Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

miércoles, 30 de diciembre de 2015

Reclamacións por aliñación indebida na "copa da costa":

SCD MALPICA, BUÑO SCD E UD MONTE LOURO, reclaman polos seus partidos na "copa da costa":

   O Comité de Competición e Disciplina, da Federación Galega de Fútbol, abre información aos equipos: Volantes de Baño FC, SD. San Lourenzo e Corme CF, por suposta aliñación indebida nos seus partidos de Dezaseisavos de Final da LIII Edición da "Copa da Costa", celebrados o pasado domingo día 27-12-15, fronte aos rivais enriba citados.

  Estes clubes afectados, deberán contestar ao Comité no prazo de dous días hábiles, e demostrar que non incurreron en aliñación indebida por calquera medio legal de proba. Caso de non facelo, serán dados perdedores dos seus partidos correspondentes e sancionados coa perda da eliminatoria, quedando excluidos da competición "copeira" desta tempada. Así se recolle no artigo 68.1. do Regulamento Disciplinario da F.G.F. do ano 2015, todo elo en consonancia cos artigos, 48 e 51 di expresado Regulamento.

  Lembramos que os resultados que se deron neste partidos foron:

  V. de Baño 5-3  SCD Malpica. Buño SCD  0-1  SD S. Lourenzo. Corme CF 1-0  UD Monte Louro.


NOVAS INCORPORACIÓNS DA SCD MALPICA:

    A falta duns pequenos detalles por concretar, a SCD Malpica, ten previsto incorporar esta semana, dúas novas fichaxes, co fin de intentar saír dos postos baixos da táboa e eludir o descenso de categoría, trátase dos futbolistas: ROI CARRIL  (procedente do CF Porteño), e JACOBO CASTELO, (procedente do CD Naron).

  Cando se produza definitivamente a noticia, continuaremos informando e dando mais detalles dela.

 A última hora da noite, fructificou definitivamente a fichaxe de ROI CARRIL, futbolista procedente do CF Porteño.

ROI CARRIL, de 23 anos de idade, militou nos seguintes clubes da "costa":

Tempada, 2006/07  a  2007/08,  SD Soneira, en categoría Cadete.
Tempada, 2008/09  a  2008/09,  SD Soneira, en categoría Xuvenil.
Tempada, 2009/10  a  2010/11,  Dumbría CF, en categoriá Xuvenil.
Tempada, 2011/12  a  2011/12,   Dumbría CF, en categoría afeccionado.
Tempada, 2012/13  a  2013/14,  Camariñas FC, en categoría afeccionado.
Tempada, 2014/15  a  2015/16, CF Porteño, baixa 20-12-15, por pase á SCD Malpica.
Tempada, 2015/16, (30-12-15),   SCD Malpica, continúa... 

ROI CARRIL, que actúa preferentemente de medio atacante, materializou na Tempada 2014/15, 9 goles no CF Porteño, levando na actual 6 goles.    

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

 

domingo, 27 de diciembre de 2015

Crónica do Partido de copa da costa da SCD Malpica:



“LIII” edición da “Copa da Costa”- Dezaseisavos de final - Ida:
Resultado:       VOLANTES DE BAÑO FC  5-3   SCD MALPICA  
V. DE BAÑO CF: Javira; Sergio, Julio Porrúa, (Andel, 19), Pablo, (Rubén Santos, 76), Juan do Sivil, Tico, Javi, Mou, Yanki, Pardelo, Paqui.
SCD MALPICA:  Ángel; Petís, Víctor, Casais, Carlos Mallo, Dímaga, Sergio, Adrián Rei, Asier, Martín Mara, Vitalie.  
Árbitro:            Sr. Óscar Regos Martínez.- (2ª Aut.- A Coruña). Fixo unha labor bastante aceptable a pesar de ser moi protestado polos dous equipos, por conceder dous tantos locais e un visitante en claros foras de xogo. No seu descargo subliñar, que é moi difícil arbitrar sen asistentes, e, si ademais, non hai unha boa visibilidade debido a deficiencia do alumeado eléctrico aínda se fai mais difícil.
Asistentes:       Sen asistentes.-
Goleadores:     1-0, m. 3: un centro de Javi, bombeado dende a banda dereita, moi pasado, intenta rexeitalo Petís, ao borde da área grande moi forzado o coiro sae despedido cara a súa propia portería e cólaselle a Ángel polo ángulo esquerdo. 1-1, m. 5: pase en longo sobre Asier, este centra raso sobre Vitalie, que toca moi levemente o “coiro” e bate a Javira na súa saída. 2-1, m. 24: o perigoso e goleador local Yanki, recibe de Andel en claro fora de xogo, encara a Ángel e báteo de tiro raso. 3-1, m. 48: de novo Yanki, en fora de xogo, intérnase pola dereita, centra ao segundo pau e Javi, empurra a rede. 4-1, m. 54: Andel lanza unha falta a altura do seu banquiño, Juan de Sivil, adiántaselle a defensa e porteiro malpicán e remacha de testarazo. 5-1, m. 78: outra vez o goleador Yanki, arrinca dende o círculo central dende detrás da defensa (fora de xogo) o árbitro con pouca visión non sinala nada, e no man a man con Ángel, báteo de tiro raso. 5-2, m. 89: xogada de Carlos Mallo, cun pase entre liñas sobre Asier, este controla e con moita serenidade bate a Javira. 5-3, m. 90+2: xogada similar á anterior, pero esta vez e M. Mara, o que tras xogada individual, envía en profundidade sobre Asier, o cal de novo resolve coma un dianteiro goleador, nesta xogada o malpicán, tamén estaba en fora de xogo que o árbitro non detecta.
Ambiente e incidencias:          Tarde nubrada pero templada con 15º en Muros. 70 Seareiros. Tiveron que marchar mancados os locais, Julio Porrúa e Pablo, (m. 19 e 76). Expulsado con vermella directa o malpicán Casais, por protestar iradamente o 5º gol local (m. 78).     
Xogadas perigosas do V. de Baño FC: Non crearon moitas ocasións de perigo os locais, salvo os goles que conseguiron daquela maneira (?), a única de verdadeiro perigo ocorreu no m. 17, nun saque de banda do lateral Sergio que toca coa testa para atrás Javi, o “coiro” chégalle ao escurridizo Yanki, pero o seu remate á media volta, rexéitao nunha gran intervención Ángel.
Xogadas perigosas SCD Malpica: M.14: “coiro” colgado sobre a media lúa, deixada coa testa de M. Mara sobre Asier este cede raso a Adrián Rei, completamente só pero dórmese e deixa que a defensa rexeite. M. 27: falta botada por Dímaga ao pau longo sobre Vitalie, este en vez centrar, opta por tirar sen ángulo o balón vai a lateral da rede. M. 28: saque longo de banda de Dímaga sobre o punto de penalti, peitea cara atrás un defensor, o “coiro” cáelle aos pes de Vitalie só no segundo pau o cal erra lamentablemente o remate. M. 62: executada por Vitalie na lateral da área, Asier cede a tras sobre Carlos Mallo, na media lúa, este coa su perna mala, tira a ras da escuadra da portería de Javira.
Comentario:     Por motivos descoñecidos, á SCD Malpica, presentouse no campo de “Miraflores” ante o V. de Baño, soamente con once futbolistas xustos de vinte e tres fichas. ¡LAMENTABLE!, onde esta o compromiso da maioría dos rapaces que asinaron ficha a principio da tempada?.
            Volvendo ao partido, pouco que comentar, escaseo de fútbol, moito peloteo e un Volantes buscando en longo ao seu goleador Yanki, que se bastou para por de cara a eliminatoria ao seu favor, a pesar de xogar con dificultades físicas. Os malpicáns, que quedaron con dez (m.78), remaron o que puideron cos porteiros Víctor e Asier, disputando todo partido de titulares de central e dianteiro centro.


AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

viernes, 25 de diciembre de 2015

Copa da Costa Partido da SCD Malpica esta fin de semana:



“LIII” Edición da “Copa da Costa” afeccionados, dezaseisavos de final-Ida:

Campo             :           “Miraflores”   (94 x 53, herba artificial, Muros)   
Equipos           :           VOLANTES DE BAÑO FC    SCD MALPICA   
Data e hora      :           Domingo: 27-12-15, 16:00 horas          
Árbitro :           :           Sr. Óscar Regos Martínez.-(2ªAut.-A Coruña).
Asistentes        :           Sen asistentes.
                Trala eliminatoria previa da “copa da costa” disputada a partido único o pasado día 08-12-15, da que saíron vencedores a SD Soneira e o Outes CF, disponse a SCD Malpica a comezar os dezaseisavos de final, tendo para elo que desprazarse a Muros, Vila onde o clube Volantes de Baño FC, celebra os seus partidos no terreo de xogo de “Miraflores”.
            O clube, V. de Baño FC, deuse de alta na F.G.F., na tempada 2011/12, competindo na 3ª Autonómica, logrando o ascenso ao final desa mesma tempada, ao quedar 4º na táboa e disputar a promoción de ascenso coa UD. Cerqueda, (5-2 e 1-3) foron os resultados. Dende a tempada 2012/13, esta encadrado na 2ª Autonómica, (liga da costa); é un equipo por tanto novel na “costa” xa que tan so leva coa actual 5 tempadas competindo.
            Nesta tempada, cando se levan disputado 16ª xornadas, figura clasificado no posto antepenúltimo, con 11 puntos, gañou 3 partidos, empatou 2 e perdeu 11. Marcou 20 goles e encaixou 66. O se principal artilleiro é Yanki, con 12 tantos, veterano e experimentado futbolista con moitas tempadas enrolado no Muros SD.
            Para os futbolistas da SCD Malpica, este debe ser un bálsamo para romper a mala racha que atravesa na liga e poder iniciar unha recuperación tan necesaria para coller moral, pero ollo!!! sen confianzas pois aínda que, existe diferenza de categoría, esta non é tanta como para gañar sen baixarse do autobús. É necesario sacar esta eliminatoria adiante, para poder os futbolistas malpicáns crer neles mesmos e pensar que o da liga e froito das infinitas lesións que esta atravesando o equipo.
A SCD Malpica e o Volantes de Baño CF, nunca se enfrontaron entre si.

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

miércoles, 23 de diciembre de 2015

Goleadores da "liga da costa" e 1ª Autonómica G. 2º:



A unha xornada para que acabe a primeira volta da liga, grande golpazo enriba da mesa dou David Blanco (Sp. Zas), destacando con catro goles no partido fronte á SD Ameixenda, isto permítelle, acadar de novo a cabeza da táboa dos goleadores que perdera na xornada 15ª, destacándose con 20 goles, seguido de Álex Flores (SD Castriz), con 17, xa que non marcou nesta xornada; Estefano (Mazaricos CF), tamén se achega levemente e queda con 15 e Yuyo (Camariñas FC), con 14.
       Na Primeira Autonómica, volveu a marcar Basti (SD Soneira), que mantén a cabeza da táboa con 13 tantos, seguido de Lucas (Corme CF), con 11; xa a mais distancia aparecen catro futbolistas con 8 goles.
Así as cousas, e, faltando aínda moita liga, os destacados non poden confiarse posto que non esta todo
decidido nin moito menos.
ASI QUEDA A TÁBOA CLASIFICACTORIA TRAS  QUINCE  XORNADAS:



AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

domingo, 20 de diciembre de 2015

Crónicas dos partidos da semana da SCD Malpica:



IV edición da 1ª Autonómica, Grupo II – (1ª volta) – 16ª Xornada:
Resultado:                   SCD MALPICA   0 – 3   SD SOFÁN   
SCD MALPICA:  ; Asier; Dímaga, Martín Uru, Kike, Casais, Carlos Mallo, Eme, Petís, (Vitalie, 72), Adrián Rei, (Sergio, 46), M. Mara, Charro.
SD SOFÁN:         David, (Brais, 75), Adrián, Sito, (Raúl Insua 67), Seo, (Álex Pri, 46), Félix, Rubén, (Álex Varela, 72), Martín, Franchu, (Ceide, 60), Luisito, Iván Rei, Javi Doldán,         
Árbitro:            Sr. Vázquez Penas.-(1ª Aut.- A Coruña).  Destacada actuación, quizais algo rigoroso coa segunda amarela a Eme, que significou a expulsión.
Asistentes:       Sres. García Vázquez e García Novo.-(2ª Aut.- A Coruña). Ben.
Goleadores:     0-1, m. 37: pase en profundidade de Franchu sobre o desmarque de Javi Doldán, desborda por velocidade a defensa local encara a Asier na súa saída e báteo de tiro cruzado. 0-2, m. 51: xogada polo centro do SD Sofán, con pase entre liñas sobre Álex Pri, que acababa de saír ao campo o cal vaise por patas da defensa e no man a man bate a Asier cun tiro que se lle cola entre as pernas ao pesar de que o porteiro local consegue frealo pero non impide que penetre na portería. 0-3, m. 56: outra xogada calcada a anterior, desta vez é Javi Rei, o que se desmarca da defensa, e bate a Asier a pracer..
Ambiente e incidencias: Poucos seareiros nas bancadas, tan só 80, no que se esta a demostrar o pouco interés que esperta o equipo da SCD Malpica aos seus afeccionados. 13º de temperatura. Non houbo mancados de consideración. Expulsado no m. 69, Eme, por dobre amarela.                         
Xogadas de perigo da SCD Malpica:   M. 36: a mellor xogada de ataque de todo partido por parte do equipo malpicán, a xogada comeza Marín Uru, dentro de propio campo pegado a banda esquerda, prolonga a internada cara o centro da liña media sofanista dende alí fai un cambio de orientación a banda esquerda don penetra na área Carlos Mallo, este centra sobre Charro, que controla e cede a Eme na media lúa o cal empalma un tiro raso a ras do poste esquerdo de David, cando se cantaba o gol, o porteiro visitante en áxil e felina estirada, atalla o “coiro”. M. 77: xa co partido practicamente decidido, o central malpicán Kike, corta un avance sofanista, cruza a liña divisoria e envía un medido pase sobre o desmarque de Carlos Mallo, este controla e, na saída de Brais, intenta unha vaselina, que lle sae por enriba do traveseiro.
Xogadas de perigo do SD Sofán:        M. 18: nun rexeite defectuoso sen perigo da defensa local, cáelle o “coiro” aos pes de Luisito, o cal entra na área lanzando un forte tiro que sae preto do poste esquerdo. M. 21: gran intervención de Asier por dúas veces a tiros a pracer de Javi Doldán e Luisito. M. 30: nova gran intervención de Asier a tiro de Martín dende a media lúa tralo rexeite do porteiro o “coiro” vaille Luisito o centro deste remátao coa testa Javi Doldán, a ras do poste. M. 58: gol anulado a Iván Rei, bastante dubidoso. Mtos. 74 e 83: extraordinarias intervencións de Asier, a sendos tiros de Álex Pri.
Comentario:     As numerosas baixas que esta a sufrir o conxunto da SCD Malpica: (Eloi Vilas, Adra, Rubén Juni, Moscoso, Javi Trigo, Almeida, etc..), están mermando o rendemento do equipo malpicán, ata o punto de que levan catro derrotas consecutivas, e, o que é peor, sen marcar un gol.
Esta tarde en campo propio, aguantou 37 minutos se encaixar, grazas a tensión defensiva e, sobre todo a portentosa actuación de Asier ante unha rochosa e superior  SD Sofán, que buscou os goles o mais rápido posible, para despois nadar e gardar a roupa, vendo a inocencia  e inoperancia en ataque dos locais.



















        


XIII Edición da “Liga da Costa” de Fútbol Veterano–(1ª Volta)- 14ª Xornada:
Resultado:                   MALPICA   0 – 2   SOFÁN     
Aliñación do Malpica:  Juan; Chaves, Chucho, Alb. Coruña, Luazas; Carlos Pose, Marcelino, Leo, Luís Naya, J.L. Arcay,  Ban Ban. Tamén xogaron:  Marco, Whasi, Abel.
Árbitro:            Sr. Castro.- Moi ben.
Goleadores:     0-1, m. 55: un tiro dende a frontal da área do visitante Juan, da en Chucho desviándolle a traxectoria do “coiro” ao porteiro local e métese na rede. 0-2, m. 90+4: falta directa que executa José Antonio e bate ao porteiro malpicán.
Incidencias:     Mañá sen vento e amena para práctica do fútbol. Partido disputado con enorme deportividade. Non houbo mancados nin expulsados.                  
Comentario:     Os veteranos do Sofán, frearon a boa racha dos veteranos malpicáns ao arrebatarlle os tres puntos na “Pedra Queimada” tras un partido moi nivelado que se decidiu na segunda parte cun gol en propia porta e nunha xogada a balón parado cando pasaban 4 minutos do tempo regulamentario.
Os malpicáns, acusaron moito as baixas de varios homes titulares.     
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!