Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

jueves, 1 de octubre de 2015

Axenda de partidos da SCD Malpica desta fin de semana:



IV edición da 1ª Autonómica Grupo II –1ª volta - Xornada 5ª:
Campo             :           “Pedra Queimada”         (100 x 60, Malpica - herba artificial)                  
Equipos           :           SCD MALPICA    CD BAIO 
Data e hora      :           Domingo: 04-10-15, 16:30 horas.-  
Árbitro             :          Sr. Barros Botana, Adrián.-(1ª Aut.-A Coruña).
Asistentes        :           Sres. Rosende Cancela e Liste Recarey.- (2ª Aut.-A Coruña).
            Logo do extraordinario triunfo conseguido polos homes de CHEMA RIVADULLA, no complicado campo do Lesende CF, tócalle á SCD Malpica, recibir en campo propio ao CD Baio, equipo “decano da costa”, que, tralo excelente 4º posto conseguido a tempada pasada, non acaba este ano de atopar o seu punto da partida, baixo a estimable dirección do outrora goleador da “liga da costa”, Óscar Suárez. 
O C.D. Baio, chega “ferido” a campo malpicán, xa que, tras catro xornadas disputadas, só contabiliza un punto, o conseguido na primeira xornada fronte ao Piloño, (0-0); conta cun gol a favor e sete en contra.
Pola súa banda, a SCD Malpica, baixo a batuta de Chema, con nove puntos, cinco goles a favor e 4 en contra, esta a facer un inicio da campaña espléndido, pero !ollo! non deben confiarse os futbolistas locais desta mala racha baiés, pois como mais enriba se indica é un equipo “mal ferido”, o cal en calquera momento pode curar das súas “feridas”, recuperarse, e iniciar a senda das vitorias, pois equipo para elo teno, xa que conta practicamente co mesmo plantel da tempada pasada e algún reforzo deste ano. Esperemos que non comece a súa recuperación nesta xornada e os futbolistas malpicáns, que están a demostrar unha inmensa intensidade con rachas de bo fútbol, saiban contrarrestar as embestidas dos Martín, MC, e Cª., e logren os tres puntos para chegar o mais pronto posible a eses 40 puntos que dan dereito a salvación da categoría.
Enfrontamentos coa SCD Malpica na tempada 2014/15:
02-11-14: SCD MALPICA   2 – 0   CD BAIO                (Goles: 1-0, m. 27: Mario, p. porta.  2-0, m. 30: Alemán).
08-03-15: CD BAIO           1 – 0   SCD MALPICA       (Goles: 1-0, m. 12: Brais Garrido).




XIII Edición da “Liga da Costa” de Fútbol Veterano – 1ª Volta – Xornada 3ª:
Campo             :           “As Fontiñas”    (105 x 66, Nantón - herba natural)
Equipos           :           NANTON   -   MALPICA
Datas e horas   :           Domingo: 04-10-15­, 11:00 horas
Árbitro             :           Sr. CASTRO.
Incidencias      :              Partido que segundo o calendario debía disputarse en Malpica, pero ambos equipos de común acordo, alteraron a orde de campo.

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!