Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

jueves, 29 de octubre de 2015

Axenda de partidos da SCD Malpica para esta fin de semana:



IV edición da 1ª Autonómica Grupo II –1ª volta - Xornada 9ª:
Campo             :           “Municipal do Souto”    (Herba natural, Padrón)            
Equipos           :           FLAVIA SD   SCD MALPICA  
Data e hora      :           Domingo: 01-11-15, 16:15 horas.-  
Árbitro             :          Sr. Rosende Porto, David.-(1ª Aut.-Santiago).
Asistentes        :           Sres. Queija Pérez e Alauí Soulimane.- (2ª Aut.- Santiago).
            Desprazamento da SCD Malpica a terras padronesas de D. Camilo José Cela, a enfrontarse a un complicado rival, o Flavia SD. Xa toca puntuar, tras catro partidos consecutivos sen facelo. Os malpicáns, que non poderán contar para este choque co auto expulsado Charro por sanción, recuperan aos mancados, Rubén, Javi Trigo e Adrián Rei, xa recuperados, aínda que é dúbida Eloi Vilas.
            Así as cousas, o adestrador Chema Rivadulla, esta intentando ao longo desta semana inculcarlle aos seus homes a moral suficiente para presentar caras au un duro Flavia SD, no seu campo, campo de longas dimensións e provisto de herba natural. O Flavia SD, ocupa na actualidade o 2º posto na táboa clasificatoria, detrás da SD soneira, con 18 puntos que, tras as 8 xornadas disputadas, gañou 6 partidos, non empatou ningún e tan só perdeu 2, leva conseguido 23 tantos, encaixando 12. Os máximos realizadores son: Alejandro, 5, Rego, 3 e Salva, Damián, Brais e David, con 2 goles.
            Difícil partido para os malpicáns, pero acoden coa moral alta e desexosos de comezar a racha positiva de resultados.
Enfrontamentos coa SCD Malpica na tempada 2014/15:
26-10-14: FLAVIA SD       12   SCD MALPICA   (Goles: 1-0, m. 71: Salva. 1-1, m. 74: Cololo. 1-2, m. 90: Rodrigo).
01-03-15: SCD MALPICA  31  FLAVIA SD       (Goles: 1-0, m. 46: m. M. Mara. 2-0, m. 60: Cololo. 3-0, m. 61: M. Mara. 3-1, m. 89: Adrián).


XIII Edición da “Liga da Costa” de Fútbol Veterano – 1ª Volta – Xornada 7ª:
Campo             :           “Municipal de Vimianzo”   (98 x 59, Vimianzo - herba artificial)
Equipos           :           VIMIANZO   -   MALPICA  
Datas e horas   :           Domingo: 01-11-15­, 10:00 horas
Árbitro             :           Sr. Goyeneche.


AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

martes, 27 de octubre de 2015

Goleadores, segundo cadros que se indican:



Oitava xornada ligueira e xa temos dous candidatos serios ao “Pichichi” das categorías 1ª Autonómica G.2º e Grupo 3º “Liga da Costa”.

            Tanto Basti (SD Soneira) e David Blanco (SP. Zas), lideran as clasificacións destacados sobre os seus perseguidores: Alejo (Corme CF), e o trío formado por Álex Flores (SD Castriz), Roberto Pladur (SCRD Esteirana) e Yanky (V. de Baño).

            De todos os xeitos, a competición esta comezando, e, aínda poder haber cambios substanciais a medida que vai marchando a liga.

NESTES INTRES A TÁBOA DOS GOLEADORES MARCHA COMO A CONTINUACIÓN SE DETALLA:



AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

domingo, 25 de octubre de 2015

Crónicas dos partidos da SCD Malpica, desta semana:



IV edición da 1ª Autonómica, Grupo II – (1ª volta) – 8ª Xornada:
Resultado:                   SCD MALPICA   0–1  SIGÜEIRO CF   
SCD MALPICA:  Asier; Casais, Carlos Mallo, Kike, Ó. Moscoso; Martín Uru, Petís, (Víctor, 77), M. Mara, Sergio, (Dímaga,51), Almeida, (Juny, 46), Charro.
SIGÜEIRO CF:    Dani; Oscarín, Borxa, (Forján, 57), Ferro, Isma, Gago, Chema, Maroño, (Manu, 81), Jess, (Álvaro, 84), Luís, (Vasile, 66), Arnejo, (Yoday, 90+1)
Árbitro:                 Sr. Insua Lago, Luís M. -(1ª Aut.-A Coruña). Estivo irregular. Novo na categoría acusou a inexperiencia, sobre todo ao mostrar as tarxetas.  
Asistentes:       Sres. Vázquez Lema e Baña Tajes.-(2ª Aut.-A Coruña). Ambos ben.
Goleadores:     0-1, m. 75: o medio centro visitante Gago, curta un saque de meta de Asier no círculo central, observa o desmarque pola banda dereita do incorporado Vasile e envíalle o “coiro” en profundidade, gáñalle as costas ao lateral, encara a Asier, e, báteo de tiro raso cruzado.               
Ambiente e incidencias:          Tarde soleada con campo en perfectas condicións, 20º de temperatura e 100 seareiros nas bancadas. Non houbo mancados de consideración nin expulsados durante o partido. Debutou nas ringleiras da SCD Malpica, Óscar Moscoso.
Xogadas de perigo da SCD Malpica:   M. 13: pase en profundidade de Ó. Moscoso sobre Petís, este corre a liña de fondo vaise de dous contrarios sacando un potente disparo que se vai a ras do traveseiro. M. 32: xogada iniciada por M. Mara, combina con Petís, este envía a Charro, que quebra a defensa e tira raso a ras do poste dereito, salvando o porteiro Dani, nunha gran intervención. M. 53: combinación entre Charro e Petís o centro deste, empálmao Juny, en moi boa posición alto. M. 74: Petís, curta un avance do lateral Oscarín, na lateral da área, encara ao porteiro, e, a un metro del, faise un lio co “coiro” errando unha clarísima ocasión.
Xogadas de perigo do Sigueiro CF:    M. 25: Maroño, recibe un pase entre liñas, penetra na área algo escorado en cando ía a tirar, adiántaselle Asier, salvando o perigo. M. 39: o dianteiro centro Arnejo, en moia boa posición remata cruzado por enriba do traveseiro. M. 43: Chema realiza unha gran xogada por banda dereita, dende a liña de fondo centra atrás, errando o remate moi desviado o lateral Oscarín. 
Comentario: Cuarta xornada consecutiva sen puntuar da SCD Malpica, e, o que é peor, sen dar a sensación de perigo ante a portería contraria. Esta tarde nun partido con moitas imprecisións por ambos bandos e que levaba márchamo de empate a ceros, os de Sigüeiro, aproveitando a súa única ocasión clara acadaron os tres puntos.
            Pelexaron os malpicáns en busca da vitoria, pero como queda dito, sen crear o perigo necesario diante da portería de Dani, errando nas ocasións mais claras, destacou a contundencia dos dous centrais, a combatividade de M. Mara e pouco mais. O Sigüeiro, tampouco destacou polo seu fútbol, pero viuse un equipo con algo mais oficio.
 
























XIII Edición da “Liga da Costa” de Fútbol Veterano–(1ª Volta)- 6ª Xornada:
Resultado:                   PORTEÑO  1–1  MALPICA  
Aliñación do Malpica:  Chaves; Luazas, A. Carballo, Alfredo, A Coruña; J.L.Arcay, A. Barizo, Mútiu, L Naya; Marcelino, Ban Ban. Tamén xogaron: Leo, Chucho.
Árbitro:            Sr. Rives. Actuación perfecta.-
Goleadores:     1-0, m. 50: internada por banda esquerda do lateral local, que acaba cun medido centro ao punto de penalti, e Martín que chegaba en carreira empalma a rede de Chaves. 1-1, m. 60: falta lateral executada con moita picardía por parte de Alb. Coruña, ao primeiro pau onde Chucho, toca con suavidade e manda ao fondo da rede.           
Incidencias:     Partido disputada no campo “Irmás Patiño” de Camariñas, nunha espléndida mañá soleada. Expulsado o malpicán Alb. Coruña, por dobre amarela.                    
Comentario:     Partido moi disputado e moi ben planeado polo “míster” Dourado, que, a pesar de contar con só         dous trocos, soubo sacarlle un rendemento moi positivo aos seus homes, empatando nada menos que ante o “líder” no seu campo. Primeira parte de mando local e a segunda de iniciativa dos malpicáns, que erraron até tres ocasión moi claras. A nota negativa foi a expulsión de Alb. Coruña, o cal terá que descansar unha semana por sanción, e coa falta de efectivos con que se atopan os malpicáns. 
                   
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!