unha mágoa que non chegara antes ao clube.
            Así as cousas, espérase un partido moi competido na que os malpicáns intentaranlle por as cousas difíciles aos sofanistas pero moi deportivamente.  
Resultado da Primeira Volta:
20-12-15:  SCD MALPICA  0–3  SD SOFÁN  (Goles: 0-1, m. 37: Javi Doldán. 0-2, m. 51: Álex Pri. 0-3, m. 56: Iván Rei).

         

XIII Edición da “Liga da Costa” de Fútbol Veterano – 2ª Volta – Xornada 30ª:
Campo             :           “Pedra Queimada”   (100 x 60, herba artificial, Malpica)
Equipos           :           MALPICA   -   UD CERQUEDA
Datas e hora    :           Domingo: 01-05-16, 11:00 horas.-
Árbitro             :           Sr. .-
Resultado da 1ª volta:
U D CERQUEDA   0 – 4   MALPICA

             AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!           

martes, 26 de abril de 2016

Goleadores:



1ª Autonómica  G.2º, futbolistas dos equipos “costeiros”:  Volveu a senda dos goles o soneirán Basti, que, co gol conseguido en Malpica achégase un pouco mais ao “Pichichi” pois a falta de dúas xornadas continúa destacado na táboa dos goleadores cunha marxe de 5 goles sobre Raúl, (SD Sofán) que, aínda que tamén marcou fronte ao Unión mantén a mesma vantaxe de goles.  A 8 goles de distancia, figuran o cormelán Lucas e a Piki, (Outes CF) que marchan empatados na 3ª praza con 16 goles, aínda que o da Serra, cun partido menos polo partido aprazado fronte ao Agolada.
       2ª Autonómica G 3º “liga da costa”:   Moito mais apertada esta a disputa ao trofeo “pichichi” nesta categoría, pois se hai apenas unhas xornadas David Blanco (SP. Zas), era o máximo candidato pero Adrián Makaay (SD Fisterra) logrou alcanzalo, tamén por que o sportinguista, leva dúas xornadas sen xogar, agora están empatados a 37 goles, unha cifra moi considerable que bate records.
 Álex Flores (SD Castriz), e o camariñán Yuyo, están aí a expectativa con 32 e 31 tantos cada un.
           Así as cousas, véxanse as táboas da clasificación que se reflexan a continuación modificadas despois da 32ª xornada:





AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

domingo, 24 de abril de 2016

Crónica do partido da SCD Malpica-SD Soneira:



IV edición da 1ª Autonómica, Grupo II – (2ª volta) – 32ª Xornada:
Resultado:                   SCD MALPICA   1 – 2   SD SONEIRA   
SCD MALPICA:  Víctor; Alejandro Marquez, Alberto Marquez, Lolo, (Casais, 46), Roi Carril; Carlos Mallo, (M. Mara, 56), Eloi Vilas, ©  Migueliño, Jaco; (Eme, 81), Cololo, Petís.         
SD SONEIRA:     Anxo; Figueroa, (Brais Mouzo, 59), Maikel, (Fran de Urroa, 71), Jota, Aarón, Sandelo, (Óscar, 82), De la Sierra, © Richi, (Mayor, 61), Basti, Javi, (Nazo, 66), Vía Rápida.           
Árbitro:            Sr. Ángel Acuña Piñeiro-(1ª Aut.-A Coruña). Moi meritoria a súa labor, mandando, dialogando e aplicando ben o regulamento.
Asistentes:       Sres. Seoane Barros e Maneiro Santos.-(3ª e 2ª Aut.-A Coruña). Ambos os dous ben.
Goleadores:     0-1, m. 32: apertura de De la Sierra a banda dereita sobre un desmarcado Richi, este chega a liña de fondo e centra a media altura, Roi Carril, ao intentar rexeitar o centro introduce o “coiro” na portería de Víctor. 0-2, m. 41: Basti, recibe de Vía Rápida un pase entre liñas, intérnase na área ante dous contrarios, e, ante a saída de Víctor. Envía cun tiro raso e suave ao fondo da rede. 1-2, m. 47; gran xogada dos malpicáns por banda esquerda iniciada por Alberto Marquez sobre Jaco este abre ao centro a Cololo que envía en profundidade a Petís o cal quebra a Figueroa e cando se dispoña a tirar é derrubado polo lateral, o claro penalti, transfórmao Cololo, de tiro raso a esquerda de Anxo.                 
Ambiente e incidencias:          A mellor entrada da tempada na “Pedra Queimada” con 200 seareiros, a maioría seguidores da SD Soneira, que trouxeron consigo: bombos, tambores e gaitas, animando constantemente ao seu equipo con enorme deportividade que se proclamou campión a falta de dúas xornadas. 18º de temperatura. Non houbo mancados de consideración nin expulsados. Antes de comezo, gardouse un minuto de silencio polo cadete do Muxía CF, que faleceu na maña de onte no descanso do partido Muxía CF. SD Fisterra. (D.P.)
Xogadas de perigo da SCD Malpica:   Non se achegou con ningunha ocasión de perigo á portería de Anxo o conxunto malpicán en toda a primeira parte. Na segunda, M. 66: gran xogada individual de M. Mara por banda dereita, cun centro ao segundo pau onde aparece Cololo, o cal practicamente baixo paus, envía incomprensiblemente por enriba do traveseiro. M. 90+2: longo saque de banda de Alejandro Marquez, toca coa testa Roi Carril, aos pes de Eme, este coa súa perna dereita (a mala), envía fora a dous metros da portería.
Xogadas de perigo da SD Soneira: M. 11: contraataque rápido do Soneira, o “coiro” recólleo Basti, á altura da liña de tres cuartos, abre á dereita sobre Richi o cal dende o borde da área tiro raso a ras do poste esquerdo de Víctor. M. 34: nunha gran xogada combinada de todo equipo visitante, recibe Richo por banda centra atrás e salva con moitos apuros Roi Carril, cortando o centro que se dispuña a rematar Basti. M. 60: saque rápido de falta de Javi, sobre Vía Rápida, este plántase ante Víctor, que lle impide o remate polos tres paus enviando fora. M. 64:  xogada individual de Basti por banda dereita, atrae aos defensores e centra pasado sobre o desmarque de Javi, este só ante Víctor, entretense no remate, cruzándose Alejandro M. moi oportuno salvando a situación. M. 88: centro atrás de Vía Rápida sobre Óscar o cal erra só a porta baleira lanzando fora. M. 90+3: centro sobre Nazo, o cal non define só ante Víctor, salvando o porteiro malpicán.
Comentario:     Á SD Soneira, arrincou os tres puntos de Malpica que lle serven para proclamarse campión da tempada 15/16, (chegáballe só un) pero os soneiráns cunha formidable primeira parte de calidade selaron a vitoria.
Certo que os futbolistas da SCD Malpica intentaron evitalo cunha gran segunda parte, pero hoxe por hoxe a diferenza de xogo, colocación e conxunto é abismal, non debemos enganarnos. Tamén é certo que os malpicáns marcaron o primeiro gol en propia porta e que nalgunha ocasión clara errada na segunda parte puido significar o empate, pero o Soneira demostrou que é un digno CAMPIÓN. PARABÉNS! Ao equipo soneirán.  



















XIII Edición da “Liga da Costa” de Fútbol Veterano–(2ª Volta)- 29ª Xornada:
Resultado:                     SOFÁN   1 – 4   MALPICA
Aliñación do Malpica:  Juan; Luazas, Chucho, Alfredo, Alb. Coruña; J.L. Arcay, Alb. Barizo, Marco, Luís Naya; Bambán, Mútiu. Tamén xogaron: Leo, Wasi, Alb. Carballo, Bugallo.
Árbitro:   Sr. Gerardo.- Regularciño, cortou moito as xogadas pola mala apreciación dos fora de xogo.
Goleadores:     0-1, m. 33: gran pase en profundidade de Marco sobre Bambán, que este resolve acertadamente ante o porteiro local. 1-1, m. 57. ca defensa malpicán moi adiantada, casi no medio do campo, un pase en profundidade chégalle a Germán, en clara posición de fora de xogo que Gerardo (moi alonxado da xogada), non sanciona, o dianteiro váise e, no man a man con Juan, báteo por baixo.1-2, m. 62: Bambán, de xogada individual. 1-3, m. 83: pase entre liñas sobre o desmarque de Bambán, resolvendo este no man a man co porteiro do Sofán. 1-4, m. 89: internada por banda de J.L. Arcay, o cal dende a liña de fondo centra atrás, para que Mútiu, empalme a rede.
Incidencias: Campo de “Gorgullos” (Tordoia), ata onde se tiveron que desprazar os malpicáns para disputar o partido. Mañá soleada e campo de herba artificial algo seco. Non houbo mancados nin expulsados. 
Comentario:     A pesar da avultada vitoria, non libraron un bo partido os discípulos veteranos do “míster” Dourado. Cun xogo bastante deslavazado os malpicáns sorprenderon aos sofanistas moi mermados de efectivos, (11 xustos ao final quedaron con 10 por lesión) grazas ao acerto no remate das catro únicas veces que tiraron a gol, na que se destacou Bambán, conseguindo un “hat-trick” .

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!