Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

jueves, 8 de octubre de 2015

Axenda de partidos da SCD Malpica para esta fin de semana:



IV edición da 1ª Autonómica Grupo II –1ª volta - Xornada 6ª:
Campo             :           “As Vilas”         (Asados - Rianxo – 102 x 65, herba artificial)              
Equipos           :           CD UNIÓN   SCD MALPICA  
Data e hora      :           Domingo: 11-10-15, 17:00 horas.-  
Árbitro             :          Sr. Gude González.-(1ª Aut.- Boiro - Santiago).
Asistentes        :           Sres. Sobrado Tarrío e Costa Carou.- (2ª Aut.- Boiro - Santiago).
            Tócalle desprazarse á SCD Malpica nesta xornada á parroquia de Asados, pertencente ao termo municipal de Rianxo; de dita parroquia é o CD Unión. Este equipo, punteiro da liga da Barbanza, leva varias tempadas competindo con exitosa regularidade na Primeira Autonómica colleitando moi bos resultados, sen ir mais lonxe, a tempada pasada estivo a punto de conseguir disputar a promoción de ascenso a Preferente Galicia, clasificándose no posto 3º a tan só tres puntos de A Pobra FC, conxunto este que sería o que ascendese.
            O CD Unión, nesta tempada ocupa o 5º posto na táboa despois de cinco xornadas, con 10 puntos, un mais ca a SCD Malpica; gañou 3 partidos, empatou 1 e tan só sufriu unha derrota, materializou 12 goles ( 2,4 de media) e recibiu 5; os seus máximos realizadores son: Mauro e Domínguez, con tres goles cada un.
            Ante este díxitos, tanto os homes de Chema Rivadulla coma o propio adestrador, deberán tomar  boa nota de cómo é o próximo rival, o cal despois da última derrota na casa fronte a CD Baio, deberán saír moi concentrados para intentar non perder, para non quedar moi descolgados na táboa, posto que logo, haberá que afrontar outro desprazamento seguido a Agolada. Tamén Chema, deberá tomar boa nota das dimensións do campo “As Vilas”, campo dos mais grandes da categoría e saber colocar aos seus futbolistas tacticamente para facerlle fronte ao rival.
Enfrontamentos coa SCD Malpica na tempada 2014/15:
07-09-14: SCD MALPICA   0 – 2   CD UNIÓN                (Goles: 0-1, m. 58: Alejandro.  0-2, m. 66: David).
08-03-15: CD UNIÓN         2 – 1   SCD MALPICA    (Goles: 1-0, m. 36: Charles. 2-0, m. 65: David. 2-1, m. 71: Rodrigo).
 
XIII Edición da “Liga da Costa” de Fútbol Veterano – 1ª Volta – Xornada 4ª:
Campo             :           “San Andrés”    (92 x 57, Zas - herba artificial)
Equipos           :           SP. SEAIA   -   MALPICA
Datas e horas   :           Domingo: 11-10-15­, 11:00 horas
Árbitro             :           Sr. Capellán.

 AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!