IV edición
da 1ª Autonómica, Grupo II – (2ª volta) – 34ª última xornada:
Resultado: SCD MALPICA 3 –
4 CORME
CF
SCD MALPICA: Ángel; Alejandro
Marquez, (Dímaga, 45), Alberto Marquez. Casais, Lolo, (Rubén,
50), Eloi Vilas, © Petís, (Víctor, 81), Migueliño,
Charro, Jaco, Carlos Mallo.
CORME CF: Illote, (Suso, 45);
Brais Torrado, Diego, Pandi, Jesús, Sergio Sueiro, (Alejandro, 39), Eloi,
Adrián Doldán,(Ángel, 80), Alejo, Lucas, © Toniño, (Manu Bermúdez, 69).
Árbitro: Sr. Vitor Recarei Añón.-(1ª Aut.-A Coruña). Realizou
unha boa labor.
Asistentes: Sres. Amado García e Juncal García.-(3ª Aut. e Ax. F. Base.-A Coruña). Ambos
ben.
Ambiente e incidencias: Preto de 100 seareiros nas bancadas, a metade cormeláns, Tarde nubrada con
lixeira chuvia, 14º. Tiveron que retirarse mancados o cormelán, Sergio Sueiro
(m.33) e os malpicáns, Lolo (m.50) Rubén, (m. 89). Expulsado Alberto Marquez
con dobre amarela.
Comentario: Non foi quen a SCD Malpica de conseguir unha soa
vitoria en toda a segunda volta da liga, isto condenouno lamentablemente ao
descenso como último clasificado, tempo haberá para analizar a tempada e buscar
culpables.
Esta tarde tras un comezo falto de concentración e sin vixianza sobre o “cerebro”
Lucas, permitiulle a este realizar tres xogadas inxeniosas sobre o seu goleador
Alejo, para que este resolvese practicamente o partido.
A SCD Malpica, a pesar de
quedar cun home menos 55 minutos, sacou forzas de fraqueza en non se entregou
nunca, creando ocasións para nivelar a contenda, pero unhas veces os erros diante
da portería e outras o acerto na segunda parte de Suso, non lle permitiron
sacar algo positivo.
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!
XIII Edición
da “Copa da Costa” de fútbol Veterano, (Dezaseisavos de final (ida):
Resultado: CASTRIZ 2 – 2 MALPICA
Aliñación: Juan; Luazas, Chucho, Alb. Carballo, Alb. Coruña; Leo,
Alb. Barizo, Marco, Luís Naya; Bambán, Mútiu. Tamén xogaron: Whasi, Bugallo.
Árbitro: Sr. Isidro.- Ben en liñas xerais.
Goleadores: 0-1, m. 35: Bambán, recolle o “coiro” no centro do campo, escápaselle por velocidade a defensa
local plántase ante o porteiro e báteo na súa saída. 0-2, m. 38: de novo o goleador Bambán,
recibe un pase en profundidade, non se entenden o porteiro e un defensor local
e o dianteiro malpicán a porta baleira envía a rede. 1-2, m. 57: galopada de Alfonso
por banda dereita e, un pouco antes de chegar a liña de fondo envía un centro
chut bombeado que se cola na portería de Juan, sorprendendo a todos. 2-2, m. 72: tras un saque de banda,
recolle o “coiro” Guillín,
e de forte tiro bate a Juan a pesar da súa estirada.
Incidencias: Mañá moi nubrada
con lixeira chuvia, que facía que o “coiro” patinara en exceso. Mancado o malpicán Marco, cun leve tirón muscular, (m. 51).
Comentario: Meritorio empate dos veteranos do Malpica no campo de “San Pedro”, ante
todo un 1ª división, que lles da garantías para o partido de volta na “Pedra
Queimada”.
Excelente plantexamento ao contraataque do “míster”
Dourado, a pesar de contar con tan só 13 futbolistas, que se quedaron en 12
trala lesión de Marco. Ao maior dominio territorial do Castriz, responderon os
homes de Dourado con perigosos contraataques, aproveitando con moito acerto a
velocidade do seu goleador Bambán.