Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

domingo, 4 de octubre de 2015

Crónicas dos partidos da SCD Malpica desta semana:



IV edición da 1ª Autonómica, Grupo II – (1ª volta) – 5ª Xornada:
Resultado:                   SCD MALPICA   1 – 3   CD BAIO    
SCD MALPICA:  Asier; Casais, Martín Uru, (Carlos Mallo,83), Kike, Rubén; Eme, Eloi Vilas, © Adrián Rei, (Petís, 46), Martín Mara, Almeida, (Sergio,86), Charro.
CD BAIO:             Pablo; Fachal, (Ramón, 84), Eloi, (Julián, 88), Mario, Yago; Norberto, M.C., Martín, (Rubio, 75), Cristian Ordoñez, Moreno, Saleta, (Luisito, 63).  
Árbitro:                 Sr. Barros Vidal, Adrián.-(1ª Aut.-A Coruña). A súa actuación sería de impecable, senón fora unha sinalización dun fora de xogo ao malpicán Almeida, nunha cesión dun contrario, aínda que no seu descargo cabe  destacar que llo marcou o seu asistente. De todos os xeitos estivo con nota alta.
Asistentes:       Sres. Rosende Cancela e Liste Recarey.-(2ª Aut. A Coruña.-). Regulares.
Goleadores:     1-0, m. 38: oportuna intercepción dun pase aos defensas visitantes de M. Mara na liña de medios, encara a portería acosado por tres contrarios e, dende o punto de penalti, cruza raso ante a saída de Pablo. 1-1, m. 74: gol olímpico de M.C., o porteiro malpicán Asier, quizais cegado polo sol, non chega ao “coiro” que acaba dentro da súa portería. 1-2, m. 77: xogada por banda esquerda entre Moreno e Luisito, este intenta un centro chut dende o vértice da área, o “coiro” pega no lombo do central local Rubén, desviando a traxectoria e introducíndose na portería de Asier, sin que este poida facer nada. 1-3, m. 79: en pleno acoso local en busca da igualada, hai un rexeite longo      bombeado que chega a media lúa local, M.C. gáñalle a partida a defensa e, ante a saída de Asier, envíalle unha vaselina que o porteiro atalla en primeira estancia, pero con tan mala sorte que o “coiro” cáelle a chumbo de novo a M.C. o cal a porta baleira non perdoa.
Ambiente e incidencias:          Uns 150 seareiros nas bancadas. Tarde soleada con lixeiro vento do S.O.. Non houbo mancados nin expulsados.      
Xogadas de perigo da SCD Malpica:   M. 36: xogada por banda dereita de Adrián Rei, cun tiro que toca nun contrario facendo un estraño o “coiro” e sae lambendo o traveseiro a saque de curruncho. Sacado este, en curto sobre Charro, este envía un centro ao 2º pau, onde entra Eme, pero o seu testarazo, sae a ras do poste cando o gol xa se cantaba. M. 49: arrancada de M. Mara, polo centro, abrindo sobre Petís, este centra ao segundo pau, rematando Charro, cun tiro cruzado que Pablo salva milagrosamente. M. 56: gran xogada individual de Charro pola banda esquerda, plántase algo escorado ante Pablo, que salva un gol seguro coa axuda do seu defensa Yago, saíndo rexeitado o “coiro”.
Xogadas de perigo do CD Baio:          M. 10: saque de curruncho, botado por Moreno, longo ao 2º pau, recolle M.C. só, tira cruzado ao traveseiro. M. 29: internada de M.C. pola esquerda en pugna con Kike, penetra na área, tira cruzado, salvando Asier, en espectacular parada. M. 32: combinación entre Christian Ordoñez e M.C., o tiro deste último en boa posición, sae desviado. M. 54: sorprendente chupinazo de M.C. dende 30 metros, gran intervención de Asier. M. 73: internada polo centro de Norberto, cun disparo dende a liña de tres cuartos ao que responde Asier cunha gran parada.        
Comentario:     Tras unha primeira parte aceptable na que a SCD Malpica, controlou ben ao CD Baio, logrando adiantarse no marcador, chegou unha segunda, na que os baieses levaron a iniciativa ante un contemplativo Malpica, que intentaba deixar pasar os minutos, logo chegaron os seis minutos fatídicos do goleador M.C. (do 74 ao 79), na que o seu cheiro goleador, acabou coa resistencia dos malpicáns, iso si, con algo de sorte, pois o primeiro e o segundo gol, xeralmente non soben ao marcador en circunstancias normais.






















XIII Edición da “Liga da Costa” de Fútbol Veterano–(1ª Volta)- 3ª Xornada:
Resultado:                   NANTÓN  2 –2  MALPICA                
Aliñación do Malpica:  Chaves, L. Naya, A. Carballo, Chucho, Alfredo; Mútiu, J.L.Arcay, Leo, Washington; Marcelino, Ban Ban,. Tamén xogaron: Luazas, Abel.
Árbitro:            Sr. Castro. Estivo ben no seu cometido.
Goleadores:     0-1, m. 16: saque de curruncho de Mútiu, rexeita en curto o porteiro local Manolito, e, Marcelino, moi oportuno introduce o “coiro” nas mallas. 1-1, m. 26: pase longo bombeado por enriba da defensa malpicán, Alonso por velocidade gáñalle a acción ao porteiro e báteo por baixo. 1-2, m. 60: gran pase de Ban Ban sobre Alfredo     que viña lanzado e culmínao cun empalme ao borde da área que Manolito nin se entera. 2-2, m. 80, arrincada de Muiño, (alcalde de Cabana) dende campo propio salvando a todos que lle saen ao paso, o seu centro atrás dende a liña de fondo, remátao ao fondo da rede Paco.   
Incidencias: Mañá con lixeira chuvia e vento do sur que non entorpeceu o desarroio de xogo. Non houbo mancados nin expulsados. Partido que segundo o calendario debía disputarse en Malpica, o cal a petición do clube Nantón, alteraron á orde de campos.
Comentario:  Tres xornadas disputadas e terceiro empate consecutivo dos veteranos malpicáns polo mesmo resultado (2-2).  O Malpica, que saíu ao campo con once xustos, debido ao despiste de algún futbolista, que, en lugar de desprazarse a Nantón foron a “Pedra Queimada” , logo retornaron a Nantón e puideron ser aliñados pero xa co partido na segunda parte. A ocasión de quedarse cos tres puntos, tívoa Ban Ban no derradeiro minuto o cal só ante Manolito, desperdiciouna  tirando por enriba do traveseiro.
                                                                                                                                    
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!