Resultado: CLUBE PALMEIRA 3 – 3 SCD MALPICA
CLUBE PALMEIRA: Iván; Amador, Millán, Jorge, Brión, Antonio, Vayrón,
Óscar, Torres, Chema, © Gonzalo.
SCD MALPICA: Ángel; Dímaga, Carlos
Mallo, Roi Carril, Lolo; Alberto Marquez, Eloi Vilas, © Migueliño, Jaco, Cololo, Petís.
Árbitro: Sr. David Rosende Porto.-(1ª Aut.-Santiago). Estivo
correcto.
Asistentes: Sres. Blanco Ameijeiras e Martínez Sequedo.-(2ª Aut.-Santiago). Ben.
Goleadores: 1-0, m. 15: Chema. 1-1, m. 19: Roi Carril. 2-1, m. 22: Antonio,
(penalti). 2-2, m. 29: Cololo. 3-2,
m. 70: Millán. 3-3, m. 89: Cololo, (penalti).
Ambiente e incidencias: Pouco público, en tarde soleada con 20º de temperatura.
Comentario: Recobra a senda
dos puntos (aínda que non as das vitorias) a SCD Malpica logo de moitas
xornadas sen puntuar, agora leva dúas xornadas consecutivas puntuando, as
causas, o compromiso que lles están a meter os futbolistas da man que lles
inculca o “míster” Esmorís.
Esta tarde en Ribeira, (o partido
disputouse no anexo a “Fieiteira”) fronte ao Palmeira, os malpicáns dérono todo
e, dado a súa insistencia e compromiso, conseguiron igualar unha contenda ante
un rival que se lle adiantou ata tres veces no marcador.
Estes resultados positivos,
deben corroborarse o vindeiro domingo na “Pedra Queimada” fronte ao “líder” SD Soneira,
que chega a campo malpicán a só un punto matematicamente do campionato. Os
socios e afeccionados da SCD Malpica, desexosos de que os soneiráns pospoñan
unha xornada mais para cantar o “alirón” animarán para que se consiga a
vitoria.
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!