Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

jueves, 29 de marzo de 2018

Resultados da liga da costa e cadetes da xornada de hoxe::


   Esta mañá celebrouse a última xornada da liga de Cadetes (Grupo 2º da Costa), partidos aprazados por causa da "cicloxéne Félix", correspondentes a xornada 20ª do (11-03-18).
   Polo que respecta á SCD Malpica, acabou á competición ligueira para esta tempada sumando unha nova derrota na "Pedra Queimada", ante o C.D. Concello de Zas, 3º clasificado.
    Agora a esperar a "Copa", poñerlle ilusión, e, mellorar o penúltimo posto da liga, posto que se puido mellorar con só vencer ao Ponteceso SD, na última xornada.
  O sorteo do emparellamento das eliminatorias "copeiras" vaise a celebrar na Subdelegación da Costa da Morte, sita en Baio, o vindeiro martes día 03-04-18 ás 20:00 horas. 
   A continuación publícanse os resultados e clasificación FINAL DA LIGA, de Cadetes correspondentes a tempada 2017/18.

   Igualmente, hoxe festividade de Xoves Santo, disputáronse tres partidos da "liga da costa" de Afeccionados, tamén aprazados da xornada 20ª (o resto dos partidos celebraránse o domingo 01-04-18). Os resultados e a clasificación detállanse a continuación no cadro adxunto.

   Nunha segunda parte colosal, á SCD Malpica derrotou con todo merecemento a un Mazaricos CF algo contemplativo e sen arriscar moito, esperando agazapado algún despiste defensivo malpicán para conseguir o tanto definitivo que lle dera os tres puntos, efectivamente esta actuación doulle os resultados apetecidos, pois, no min. 85, tras un rexeite en curto do porteiro local Anxo, Lago enviou a dentro das mallas.
   Quedaban 5 minutos e os tres puntos parecía que voxaban inxustamente para Mazaricos, pero os malpicáns tiraron de casta embotellando aos visitantes na súa área, forzándo no min. 88 tres saques de corrunchos seguidos, no último deles, Manteca de impecable testarazo logra bater a Toni. E no min. 90+1, o dianteiro Vituco logra introducir de novo na portería de Toni, o gol da vitoria, causando o delirio entre os seus compañeiros e o público das bancadas. Logo este xogador abandoaría o terreo de xogo visiblemente emocionado con mágoas nos ollos, xa que esta atravesando un momento moi delicado por unha grave enfermidade que esta a sufrir o seu pai.
   Con este triunfo á SCD Malpica, sobe varios postos e respira un pouco dos postos de desecenso.
   
   Goleadores:  0-1, min. 85: Lago. 1-1, m. 88: Manteca. 2-1, min. 90+1: Vituco.
     
 



 



        AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

martes, 27 de marzo de 2018

Partidos aprazados por causa da "Cicloxénese" Félix:


   Entre es te xoves e o vindeiro domingo, disputaráse nas categorías de Segunda Autonómica de Afeccionaos e Cadetes, a xornada aprazada por motivo da "cicloxénese" Félix, correspondentes a xornadas 24ª na "liga da costa" e á xornada 20ª de Cadetes.

     O xoves xogarán: Ponteceso SD - UD Monte Louro. Sp. Zas - Muxía CF e SCD Malpica-Mazaricos CF. O domingo, disputaránse o resto dos partidos para completar a xornada.


2ª Autonómica Grupo II – (Liga da Costa) 2ª volta – Xornada 24ª:

Campo            :           “Pedra Queimada”        (Malpica, 100 x 60, herba artificial)                  
Equipos           :           SCD MALPICA   MAZARICOS CF 
Data e hora     :           Xoves: 29-03-18, 17:00 horas.-  
Árbitro             :          Sr. David Castreje Ferrío, (Colexio da Coruña)
           
            1ª Autonómica Cadete Grupo II – 2ª volta – Xornada 20ª:
Campo            :           “Pedra Queimada”        (Malpica, 100 x 60, herba artificial)
Equipos           :           SCD MALPICA   C.D. CONCELLO DE ZAS
Data e hora     :           Xoves: 29-03-18, 11:00 horas
Árbitro            :           Sr. David Castreje Ferrío, (Colexio da Coruña)


 AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

domingo, 25 de marzo de 2018

Resultados e clasificacións da "Costa":


  Derrota dos cadetes esta mañá na "Pedra Queimada" ante o Ponteceso SD (0-1), os malpicáns aída que dominaron nos conseguiron remontar o gol dos da Vila do Pondal no m. 55.
    De infarto pode calificarse o partido celebrado esta tarde na "Pedra Queimada" entre á SCD Malpica e o Camariñas FC, encontro que non se decidiu ata os últimos minutos.
   Comezou moi ben á SCD Malpica, pois, tras unha excepcional xogada por banda esquerda do debutante Hugo, acabou cun formidable centro que Ures rematou a rede. 
     Remontou o Camariñas FC, neste primeiro tempo pero acabou sucumbindo na segunda parte tras uns minutos de inspiración dos locais froito dun baixón físico dos vistantes.
      Goleadores: 1-0, m. 3: Ures a centro de Hugo. 1-1, m. 16: Rodrigo, de cabeza a saída dun saque de corruncho. 1-2, m. 31: Nico, de remate na área pequena a saque de falta. 2-2, m. 75: Nico en propia meta a tiro de Dani Casal. 3-2, m. 77: Manteca, tras centro de Dani Casal.

    Severa derrota dos veteranos do Malpica, os veteranos, que, só conseguiron xuntar 8 futbolistas, caeron severamente derrotados polo CD Baio po 1-7.
O gol malpicán foi logrado por Bernardo.-
Resultados e Clasificacións da xornada de Afeccionados e Cadetes:

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!


viernes, 23 de marzo de 2018

Partidos para esta fin de semana da SCD Malpica:

  A "liga da costa" entra nunha fase decisiva nestas seis últimas xornadas, para conseguir o título e para coñecer os descendidos.
  Un dos equipos implicados nesta última situación é, á SCD Malpica, que se enfrontará ao Camariñas FC nun partido que pode ser vital para ambos; dous equipos históricos que se ven involucrados nuha situación bastante crítica, despois de mais de 40 anos de participación na competición da "costa".
   
   Penúltima xornada de Cadetes para os rapaces de "Esmoris" (queda pendente un partido aprazado polo "Félix fronte ao CD Concello de Zas).
    Os malpicáns, despois do triunfo en Corme, queren deixar bo sabor de boca e acabar a liga esclando algún posto na clasificación, despois dunha tempada irregular na que se pagou a novatada de competir de primeiro ano.
     
     A continuación pubícase táboa de campos, árbitros e partidos da SCD Malpica:
 

2ª Autonómica Grupo II – (Liga da Costa) 2ª volta – Xornada 26ª:

Campo            :           “Pedra Queimada”        (Malpica, 100 x 60, herba artificial)                  
Equipos           :           SCD MALPICA   CAMARIÑAS FC 
Data e hora     :           Domingo: 25-03-18, 17:00 horas.-  
Árbitro             :          Sr. Pablo Rama Cotelo, (Preferente Aut. Colexio da Coruña )
           
            1ª Autonómica Cadete Grupo II – 2ª volta – Xornada 22ª:
Campo            :           “Pedra Queimada”        (Malpica, 100 x 60, herba artificial)
Equipos           :           SCD MALPICA   PONTECESO SD
Data e hora     :           Sábado: 25-03-18, 11:30 horas
Árbitro            :           Sr. Óscar Santos, (Colexio da Costa da Morte)

XV Edición da “Liga da Costa” de Fútbol Veterano – Xornada 25ª:

Campo            :           “Pedra Queimada”        (Malpica, 100 x 60, herba artificial)
Equipos           :           MALPICA   BAIO
Datas e hora    :           Domingo: 25-03-18, 9:30 Horas.-
Árbitro            :           Sr. .-

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

domingo, 18 de marzo de 2018

Avance informativo deportivo:

  
    Importante victoria dos Cadetes da SCD Malpica en Corme. Este triunfo, a dúas xornadas do término da competición ligueira, sobe a moral dos rapaces con vístas á "copa da costa" que comezará trala finalización da liga.

    Resultado:      CORME CF  2 - 4  SCD MALPICA

    Goleadores:  0-1, m. 15: Luisiño. 1-1, m. 38: Javier Bermúdez. 1-2, m. 54: Luisiño. 1-3, m. 65: Antón. 2-3, m. 78: Alexandre. 2-4, m. 80: Luisiño.

    Excelente actuación de to0do conxunto malpicán e, en especial o dianteiro goleador, Luisiño cun Hat-Trick.

    Decepción para á SCD Malpica que caiu pola mínima fronte á SCRD Esteirana (1-0), nun partido moi disputado no que os malpicáns adoleceron de falta de gol como ven sucedendo ao longo de toda tempada, para mostra, os tan só 23 goles que levan marcados en 24 partidos sendo os menos goleadores da "liga da costa".

    
Goleadores: 1-0, m. 32: Simón.

Marcadores e clasificacións de Afeccionados e Cadetes da "costa":










AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA! 

jueves, 15 de marzo de 2018

Partidos da SCD Malpica para esta fin de semana:





Despois da cicloxénese "Felix", que obrigou a suspender a xornada en todos os campos da "costa", reanúdase a competición de Liga coa xornada 25ª (a 24ª aínda non se coñece cando se disputará).

A SCD Malpica de afeccionados, desprázase nesta xornada ao difícil campo "Xosé Luís Vara" de Esteiro a enfrontarse á SCRD Esteirana, conxunto que marcha no terceiro posto da clasificación, compromiso complicado para o equipo malpicán, que, para este partido xa podrá contar cos seus futbolístas: Juan Fuentes e Gonzálo Vilariño, ausentes fronte ao Buño.

Os Cadetes viaxan a Corme a medirse no "Cairo" ao conxunto cormelán, equipo este que alterna Cadetes con Infantís, pero que esta a facer unha estupenda competición. Esperamos que os malpicáns de "Esmoris" nos saiban dar unha alegría traendo os tres puntos, para mellorar o posto de vicecolísta.

Pola súa banda os Veteranos de J.M. Dourado, van a Fisterra.

A continuación, publícase cuadro informativo de campos e árbitros.

2ª Autonómica Grupo II – (Liga da Costa) 2ª volta – Xornada 25ª:

Campo            :           “Xosé Luís Vara”          (Esteiro, 101 x 60, herba artificial)                   
Equipos           :           SCRD ESTEIRANA   SCD MALPICA  
Data e hora     :           Domingo: 18-03-18, 17:00 horas.-  
Árbitro             :          Sr. Marcos Bravo González, (2ª Aut. Colexio de Santiago)
           
            1ª Autonómica Cadete Grupo II – 2ª volta – Xornada 21ª:
Campo            :           “O Cairo”          (Corme, 91 x 52, herba artificial)
Equipos           :           CORME CF    SCD MALPICA 
Data e hora     :           Sábado: 18-03-18, 11:00 horas
Árbitro            :           Sr. David Cancela García, (Colexio da Costa da Morte)

XV Edición da “Liga da Costa” de Fútbol Veterano – Xornada 24ª:

Campo            :           “Ara Solís”       (Fisterra, 91 x 54, herba artificial)
Equipos           :           FISTERRA – MALPICA
Datas e hora    :           Domingo: 18-03-18, 11:00 Horas.-
Árbitro            :           Sr. Castro.-

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

viernes, 9 de marzo de 2018

  A V I S O IMPORTANTE:
A XUNTA DE GALICIA POR MEDIO DA CONSELLERÍA DE DEPORTES, REALIZOU UN COMUNICADO A REAL FEDERACIÓN GALEGA DE FÚTBOL, PARA QUE, DEBIDO A GRAVE SITUACIÓN METEROLÓXICA QUE SE PREVÉ PARA ESTA FIN DE SEMANA, SUSPENDA TODOS OS PARTIDOS QUE SE ÍAN A CELEBRAR ESTE SÁBADO E DOMINGO NA "COSTA DA MORTE".
   DITO COMUNICADO FOI REMITIDO A SÚA VEZ POLA REAL FEDERACIÓN GALEGA DE FÚTBOL AOS CLUBES DA COSTA DA MORTE PARA OS SEUS EFECTOS.
 
        Recibe á SCD Malpica, na "Pedra Queimada" este vindeiro domingo a o "lider " Mazaricos CF, conxunto que leva unha traxectoria na "liga da costa" impecable.
      Os futbolistas de "Repi", despois do mal trago no "derbi" ante o Buño, están mentalizados para dar a sorpresa.
          
           Os cadetes que adestra "Esmorís", enfróntanse tamén en campo propio,  a CD Concello de Zas, equipo que marcha na terceira posición na táboa, o partido esta adiantado para o sábado: 10-03-18, se o tempo o permite, pois espéranse vento moi fortes na "costa da morte", e, a Xunta de Galicia, esta a estudando a posibilidade de aprazar toda a competición do sábado en Galicia. 

            Os veteranos do Malpica, viaxan a Fisterra o vindeiro domingo.

            Estres e todos os partidos da "costa" serán informados  convenientemente trala celebración da xornada dominical.


2ª Autonómica Grupo II – (Liga da Costa) 2ª volta – Xornada 24ª:

Campo            :           “Pedra Queimada”        (Malpica, 100 x 60, herba artificial)                  
Equipos           :           SCD MALPICA   MAZARICOS CF
Data e hora     :           Domingo: 11-03-18, 17:00 horas.-  
Árbitro             :          Sr. Brian Agüero Seoane, (2ª Aut. Colexio de Coruña)
           
            1ª Autonómica Cadete Grupo II – 2ª volta – Xornada 20ª:
Campo            :           “Pedra Queimada”        (Malpica, 100 x 60, herba artificial)
Equipos           :           SCD MALPICA   CD CONCELLO DE ZAS
Data e hora     :           Sábado: 10-03-18, 11:00 horas
Árbitro            :           Sr. Manuel Espasandín Romar, (Colexio da Costa da Morte)

XV Edición da “Liga da Costa” de Fútbol Veterano – Xornada 24ª:

Campo            :           “Ara Solis”        (Fisterra, 95 x 54, herba artificial)
Equipos           :           FISTERRA – MALPICA
Datas e hora    :           Domingo: 11-03-18, 11:00 Horas.-
Árbitro            :           Sr. .-


 AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!