IV edición
da 1ª Autonómica, Grupo II – (2ª volta) – 33ª Xornada:
Resultado: SD SOFÁN 3 – 2 SCD MALPICA
SD SOFÁN: David; Sito, (Álex
Varela, 47), Adrián, Félix, Rubén, Pablo Martínez, (Franchu, 31), Brais, Seo,
Raúl Díaz,© (Suco, 81), Iván Rei, Javi Doldán, (Álex Pri, 89).
SCD MALPICA: Víctor; Alejandro
Marquez, (Casais, 63), Alberto Marquez, Lolo, (Roi Carril, 50), O. Moscoso; Eloi
Vilas, © Petís, Migueliño, Cololo, (Ángel, 84), Jaco, M. Mara,
(Dímaga, 78).
Árbitro: Sr. Antonio Fuentes Seoane.-(1ª Aut.-A Coruña). Salvou
con nota alta un partido disputado con moita intensidade.
Asistentes: Sres. Cedeira Méndez e Vázquez Lema.-(2ª Aut.-A Coruña). Ambos estiveron
ben.
Ambiente e incidencias: Moi preto de 200 seareiros en “O Carral” nunha tarde soleada con 18º de temperatura.
Tiveron que saír mancados, por parte local, Pablo Martínez (m.31) e polos
visitantes Cololo, (m.84). Expulsado o malpicán O. Moscoso, (m. 48) con dobre
amarela. Como anécdota, indicar que, debido a lesión de Cololo e con todos os trocos xa realizados, tivo que saír o porteiro Ángel substituir a Cololo, o cal ocupou a portería pasando Víctor a dianteiro centro.
Xogadas de perigo da SCD
Malpica: M. 12: falta directa lanzada por Cololo
dende o vértice da área, salvando a barreira, David, realiza un gran parada. M. 89: falta directa a cargo de Jaco ao
borde da área, parada de David.
Como queda dito anteriormente, PARABENS! para á SD Sofán, pois empata no
golaveraxe particular co Flavia, pero supérao en 6 goles no xeral.
XIII Edición
da “Liga da Costa” de Fútbol Veterano–(2ª Volta)- 30ª Xornada:
Resultado: MALPICA 0 – 2 UD CERQUEDA
Aliñación do Malpica: Juan; Chucho, Alfredo, Alb. Coruña Alb. Carballo;
Abel, Alb. Barizo, Mútiu, Luís Naya; J.L. Arcay, Carlos Pose. Tamén xogaron: Luazas,
Wasi, Bugallo.
Árbitro: Sr. Juan Alberto
Bravo.- Estivo aceptable.

Incidencias: Maña soleada con lixeiro vento do N.E. A falta dun minuto para o termino do
partido, mancouse de consideración no xeonllo da perna dereita o bravo defensa
do Malpica, Alfredo, nun choque cun futbolista da UD Cerqueda, o cal ante o
temor da súa gravidade, foi requirida unha ambulancia que o trasladou ao
Hospital Cirúrxico San Rafael. Á hora de publicar esta crónica, descoñécese o
alcance da lesión.
Comentario: Última xornada de
liga da tempada 2015/16; os veteranos malpicáns non foron quen de acabala cunha
vitoria no “derby” local fronte á UD
Cerqueda que lle daría opción a
subir un posto na táboa. Non puido ser tras non aproveitar tres oportunidades
moi claras de gol que tiveron: J. L. Arcay (2) e Carlos Pose, nos man a man
ante o porteiro visitante Chiño, que salvou ambas con grandes intervencións. Pola
súa banda os do Cerqueda, souberon moi ben aproveitar as dúas ocasións que
tiveron.
Ao final mediocre 8º posto
dos malpicáns, (melloraron un posto en relación da tempada anterior) nunha tempada que se pode valorar de
irregular. Agora a disputar a “XIII copa da costa” e intentar superar os “oitavos
de final” da pasada tempada. O primeiro rival será o Castriz, días 8 e 15 de
Maio.
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!