IV edición
da 1ª Autonómica, Grupo II – (2ª volta) – 30ª Xornada:
Resultado: SCD MALPICA 3 –
3 TORDOIA CF
SCD MALPICA: Víctor; Alejandro Marquez, Casais, Óscar Mocoso,
Alejandro Marquez. Eloi Vilas, © Petís, (Carlos Mallo, 80), Migueliño, Martín
Mara, (Lolo, 64), Cololo, Roi Carril.
TORDOIA CF: Juanjo; Diego,(Rubén
Veiga, 70), Zalo, © (Nolo, 46), Chino, Dubra, Toño, Maki, Che, Álvaro, (Pombo,
83), Óscar, Denís.
Árbitro: Sr. Denís Añón Salgueiro.-(1ª Aut.-A Coruña). Salvou
ben o cometido nun partido con moitas tarascadas.
Asistentes: Sres. Juncal García e Lobón Martínez.-(Ax. fútbol base.-A Coruña). Moi ben
ambos.
Ambiente e incidencias: Uns 70 seareiros nas bancadas, á metade seguidores do Tordoia. Tarde con
nubes, sol e chuvia, 8º de temperatura. Expulsado o local Casais con tarxeta
vermella directa. Non houbo mancados de consideración.
Comentario: Partido de poder
a poder o presenciado esta tarde en campo malpicán, entre dous equipos con distinto cometido, pois mentres os de
Tordoia non se xogaban nada, a SCD Malpica, xogábase o retrasar matematicamente
outra xornada o descenso de categoría, ao final reparto de puntos que aos
malpicáns non lle soluciona nada.
Agora toca, disputar con honra as catro xornadas que restan, e, preparar á copa da costa, ademais de ir a xunta
directiva, planificando a vindeira tempada.
Resultado: CORCOESTO 1 – 0 MALPICA
Aliñación do Malpica: Juan; Chucho, Alb.Carballo, Alfredo, Alb. Coruña;
Luazas, Mútiu, Alb. Barizo, Luís Naya; J.L. Arcay, Leo. Tamén xogaron: Wasi, Chaves,
Bugallo.
Árbitro: Sr. Isidro.- Boa arbitraxe axudado polo
comportamento dos dous equipos.
Goleadores: 1-0, m. 68: envío en profundidade por banda sobre o desmarque de Pichi, non acerta a
rexeitar o “coiro” o medio centro local Luazas a pesar de intentalo, o dianteiro
vaise só encarando ao porteiro Juan, pero este a pesar de tapar ben o ángulo de
tiro, non impide que o “coiro” moi axustado ao pau polo tiro de Pichi, penetre na portería.
Incidencias: Partido
disputado en Malpica a petición do Corcoesto, por ter o seu campo “As Bouzas” anegado de auga e impracticable
polas chuvias caídas en días anteriores. Esta mañá, tamén o campo malpicán
parecía unha “lagoa” debido á insistente chuvia caída durante todo partido.
Comentario: O Corcoesto, que tan só se presentou na “Pedra
Queimada” con once futbolistas, foi
quen de levarse os tres puntos a pesar da resistencia que atopou do equipo local, que tivo
ademais oportunidade de acadar mellor resultado se aproveitara as tres
oportunidades claras que tiveron J.L. Arcay (alto) e Mútiu, (desviado) cando se
atopaban claramente na boca de gol.
Así as cousas, os
malpicáns caeron no m. 68, nunha acción puntual de Pichi pero o Malpica ofreceu
dura resistencia ao dominio territorial do Corcoesto, que contaba nas súas
ringleiras con xente moito mais moza.
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!