Despois da cicloxénese "Felix", que obrigou a suspender a xornada en todos os campos da "costa", reanúdase a competición de Liga coa xornada 25ª (a 24ª aínda non se coñece cando se disputará).
A SCD Malpica de afeccionados, desprázase nesta xornada ao difícil campo "Xosé Luís Vara" de Esteiro a enfrontarse á SCRD Esteirana, conxunto que marcha no terceiro posto da clasificación, compromiso complicado para o equipo malpicán, que, para este partido xa podrá contar cos seus futbolístas: Juan Fuentes e Gonzálo Vilariño, ausentes fronte ao Buño.
Os Cadetes viaxan a Corme a medirse no "Cairo" ao conxunto cormelán, equipo este que alterna Cadetes con Infantís, pero que esta a facer unha estupenda competición. Esperamos que os malpicáns de "Esmoris" nos saiban dar unha alegría traendo os tres puntos, para mellorar o posto de vicecolísta.
Pola súa banda os Veteranos de J.M. Dourado, van a Fisterra.
A continuación, publícase cuadro informativo de campos e árbitros.
2ª Autonómica Grupo II – (Liga da Costa) 2ª volta – Xornada 25ª:
Campo : “Xosé Luís Vara” (Esteiro,
101 x 60, herba artificial)
Equipos : SCRD ESTEIRANA – SCD MALPICA
Data e
hora : Domingo: 18-03-18, 17:00 horas.-
Árbitro : Sr. Marcos Bravo González, (2ª Aut. Colexio de Santiago)
1ª
Autonómica Cadete Grupo II – 2ª volta – Xornada 21ª:
Campo : “O Cairo” (Corme,
91 x 52, herba artificial)
Equipos : CORME
CF –
SCD MALPICA
Data e
hora : Sábado:
18-03-18, 11:00 horas
Árbitro : Sr. David Cancela García, (Colexio da Costa da Morte)
XV Edición da “Liga da Costa” de Fútbol Veterano – Xornada 24ª:
Campo : “Ara Solís” (Fisterra,
91 x 54, herba artificial)
Equipos : FISTERRA
– MALPICA
Datas e
hora : Domingo:
18-03-18, 11:00 Horas.-
Árbitro : Sr. Castro.-