“LIII” edición da “Copa da Costa”- Oitavos de final - volta:
Resultado: SCD
MALPICA 0 –
3 MAZARICOS C F
SCD MALPICA: Víctor; Alejandro Marquez, Casais, (M. Mara,
46), O. Moscoso, Rubén, Eloi Vilas, (Dímaga, 62), Petís, (Charro, 46), Migueliño,
Cololo, Carlos Mallo, (Roi Carril, 46), Jaco.
MAZARICOS CF: Miguel; Miguel Riveiro, Estefano, Ricardo, Matías,
Ferreiro, David García, Esteban Pereiro, Chenel, (Ángel, 82), Molinos, Brais, (Martín, 86),
Árbitro: Sr. Iván Morlán García.- (1ª Aut.- A Coruña). Estivo ben.
Asistentes: Sres/as: Andrea Baneira e Vázquez Lema (Ax.F.base e 2ª Aut.- A Coruña). Ben
ambas/os.
Goleadores: 0-1, m. 6: Chenel, realiza un gran xogada por banda dereita, pugna cos defensores
Casais e Rubén, e consegue levar o “coiro” a trancas e barrancas ata liña de
fondo, ergue a testa, e manda un centro sobre o seu compañeiro Molinos, desmarcado preto do segundo pau, o cal cun
tiro raso a ras do poste dereito, bate a Víctor. 0-2, m. 15: saque de curruncho botado por Brais, ao primeiro pau ,
o central Matías, de certeiro testarazo clava o “coiro” na rede,
ante a pasividade da defensa local. 0-3,
m. 89: Molinos,colga un balón na área sobre o corpulento Ángel, sae Víctor
a rexeitar de puños, pero antes Moscoso, derruba ao dianteiro, o colexiado
sinala penalti, David García, transforma de tiro
a media altura lonxe dos dominios do porteiro local.
Ambiente e incidencias: Uns 140 seareiros, nas bancadas. Tarde soleada con 18º. Mancado o malpicán Eloi Vilas, nun xeonllo tras un choque con Chenel, (m. 62). Expulsado
con vermella directa Dímaga, (m. 89).
Xogadas perigosas SCD Malpica: M.
8: xogada combinada entre Jaco e Cololo, con pase en profundidade sobre
Petís, este centra dándolle no brazo de Matías, cando Cololo en moi boa
posición esperaba o “coiro”, o árbitro manda seguir. M. 40: nova combinación entre Jaco, Cololo e Petís, este entra na
área e, cando se dispuña a bater a Miguel, crúzase moi oportuno Matías,
rexeitando a clara ocasión de gol. M.
54: gran xogada entre M. Mara,
Cololo, M. Mara, finalmente este tira cruzado ante a saída de Miguel, o “coiro”
sae lambendo o poste dereito, cando se cantaba o gol nas bancadas.
Xogadas perigosas do Mazaricos CF: M. 29: erro defensivo local, entregándolle o “coiro” ao dianteiro
David García, este salva a entrada do porteiro Víctor, o pero escórase a dereita
e o seu tiro vai a lateral da rede. M.
35: boa intervención de Víctor, aos pes de Chenel, cando este se plantou só
tras un pase de David García. M. 51: Víctor
lánzase aos pes de Molinos, finxindo o visitante un derrubo, o árbitro enséalle
a tarxeta amarela. M. 74: un balón bombeado sobre a área malpicán
rexéitao Víctor de puños, defectuosamente, o “coiro” cáelle na media lúa a
Brais, tirando alto e desperdiciando unha clara ocasión.
Comentario: Nunha tarde
excelente para a práctica do fútbol cun campo en magníficas condicións e unha
aceptable entrada, a parroquia malpicán esperaba mais do seu equipo, esta tarde
completo con 16 compoñentes na acta arbitral e tras chegar a “Pedra Queimada” cun
resultado en teoría fácil de remontar, trala derrota pola mínima en Mazaricos,
ademais tratábase dun equipo de inferior categoría.
A realidade foi outra, o
conxunto do Mazaricos CF, saíu moito mais enchufado no partido e, en tan só 15
minutos resolveu a eliminatoria ao adiantarse con dous goles. Os malpicáns non
daban crédito, logo, querer e non poder, desacertos, individualismo e protestas…
ao colexiado que lles aguantou demasiado e que non influíu nada no resultado.
Lamentablemente, á SCD
Malpica, pon punto final a unha tempada para olvidar na que ademais perde a
categoría de Primeira Autonómica, despois de catro brillantes tempadas nela e a
que lle custará, probablemente moito volver.
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!