Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

miércoles, 7 de octubre de 2015

Goleadores, SCD Malpica, 1ª Aut. G II e "Costa":

Basti (SD Soneira), figura destacado nestas primeiras cinco xornadas de liga na táboa dos goleadores, con 7 goles, cun promedio de 1,4 goles por partido, a escasa distancia ségueno, Alejo, (Corme CF) con 5 e Piki, (Outes CF) con 4.

Na "liga da costa" polo momento, hai mais loita pola cabeza da táboa cun triple empate a 6 goles entre: Yuyo, (Camariñas FC) Álex Flores, (SD Castriz) e Joaquín, (SD S. Lourenzo).

  Polo que respecta as dúas categorías coas que dispón a SCD Malpica, os goleadores son os que se indican na táboa adxunta:


AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA! 









XUNTANZA A DÚAS BANDAS NO CONCELLO DE MALPICA:

O VINDEIRO VENRES, 09-10-15, ÁS 12:30 HORAS, VÁISE CELEBRAR NO CONCELLO DE MALPICA, UN XUNTANZA A NIVEL DEPORTIVO, ENTRE OS REPRESENTANTES DEPORTIVOS MUNICIPAIS, ENCABEZADOS POLO CONSELLEIRO DE DEPORTES, O SR. IAGO ESPASANDÍN E A DIRECTIVA DA SCD MALPICA, QUE COMANDA O SR. MANUEL COTELO.

O PRINCIPAL MOTIVO DESTA XUNTANZA, É TRATAR DE QUE A SCD MALPICA, COMPITA EN CATEGORÍAS BASE, A PODER SER XA, DENDE ESTA TEMPADA, APROVEITANDO O NÚMERO DE RAPACES QUE O PROPIO CONCELLO DISPÓN PARA AS COMPTICIÓNS DE FÚTBOL SALA NO TORNEO DENOMINADO "COSTA BERGANTIÑÁ"  NA QUE,  TODOS OS ANOS COMPITEN ENTRE SI OS CONCELLOS DA COSTA DA MORTE.

A SCD MALPICA, COMO TODOS COÑECEN, TIÑA O DESEXO DE PARTICIPAR EN CATEGORÍAS DE BASE, E QUE TIVO QUE RETIRARSE DAS COMPETICIÓNS DE XUVENÍS E CADETES, POR FALTA DE EFECTIVOS, LOGO DE PRESENTAR ESCRITOS DE ALTA NA F.G.F., O QUE LLE CUSTOU UNHA SANCIÓN FEDERATIVA DE 120 EUROS, QUERE AGORA NESTA XUNTANZA, INTENTAR COMPETIR, E BUSCA PARA ELO, A COLABORACIÓN DO DEPARTAMENTO DE DEPORTES DO CONCELLO MALPICÁN.

ESPERAMOS,  QUE A XUNTANZA DISCURRA POLOS CAUCES DA CONCORDIA, 
POLO BEN DE TODO MUNICIPIO MALPICÁN, PARA QUE RAPAZASS E RAPACES, DEFENDAN AS CORES DOS SEUS EQUIPOS CON AMIZADE E DEPORTIVIDADE.

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!