“LIII” edición da “Copa da Costa”- Oitavos de final - Ida:
Resultado: MAZARICOS
CF 3 - 2 SCD MALPICA
MAZARICOS CF: Miguel; Miguel Riveiro,
Estefano, Ricardo, Matías, Ferreiro, (Martín, 80), David García, Esteban
Pereiro, Chenel, Molinos, Brais, (Ángel, 78).
SCD MALPICA: Víctor; Alejandro Marquez, Casais, O. Moscoso,
Rubén, Eloi Vilas, Roi Carril, Petís, Cololo, (Carlos Mallo, 28), Jaco, Charro,
(Migueliño, 64).
Árbitro: Sr. Daniel Fraga Viñuelas.- (1ª Aut.- A Coruña).- Magnífica labor.
Goleadores: 1-0, m. 8: David García efectúa un saque de curruncho moi pasado, a esquerda de Víctor, o
“coiro” recólleo Brais, que pugna con Alejandro Marquez, antes de que se lle
vaia pola liña de fondo consegue pasarlle a Chenel, o cal a reviravolta, sorprende
cun tiro raso que se cola entre as pernas de Moscoso e penetra na portería. 2-0, m. 20: mentres os malpicáns
protestan ao colexiado unha falta en contra, o lateral Estefano, moi pillamente,
saca rápido en longo sobre David García, completamente só por banda dereita,
este encara a Víctor e báteo cun tiro raso. 3-0, m. 54: o local Ricardo
dende o círculo central envía un pase en profundidade sobre Chenel, que, o malpicán Rubén non acerta a cortar, o rápido dianteiro,
no man a man con Víctor, báteo na súa saída. 3-1, m. 75: saque de banda longo de Alejandro Marquez sobre a testa
de Roi Carril, que peitea o “coiro” cara atrás, recibe Petís na área pequena e fusila ao
fondo da rede a media volta. 3-2, m. 85:
xogada de Jaco na liña de medios, caracoleando co “coiro” a varios rivais,
pasa sobre Roi Carril, desmarcado dentro da área que dispara a porta, o balón
toca nun defensor e sae rexeitado con moito efecto cara un vértice da área
pequena, Eloi
Vilas que chega lanzado fusila con rabia a rede.
Comentario: Mal se puña o
partido para o homes de Esmorís, cando
xa aos 20 min. os de Mazaricos se adiantaban con dous goles, e,
para colmo de males, tiña Cololo que abandonar mancado o terreo de xogo.
Aguantouse como se puido toda a primeira parte sen alteración do marcador, pero
cos locais sempre roldando a portería malpicán.
Ao comezo da segunda parte, as cousas empeoraron co terceiro gol dun
acertado, perigoso e veloz Chenel, un goleador nato, que cos seus desmarques
facía sufrir e moito a defensa da SCD Malpica, incapaz de frealo.
Todo cambiou para os
malpicáns , coa entrada de Migueliño - non puido chegar ao comezo – por un
desacertado hoxe Charro, o equipo comezou a funcionar e froito delo chegaron os
dous goles que, aínda fan salvable a eliminatoria de cara ao partido de volta.
XIII Edición
da “Copa da Costa” de fútbol Veterano, (Dezaseisavos de final (volta):
Resultado: MALPICA 1 – 4 CASTRIZ
Aliñación: Juan; Luís Naya, Chucho, Alb. Carballo, Luazas; Abel,
Leo, Mútiu, Whasi; Bugallo, Bambán.
Incidencias: Mañá nubrada na “Pedra Queimada” con temperatura agradable. Non houbo
mancados nin expulsados.
Así as cousas e, tan só con 11 futbolistas xustos, plantaron cara na
primeira parte a todo un 1ª División, logo na continuación, as pernas pesáronlle
moito aso locais, e os goles do Castriz, foron caendo un tras outro ata
conseguir o triunfo que os planta nos Oitavos de final.
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!