Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

jueves, 29 de marzo de 2018

Resultados da liga da costa e cadetes da xornada de hoxe::


   Esta mañá celebrouse a última xornada da liga de Cadetes (Grupo 2º da Costa), partidos aprazados por causa da "cicloxéne Félix", correspondentes a xornada 20ª do (11-03-18).
   Polo que respecta á SCD Malpica, acabou á competición ligueira para esta tempada sumando unha nova derrota na "Pedra Queimada", ante o C.D. Concello de Zas, 3º clasificado.
    Agora a esperar a "Copa", poñerlle ilusión, e, mellorar o penúltimo posto da liga, posto que se puido mellorar con só vencer ao Ponteceso SD, na última xornada.
  O sorteo do emparellamento das eliminatorias "copeiras" vaise a celebrar na Subdelegación da Costa da Morte, sita en Baio, o vindeiro martes día 03-04-18 ás 20:00 horas. 
   A continuación publícanse os resultados e clasificación FINAL DA LIGA, de Cadetes correspondentes a tempada 2017/18.

   Igualmente, hoxe festividade de Xoves Santo, disputáronse tres partidos da "liga da costa" de Afeccionados, tamén aprazados da xornada 20ª (o resto dos partidos celebraránse o domingo 01-04-18). Os resultados e a clasificación detállanse a continuación no cadro adxunto.

   Nunha segunda parte colosal, á SCD Malpica derrotou con todo merecemento a un Mazaricos CF algo contemplativo e sen arriscar moito, esperando agazapado algún despiste defensivo malpicán para conseguir o tanto definitivo que lle dera os tres puntos, efectivamente esta actuación doulle os resultados apetecidos, pois, no min. 85, tras un rexeite en curto do porteiro local Anxo, Lago enviou a dentro das mallas.
   Quedaban 5 minutos e os tres puntos parecía que voxaban inxustamente para Mazaricos, pero os malpicáns tiraron de casta embotellando aos visitantes na súa área, forzándo no min. 88 tres saques de corrunchos seguidos, no último deles, Manteca de impecable testarazo logra bater a Toni. E no min. 90+1, o dianteiro Vituco logra introducir de novo na portería de Toni, o gol da vitoria, causando o delirio entre os seus compañeiros e o público das bancadas. Logo este xogador abandoaría o terreo de xogo visiblemente emocionado con mágoas nos ollos, xa que esta atravesando un momento moi delicado por unha grave enfermidade que esta a sufrir o seu pai.
   Con este triunfo á SCD Malpica, sobe varios postos e respira un pouco dos postos de desecenso.
   
   Goleadores:  0-1, min. 85: Lago. 1-1, m. 88: Manteca. 2-1, min. 90+1: Vituco.
     
 



 



        AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!