Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

domingo, 3 de abril de 2016

Crónicas dos partidos da SCD Malpica desta fin de semana:



IV edición da 1ª Autonómica, Grupo II – (2ª volta) – 29ª Xornada:
Resultado:                   BERTAMIRÁNS CF “B”    2–1   SCD MALPICA   
BERTAMIRÁNS CF “B”: Pablo; Alvite, © Cohen, Aitor, Saúl, Meixide, (Mateo, 60), Rouco, Carlos, (Jimmy, 46), Jaime, (Dani Maceiras, 64), Goncho,(Capi, 31), Seoane.
SCD MALPICA: Ángel; Dímaga, Alejandro Marquez, Casais, Roi Carril, Carlos Mallo, (Víctor, 64), Eme, Petís, Jaco, Martín Mara, Migueliño.              
Árbitro:            Sr. Rubén Rodríguez Vaamonde.-(1ª Aut.-Santiago). Tirando a caseiro.
Asistentes:       Sres. Vidal Balsa e García Paniagua.-(2ª Aut.-Santiago). Discretos.
Goleadores:     1-0, m. 49: saque de curruncho executado por Jaime, pugnan no salto Alejandro Marquez e Capi, caendo o “coiro” a chumbo entre ambos con tan mala fortuna que ao botar sobre o campo toca na man do defensa malpicán, sen ningún perigo na xogada, todos os futbolistas locais a unísono exclaman man, o árbitro ao escoitalos sinala o punto fatídico, lanzado por Capi, adianta ao Bertamiráns no marcador. 2-0, m. 60: falta do equipo malpicán no medio do campo dous metros fora do círculo central, a falta ao ser tan lonxana, non se estima conveniente por parte visitante formar barreira, o central Aitor, execútaa cun tiro colocado a escuadra dereita de Ángel, o cal, quizais, cegado polo sol, non aprecia como se incrusta na súa portería. 2-1, m. 88: falta lateral botada por Jaco ao punto de penalti, Roi Carril, estra lanzado ao remate e, de potente tiro clava o “coiro” na rede.
Ambiente e incidencias:          Medio cento de seareiros nas bancadas, nunha tarde desapacible con chuvia e a veces sol. 10º de temperatura. Non houbo mancados nin expulsados.      
Xogadas de perigo do Bertamiráns CF “B”: saque de banda sobre Cohen, o cal moi escorado a esquerda de Ángel, logra tirar, salvando moi ben o porteiro malpicán tapando o oco. M. 48: falta lanzada por Aitor sobre Capi, e remate deste a media volta parando Ángel. M. 51: contraataque local con centro sobre o moreno Jimmy, o remate deste vaise lambendo o traveseiro. M. 90+3: Ángel, lócese cunha dobre parada a tiros de Capi e Mateo.
Xogadas de perigo da SCD Malpica: M. 14: Petís, controla o “coiro” dentro da área sendo derrubado por Cohen, o árbitro non aprecia nada punible. M. 23: saque de falta por medio de Jaco, o testarazo de Roi Carril, deteno con apuros o porteiro local Pablo. M. 38: gran xogada individual de Jaco, cede na media lúa a Eme que abre sobre Carlos Mallo, desmarcado no vértice da área grande, o malpicán empalma coa súa zurda pero “coiro” sae lambendo a escuadra. M. 72: falta na media lúa que amaga Jaco e empalma Eme, o “coiro” roza na testa dun defensor desviando o xusto por enriba da escuadra de Pablo.
Comentario:     Hoxe xogábase a SCD Malpica            as escasas esperanzas que, tanto a directiva como os propios futbolistas, consideraban claves para manter a categoría, xa que, o Bertamiráns “B” CF, é o equipo que vai de cuarto por abaixo e, había ilusión por vencelo e recortarlle  distancia. Non puido ser, pois dúas xogadas puntuais, (un penalti sinalado nunha xogada sen perigo e un gol de falta dende longa distancia), acabaron coas leves pero desexosas esperanzas dun equipo malpicáns falto de efectivos por sanción (cinco) e doutros que podendo acudir non o fixeron.
Os que xogaron dérono todo ata o punto de embotellar na súa área os últimos quince minutos ao equipo local.
                                                                              



















XIII XIIEdición da “Liga da Costa” de Fútbol Veterano–(2ª Volta)- 26ª Xornada:
Resultado:                     MALPICA    2 – 4   D. CARBALLO    
Aliñación do Malpica:  Bugallo; Luazas, Alb. Carballo, Chucho, Alfredo; J.L. Arcay, Mútiu, Marco, Wasi; Ban Ban, Leo. Tamén xogaron: Luís Naya, Abel, Alb. Coruña.
Árbitro:            Sr. Castro.- Estivo ben.
Goleadores:     0-1, m. 5: Antelo, de remate dende a media lúa. 0-2, m. 37: nun balón claro con toda vantaxe para facerse con el, o porteiro e un defensa locais, fanse un lio e rexeitan ao unísono defectuosamente, o “coiro” tropeza en Antonio Rei, o cal non ten mais ca empurralo ao fondo da baleira portería. 1-2, m. 67: acurta distancias Leo, en xogada persoal. 1-3, m. 80: Antelo, recolle un centro dende a banda dereita, tres defensores locais non acertan a rexeitar o que aproveita o dianteiro carballés para bater a Bugallo. 1-4, m. 84: o escurridizo extremo visitante Torres, recibe un pase en profundidade, márchase do seu marcador por velocidade plántase ante Bugallo e báteo de tiro raso. 2-4, m. 85: pase entre liñas sobre o desmarque de J.L. Arcay, que resolve moi ben ante a saída do porteiro visitante.
Comentario:     Xusta derrota dos veteranos malpicáns na casa ante un débil pero efectivo D. Carballo, que se aproveitou dos erros defensivos dos locais.
Os carballeses, que xogaron a favor do forte vento na primeira parte, materializaron a vitoria con dous goles en cada tempo, non o fixeron así os malpicáns que, a pesar de ter o vento a favor na segunda parte, dedicáronse mais a entrarlle ao saco as continuas protestas deles, que aproveitar a forza do vento para acadalo triunfo.
           
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!