IV edición
da 1ª Autonómica, Grupo II – (1ª volta) – 6ª Xornada:
Resultado: CD UNIÓN 4 – 0 SCD MALPICA
CD UNIÓN: Miguel; Sergio, Andrés, Pablo, Dani Conde; Víctor, © Óscar, (Álex, 59), Walter,
(Saviola, 72), Chicho; (Ardilla, 46), Manoliño, Mauro, (Santi, 75).
SCD MALPICA: Asier; Casais, Carlos
Mallo, (Dímaga, 59), Kike, Rubén; Eme, Martín Uru, Eloi Vilas, © Petís, Sergio,
Juny, (Víctor, 67).
Árbitro: Sr. Gude González.-(1ª Aut.-Boiro). Tras unha primeira moi ben pitada. Na segunda, houbo
dúas xogadas clave, que quizais por collelo algo lonxano, deixoulle o
protagonismo ao seu 1º asistente, ambas moi dubidosas, a 1ª nunha carga legal
ao borde da lateral da área de Rubén sobre Manoliño (m.54) que lle custou a
tarxeta por protestas ao futbolista malpicán. A 2ª, mais decisiva ocorreu no m.
67, cando unha vaselina de Mauro dende a liña de tres cuartos vendo ao porteiro
Asier adiantado, este rectificou moi ben recuando e atallando o “coiro” entre a
media lúa e á liña da área. O asistente estimou que a acción era fora da área e
o Sr. Gude González, expulsou ao porteiro malpicán. A parte destas xogadas que o
colleron algo lonxe, a súa labor pode catalogarse boa.
Asistentes: Sres. Sobrado Tarrío e Costa Carou.-(2ª Aut. Boiro). Salvo as xogadas
mencionadas que facilmente poderían omitirse, estiveron correctos.
Goleadores: 1-0, m. 62: pase longo sobre Manoliño o cal entra na área fai uns recortes, ao parecer
axudado co brazo, centra atrás e Mauro,
só fusila a porta Baleira. 2-0, m. 73: outro
pase longo por enriba da defensa, permítelle a Saviola, gañarlle a espalda,
centra ao punto de penalti, fusilando Manoliño
a Víctor, substituto de Asier. 3-0, m. 90+2: cos malpicáns
volcados en busca do gol da honra, prodúcese un contraataque, no tres dianteiros
locais quedan en superioridade diante de Víctor, Saviola,
golea na liña de gol. 4-0, m. 90+4: xogada
parecida á anterior, Manoliño vaise só pola banda dereita, entra na área cede a
Saviola, e este fusila sin remisión ao porteiro local Víctor.
Ambiente e incidencias: Un cento de seareiros nas bancadas, nunha tarde nubrada, con chuvia e 19º
de temperatura. Non houbo mancados. Expulsado o porteiro malpicáns Asier, ( m.
67) por, segundo o asistente atallar o “coiro” fora da área.
Xogadas de perigo do CD
Unión: M. 3: centro do lateral Sergio dende a dereita, gran remate de Manoliño, que
atalla moi ben Asier en gran intervención.
M. 15: escapada de Mauro, por banda esquerda, plántase ante Asier, salvando
nunha acertada saída. M. 34: nova
gran intervención de Asier, a saque de falta directa de Mauro. M. 55: Manoliño, internase polo centro , tras
despiste defensivo, encara a Asier, salvando este na súa saída. M. 61: Andrés, lanza unha falta á cepa
do poste esquerdo, que atalla Asier con seguridade.
Xogadas de perigo da SCD
Malpica: M. 9: xogada de Petís, co pase a media lúa sobre Eloy Vilas, que empalma lambendo
o traveseiro. M. 37: xogada ensaiada
de saque de curruncho, M. Uru, saca en
curto sobre Sergio, o cal dende
o vértice da área empalma a media volta un voleón que sae lambendo o poste de
Miguel. M. 77: xogada individual de
Rubén, penetra na área salvando contrarios, tirando lambendo o poste dereito. M. 79: saque de falta botada por Eme a
cinco metros da área, rexeita a barreira e, Eloy Vilas, empalma un tiro que
para Miguel ben colocado.
Comentario: A SCD Malpica, presentouse en Rianxo cunha cantidade de baixas considerable,
obrigando ao adestrador Chema Rivadulla, a plantexar unha táctica de contención
que dou os froitos na primeira parte, conseguindo chegar ao tempo de lecer cun
empate a ceros. Na segunda parte, e, tras esa dúas xogadas reseñadas, que marcaron
o partido, o CD Unión, logrou impor o seu ritmo e a mellor facilidade
goleadora, tras o desconcerto da zaga malpicán.
XIII Edición
da “Liga da Costa” de Fútbol Veterano–(1ª Volta)- 4ª Xornada:
Resultado: SP. SEAIA 1–1 MALPICA
Aliñación do Malpica: Chaves; Luazas, Alfredo,
A. Carballo, A Coruña; J.L.Arcay, Mútiu, A. Barizo, L Naya,; Ban
Ban, Marcelino. Tamén xogaron: Washington, Chucho, Leo.
Árbitro: Sr. Capellán.- Non estivo ben no seu cometido, falto de criterio e con erros graves na
sinalización dos foras de xogo. Prexudicando nesta faceta ao equipo malpicán.
Goleadores: 1-0, m. 12: Reborido. 1-1, m. 55: Alfredo de falta directa.
Incidencias: Mañá nubrada sen
chuvia, excelente para a práctica do fútbol. Non houbo mancados nin expulsados.
Comentario: Cuarta xornada de
liga e cuarto empate do equipo malpicán, desta vez a un tanto. Os veteranos de
Dourado, dominaron toda a segunda parte pero a falta de acerto no remate, sobre
todo un testarazo de Marcelino a porta baleira que se foi por enriba do
traveseiro, non lograron desnivelar a balanza ao se favor quedándose este nun
exiguo empate, que lles permite seguir imbatidos, pero ao sumar só dun en un, alóngaos
da cabeza da táboa.
AGORA E
SEMPRE COA SCD MALPICA!