IV edición
da 1ª Autonómica, Grupo II – (1ª volta) – 7ª Xornada:
Resultado: SD AGOLADA
5 – 1 SCD MALPICA
SD AGOLADA: Dani; David, Rubén, Alexandre, Gabriel, (Ayala, 57), Marcos,
(Diego, 13), Santi, (Riki, 64), Bryan, Pablo, (Rafa, 82), Rubén II, Aitor,(Garea,
62).
SCD MALPICA: Víctor; (Ángel,81), Casais,
Carlos Mallo, Kike, Rubén, (Javi Trigo,56); Eme, Dímaga, (Sergio, 32), Martín
Uru, Eloi Vilas, ©; (Almeida, 34), Petís,
Charro.
Árbitro: Sr. García Lazara.-(1ª Aut.-Lalín). Estivo ben en liñas xerais.
Asistentes: Sres. Iglesias Penela e Penela Rodríguez.-(2ª Aut.-Lalín). Estiveron ben.
Goleadores: 1-0, m. 6: Aitor.
2-0, m. 24: Pablo. 3-0, m. 35: Santi. 4-0,
m. 40: Aitor. 5-0, m. 51: Pablo. 5-1, m. 76: Petís.
Ambiente e incidencias: Preto de 150 de seareiros. Tarde nubrada e boa temperatura para a práctica
do fútbol, campo en excelente condicións. Tiveron que retirarse mancados o
local Marcos (m.13) e os malpicáns, Eloi Vilas e Rubén, (m. 34 e 56). Co
marcador 5-1, o malpicán Eme, lanzou un penalti por enriba do traveseiro que
podía maquillar algo o resultado. Non houbo expulsados.
Comentario: Con dous goles nos primeiros 24 minutos e outros dous antes de que acabara
a primeira parte, o equipo da SD Agolada, non lle dou opción aos futbolistas da
SCD Malpica a poder nin tan sequera achegarse no marcador. Estes goles tan madrugadores
afectoulles tanto na moral aos malpicáns, que algúns dos seus compoñentes,
baixaron os brazos e agarrotáronselle as pernas ata o punto de que daba a
sensación de que estaban a disputar un partido no patio da escola. (?).
De todos os xeitos,
trátase de dúas derrotas consecutivas en campo contrario, que non debe mermar o
potencial exhibido ata de agora, pensando que o calendario venlle propicio a
partir da próxima xornada coa visita a “Pedra Queimada” do Sigüeiro CF. Ademais,
a pesar desta dúas derrotas, ocúpase un estimable 8º posto con 9 puntos.
XIII Edición da “Liga da Costa” de Fútbol Veterano–(1ª Volta)- 5ª Xornada:
Resultado: MALPICA 2–1 S.
ISIDRO DE RAZO
Aliñación do Malpica: Bugallo; (Chaves);
Luazas, A. Carballo, Alfredo, A
Coruña; J.L.Arcay, Mútiu, Marcelino, L
Naya; Leo, Ban Ban . Tamén xogaron: Washington,
Chucho, Abel.
Árbitro: Sr. Canario.- Actuación correcta.
Goleadores: 1-0, m. 60: saque de curruncho botado por Mútiu, prodúcese unha serie de tiros e
rexeites dentro da área, e, finalmente Abel, introduce o “coiro” na portería
visitante. 1-1, m. 64: saque de curruncho a favor do S.
Isidro, rexeita sen moita contundencia a defensa malpicán, e, Juan Couto, dende
fora da área empalma un tiro raso a cepa do poste. 2-1, m. 90+2: de novo saque de curruncho que saca Mútiu, un defensor
visitante rexeita en curto acha mesma banda, onde se atopaba Leo, que envía un
centro pasado ao segundo pau
chegando Marcelino lanzado e fusila o gol da primeira vitoria do Malpica, tras
5 xornadas disputadas.
Incidencias: Mañá nubrada sen
choiva, con boa temperatura para a practica do fútbol. Non houbo mancados de
consideración nin expulsados.
Comentario: Primeira vitoria
dos veteranos do Malpica, nun partido moi igualado, que puido caer de calquera
bando, ao final e, cando se daba o empate por definitivo, apareceu o oportunismo
de Marcelino que lles da aos malpicáns tres puntos de ouro para subir postos na
táboa.
AGORA E
SEMPRE COA SCD MALPICA!