Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

viernes, 29 de abril de 2016

Axenda de partidos da SCD Malpica para esta fin de semana:



IV edición da 1ª Autonómica Grupo II –2ª volta - Xornada 33ª:

Campo             :           “O Carral”            (94 x 52, herba natural, Sofán)                       
Equipos           :           SD SOFÁN      SCD MALPICA   
Data e hora      :           Domingo: 01-05-16, 17:00 horas.-  
Árbitro             :          Sr. Antonio Fuentes Seoane.-(1ª Aut.-A Coruña).
Asistentes        :           Sres. Cedeira Méndez e Vázquez Lema.- (2ª Aut.-A Coruña).
            Penúltima xornada desta tempada da triste liga para as cores da SCD Malpica e para o pobo malpicán en xeral. O descenso de categoría despois de catro exitosas tempadas consecutivas na Primeira  Autonómica, (12/13, 13/14, 14/15 e 15/16) dan para moito que pensar, sobre todo para aqueles que se mostran e consideran orgullosos de ser de Malpica, pero polo visto esta tempada, só o son de “boquilla” non de corazón, así nos vai, non só no aspecto deportivo, senón tamén noutras facetas que se están deixando sentir na Vila, tales como as sociais, culturais e económicas, non hai mais ca votarlle unha ollada a Confraría, (proposta para un  ERE) ou as rúas da Vila durante toda á semana, non se parecen en nada ás dos anos 60 e 70, cando ducias de persoas se movían de enriba a baixo, agora isto só sucede un par de meses no estío.
            Pero ímonos centrar no partido do domingo no “Carral” fronte á SD Sofán, equipo, no que todos os malpicáns debemos mirarnos como espello, un conxunto humilde pero coidadoso, con varias categorías de fútbol base competindo, e, con moitos menos habitantes que Malpica, pero que, debido á gran labor dunha directiva que esta a facer un traballo encomiable está cun pe no segundo posto e acaricia a promoción de ascenso, mentres á SCD Malpica descende.
Á SD Sofán, alcanza os 63 puntos, produto de gañar 19 partidos, empatar 6 e perder 7. Marcou 64 goles e encaixou 33. O seu máximo goleador é: Raúl con 19, ségueno Javi Doldán con 15, J. Luís Fdez. con 8 e Iván Rei, con 7.
            A SCD Malpica, chega ao “Carral”  no penúltimo posto, (18 puntos) pero coa moral alta despois das catro últimas xornadas disputadas; despois de tres trocos de adestrador, o malpicán “Esmorís”, (este si é profeta na súa terra) logroulle inculcar ao grupo a intensidade e o espírito de combatividade, que lle faltaba, é unha mágoa que non chegara antes ao clube.
            Así as cousas, espérase un partido moi competido na que os malpicáns intentaranlle por as cousas difíciles aos sofanistas pero moi deportivamente.  
Resultado da Primeira Volta:
20-12-15:  SCD MALPICA  0–3  SD SOFÁN  (Goles: 0-1, m. 37: Javi Doldán. 0-2, m. 51: Álex Pri. 0-3, m. 56: Iván Rei).

         

XIII Edición da “Liga da Costa” de Fútbol Veterano – 2ª Volta – Xornada 30ª:
Campo             :           “Pedra Queimada”   (100 x 60, herba artificial, Malpica)
Equipos           :           MALPICA   -   UD CERQUEDA
Datas e hora    :           Domingo: 01-05-16, 11:00 horas.-
Árbitro             :           Sr. .-
Resultado da 1ª volta:
U D CERQUEDA   0 – 4   MALPICA

             AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!