Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

viernes, 9 de marzo de 2018

  A V I S O IMPORTANTE:
A XUNTA DE GALICIA POR MEDIO DA CONSELLERÍA DE DEPORTES, REALIZOU UN COMUNICADO A REAL FEDERACIÓN GALEGA DE FÚTBOL, PARA QUE, DEBIDO A GRAVE SITUACIÓN METEROLÓXICA QUE SE PREVÉ PARA ESTA FIN DE SEMANA, SUSPENDA TODOS OS PARTIDOS QUE SE ÍAN A CELEBRAR ESTE SÁBADO E DOMINGO NA "COSTA DA MORTE".
   DITO COMUNICADO FOI REMITIDO A SÚA VEZ POLA REAL FEDERACIÓN GALEGA DE FÚTBOL AOS CLUBES DA COSTA DA MORTE PARA OS SEUS EFECTOS.
 
        Recibe á SCD Malpica, na "Pedra Queimada" este vindeiro domingo a o "lider " Mazaricos CF, conxunto que leva unha traxectoria na "liga da costa" impecable.
      Os futbolistas de "Repi", despois do mal trago no "derbi" ante o Buño, están mentalizados para dar a sorpresa.
          
           Os cadetes que adestra "Esmorís", enfróntanse tamén en campo propio,  a CD Concello de Zas, equipo que marcha na terceira posición na táboa, o partido esta adiantado para o sábado: 10-03-18, se o tempo o permite, pois espéranse vento moi fortes na "costa da morte", e, a Xunta de Galicia, esta a estudando a posibilidade de aprazar toda a competición do sábado en Galicia. 

            Os veteranos do Malpica, viaxan a Fisterra o vindeiro domingo.

            Estres e todos os partidos da "costa" serán informados  convenientemente trala celebración da xornada dominical.


2ª Autonómica Grupo II – (Liga da Costa) 2ª volta – Xornada 24ª:

Campo            :           “Pedra Queimada”        (Malpica, 100 x 60, herba artificial)                  
Equipos           :           SCD MALPICA   MAZARICOS CF
Data e hora     :           Domingo: 11-03-18, 17:00 horas.-  
Árbitro             :          Sr. Brian Agüero Seoane, (2ª Aut. Colexio de Coruña)
           
            1ª Autonómica Cadete Grupo II – 2ª volta – Xornada 20ª:
Campo            :           “Pedra Queimada”        (Malpica, 100 x 60, herba artificial)
Equipos           :           SCD MALPICA   CD CONCELLO DE ZAS
Data e hora     :           Sábado: 10-03-18, 11:00 horas
Árbitro            :           Sr. Manuel Espasandín Romar, (Colexio da Costa da Morte)

XV Edición da “Liga da Costa” de Fútbol Veterano – Xornada 24ª:

Campo            :           “Ara Solis”        (Fisterra, 95 x 54, herba artificial)
Equipos           :           FISTERRA – MALPICA
Datas e hora    :           Domingo: 11-03-18, 11:00 Horas.-
Árbitro            :           Sr. .-


 AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!