IV edición da 1ª Autonómica Grupo II –2ª volta - Xornada 34ª (Final da liga T.15/16):
Campo : “Pedra Queimada” (100 x 60, herba artificial, Malpica)
Equipos : SCD MALPICA
– CORME CF
Data e
hora : Sábado: 07-05-16, 17:00 horas.-
Árbitro : Sr. Vitor Recarei Añón.-(1ª Aut.-A Coruña).
Asistentes : Sres. Amado García e Juncal García.-(3ª Aut. e Aux.Base.-A
Coruña).
Tras
unha irregular tempada o que lle ocasionou o descenso de categoría a 2ª Autonómica
da “costa”; á SCD Malpica, disponse a recibir en campo propio no último partido
de liga, a outro descendido, o Corme CF, que, a pesar de realizar unha campaña superior
ca do clube malpicán, vese abocado a deixar á 1ª Autonómica, polos arrastres que
ocasiona o Grupo Norte da Preferente Galicia.
O Corme
CF, durante as 33 xornadas disputadas, gañou 9 partidos, empatou 5 e perdeu 19;
materializou 55 goles e encaixou, 79, ocupa o posto 15º da táboa con 32 puntos.
O seu principal goleador é Lucas con 17 tantos, ségueno, Juan Chans, con 9,
Alejo, con 8 e Toniño, con 6.
Os
futbolistas malpicáns de Esmorís, pese a que non poderá contar cos sancionados:
Moscoso e Roi Carril, ademais da dúbida de Cololo, mancado no abdutor da perna
dereita en Sofán, espera presentar un equipo de garantías para facerlle fronte
ao correoso Corme CF, ademais de ilos preparando para a competición da “copa da
costa” que comeza a vindeira semana co desprazamento a Mazaricos.
O partido adiántase ao sábado ás 17:00
horas, por ética deportiva, para que non facelo coincidir coa final da “copa da
costa” xuvenil que se celebra en Buño ás 19:00 horas. (Ponteceso SD Xallas CF).
Resultado
da Primeira Volta:
02-01-16: CORME
CF
4–1 SCD MALPICA (Goles: 0-1, m. 28: Charro. 1-1, m.
31: A. Doldán. 2-1, m. 55: Diego. 3-1, m. 71: Lucas (p). 4-1, m. 82: Josiño).
XIII edición da “Copa da Costa” de Fútbol Veterano dezaseisavos de final (Ida):
Campo : “San Pedro” (98 x 60,
herba artificial, Castriz)
Equipos : CASTRIZ - MALPICA
Data e
Hora : Domingo: 08-05-16, 10:00 horas.
Árbitro : Sr. Isidro.-