Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

viernes, 16 de octubre de 2015

Axenda de partidos da SCD Malpica para esta fin de semana:


IV edición da 1ª Autonómica Grupo II –1ª volta - Xornada 7ª:
Campo             :           “Hospitalillo”     (Agolada – herba artificial)                  
Equipos           :           SD AGOLADA   SCD MALPICA  
Data e hora      :           Domingo: 18-10-15, 17:00 horas.-  
Árbitro             :          Sr. Marcelino García Lazara.-(1ª Aut.-Lalín).
Asistentes        :           Sres. Iglesias Penela e Penela Rodríguez.- (2ª Aut.- Lalín).
            Por así estar establecido no calendario, segunda saída consecutiva da SCD Malpica, desta vez á localidade da Golada, con Concello propio e pertencente ao Partido Xudicial de Lalín, provincia de Pontevedra, atópase a unha distancia de Santiago de Compostela, de 71 Kms. sendo o nome do clube á SD Agolada; un dos desprazamentos mais longos da SCD Malpica.
            A SD Agolada, polo que a súa clasificación respecta, parece que aínda non lle tomou o pulso a competición esta tempada, pois, das seis xornadas disputadas, só gañou 1 partido, empatou dous e perdeu 3, marcou 5 goles e encaixou 9; acredita 5 puntos, figurando no posto 12º da táboa. Os 5 goles materializados, foron a cargo de Aitor, 3, Otero e Santi, con 1. Contan ademais con Pablo, dianteiro centro moi perigoso pola súa corpulencia que este tempada aínda non se estreou na conta de goles, pero que todas tempadas acaba sendo o máximo realizador do seu equipo, un home a vixiar polo adestrador malpicán Chema Rivadulla.
            Pola súa banda os malpicáns, que comezaron a campaña brillantemente, afrouxaron algo nestes últimos dous partidos, pero as causas hai que buscalas na cantidade de baixas por lesión e enfermidade que esta a sufrir o equipo, non sendo capaz Chema Rivadulla, de aliñar o mesmo equipo dúas xornadas consecutivas. Ao parecer para esta xornada, xa poderá contar con Almeida, Charro e Adrián Rei, recuperados, sendo dúbida Javi Trigo, pero perde por sanción e exames, a Asier e Juny. Non obstante, os futbolistas de Chema
están moi ilusionados de sacar algo positivo, pois o “Hospitalillo”, é un campo que se lle da ben ao equipo malpicán.         
Enfrontamentos coa SCD Malpica na tempada 2014/15:
23-11-14: SCD MALPICA   21   SD AGOLADA     (Goles: 0-1, m. 3: Pablo.  1-1, m. 58: Cololo. 2-1, m. 70: M. Mara).
05-04-15:  CD UNIÓN        11   SCD MALPICA    (Goles: 0-1, m. 4: Cololo. 1-1, m. 76: Pablo).




XIII Edición da “Liga da Costa” de Fútbol Veterano – 1ª Volta – Xornada 5ª:
Campo             :           “Pedra Queimada”         (100 x 60, Malpica - herba artificial)
Equipos           :           MALPICA   -   SAN ISIDRO DE RAZO   
Datas e horas   :           Domingo: 18-10-15­, 11:00 horas
Árbitro             :           Sr. Canario.


 Destácase o soneirán Basti, na táboa dos goleadores da 1ª Autonómica con 8 goles.

Na 2ª Autonómica, loita entre Yuyo (Camariñas FC) e David Blanco, (SP. Zas).
Véxanse táboas dos goleadores tras 6 xornadas disputadas nambas competicións:         
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!